Galaxia prepara unha longametraxe de ficción que afondará no perfil máis humano de Castelao

Galaxia Castelao

A división audiovisual de Galaxia prepara “O retrato/a mirada de Castelao”, unha ambiciosa longametraxe na que pretenderá que incidirá no perfil máis humano e persoal de Castelao. O proxecto atópase en fase de desenvolvemento de guión, acaba de realizar o primeiro cásting e está a piques de pechar o seu plan financeiro e o de produción. A longametraxe aproveita a historia de María, unha emigrante que vive cos seus pais nun barrio de Bos Aires, para achegarse á figura de Castelao desde un punto de vista máis humano. Para isto, Galaxia está a desenvolver un intenso traballo de documentación. Antonio Gonzalo, que se achegou no seu momento dun xeito parecido á figura de Blas Infante, é o director da longametraxe de ficción pensada para salas comerciais. É un dos proxectos máis fortes que desenvolve o Grupo Editorial Galaxia a través de Merlin Comunicación que se iniciou no sector audiovisual co proxecto as “Crónicas do Sochantre” ou “Un ollo de vido” que coproduce con Dygra.

Máis información sobre o proxecto no web da Axencia Audiovisual Galega e no web Galaxia