Todos os festivais nun calendario para visibilizar a súa oferta e coordinar as distintas iniciativas que se están a desenvolver neste ámbito. Este é obxectivo que persigue a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual no calendario de festivais que presentará en breve. Así o manifestou o director xeral, Manuel Fernández, na súa intervención no acto de presentación de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago. Esta iniciativa, unida á iniciada o ano pasado de crear unha concorrencia competitiva para este tipo de actividades, marca o interese deste departamento por ordenar os circuítos de exhibición, evitando repeticións e duplicidades.
Máis información no web da Xunta








