Novas | 3381 a 3390 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

08/03/2007
José Saramago e Emilio Aragón estarán presentes na estrea de “A flor máis grande do mundo” en Ferrol

A división de animación de Continental está a ultimar os detalles do seu último traballo que xunta a varias figuras recoñecido prestixio de diferentes sectores. “A flor máis grande do mundo” é o título da curtametraxe dirixida por Juan Pablo Etcheverry que a produtora presentará no teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 20 de marzo. Alí estará o Premio Nobel José Saramago que fai de narrador na curta que adapta un dos seus contos para nenos. Canda el estará Emilio Aragón que dirixirá en directo a orquestra que interpretará a música da curtametraxe.

Máis información sobre a produción na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

07/03/2007
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual creará un calendario de festivais de cine

Todos os festivais nun calendario para visibilizar a súa oferta e coordinar as distintas iniciativas que se están a desenvolver neste ámbito. Este é obxectivo que persigue a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual no “calendario de festivais” que presentará en breve. Así o manifestou o director xeral, Manuel Fernández, na súa intervención no acto de presentación de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago. Esta iniciativa, unida á iniciada o ano pasado de crear unha concorrencia competitiva para este tipo de actividades, marca o interese deste departamento por ordenar os circuítos de exhibición, evitando repeticións e duplicidades.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

06/03/2007
Curtocircuíto ficha a Tim Reford para darlle ao festival unha proxección internacional

O único que ten de curto o festival de curtametraxes de Compostela é o nome. A cuarta edición de Curtocircuíto acaba de presentarse en Santiago cunha programación ampla e de calidade para converterse na referencia estatal da curtametraxe. Entre as novidades desta edición destaca a fichaxe de Tim Reford, director do Clermond Ferrand, para darlle unha maior vocación internacional. Ademais, haberá rexistro en liña para os participantes, increméntanse a contía dos premios nas categorías de animación e ficción e créase o premio para a mellor curta galega. Curtocircuíto comezará o vindeiro 12 de marzo coa apertura do prazo para participar no concurso de guións e remata o 20 de outubro coa gala de entrega de premios.

Máis información no web de Curtocircuíto e na nosa hemeroteca sobre edicións anteriores

. Amplía a nova>>

05/03/2007
Carballo celebra o día da muller traballadora cun ciclo de cine

“Erin Brockovich” (o día 6), “En terra de home” (día 7) e “Douche os meus ollos” (día 8) son as películas que se proxectarán no Pazo da Cultura de Carballo con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo. Un ciclo que organizan conxuntamente o Club Emprego Muller (CEM) e o Centro de Información á Muller (CIM). As proxeccións terán lugar ás 18:00 horas e haberá un servizo de canguros para nenos maiores de tres anos

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

05/03/2007
"Un franco, 14 pesetas" vence na semana dos realizadores do Fantasporto

Dous galardóns converten á produción de Adivina "Un franco, 14 pesetas" como a vencedora da 17 edición da Semana dos realizadores, que se organiza dentro da Semana de Cine fantástico de Porto. Os galardóns que recibiu a opera prima de Carlos Iglesias son o premio a mellor película e a mellor realizador.

Máis información no web do Fantasporto e na ficha de "Un franco, 14 pesetas" en AVG

. Amplía a nova>>

05/03/2007
Un ciclo de cine da USC fai un percorrido polo pasado recente de España e do mundo

O ciclo “Historia e Cine Miradas da Historia Contemporánea” que organiza a Facultade de Historia da Universidade de Santiago achegará os momentos máis importantes da historia contemporánea de España e do mundo. “O bosque animado”, “Raza”, “A verdade sobre o caso Savolta”, “Vermello e negro”, “O afundimento”, “Vencedores e vencidos”, “O sal da terra”, “As uvas da ira” e “Patrimonio Nacional” son os filmes que se proxectarán (e será comentados por profesores e investigadores das universidades de Santiago e do País Vasco) para facer ese repaso histórico.. Amplía a nova>>

02/03/2007
Play Doc repartirá 6.000 euros en premios na terceira edición do certame

Goran Radovanovic, Dominique Abel,Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira conforman o xurado da terceira edición de Play-Doc. Serán os que decidan que producións recibirán os 6.000 € destinados á sección oficial do festival (2.000 a mellor Longametraxe, 2.000 para o Premio Atlántico para documentais en lingua galega e/ou portuguesa e 1.000 para a mellor curta). Ademais, os documentais da sección “Foco Galicia”optarán a un premio 2.000 euros que concede o Consorcio Audiovisual de Galicia e a TVG comprará os dereitos de emisión dun traballo no premio Especial TVG. O público elixirá a mellor peza curta rodada durante o festival no concurso Play-Avid.

Máis información no web do festival

. Amplía a nova>>

02/03/2007
A biblioteca de Pontedeume inicia o VI Ciclo de Cine Mudo

Coa proxección de dúas curtametraxes de “Fatty. O mozo de hotel” e “Entre bastidores” inauguran hoxe o VI Ciclo de cine clásicos do cine mudo e de humor que organiza a Biblioteca Municipal de Pontedeume. O ciclo terá lugar os venres de marzo ás 20:00 horas con entrada gratuíta.. Amplía a nova>>

01/03/2007
O Festival de Cans incorpora a categoría de videoclip para a súa cuarta edición

A localidade pontevedresa de Cans (Porriño) volverá ser a capital do agroglamour cinematográfico do 24 ao 26 de maio. Entre as novidades previstas para esta cuarta edición está a incorporación da categoría de videoclip que se proxectarán en varios pub se locais que colaboran co evento. Ademais, haberá un espazo para os novos sautores do audiovisual galego.

Máis información no web do Festival de Cans

. Amplía a nova>>

28/02/2007
O coruñés Pedro Casais foi preseleccionado para un concurso de novos cineastas da Fox

“On the Lot” é un programa de telerrealidade que a cadea Fox está a presentar nos EEUU, un espazo para descubrir e promover a novos talentos da realización. Entre os filmes preseleccionados está a curtametraxe “Classified” do coruñés Pedro Casal. O concurso consiste en que os traballos seleccionados son votados polo público e o gañador leva un millón de dólares nun contrato de desenvolvemento (cómpre lembrar que o produtor do programa é Steven Spielberg). Pedro Casais reside en EEUU desde que nos noventa traballara na CBS.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do programa e na nosa hemeroteca sobre outros proxectos de Pedro Casais

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org