27/02/2007
Catro longametraxes con participación galega compiten na sección oficial do Festival de Cine de Málaga
A décima edición do Festival de Cine de Málaga, a principal cita do cine español, terá este ano unha maior participación galega. “O menor dos males” (Voz audiovisual), “Atlas de xeografía humana” (Milou films), “Concursante” (Continental e Fílmax) e "Hotel Tívoli" (Filmanova) compiten na sección oficial de longametraxes, mentres que o traballo de Olaia Sendón “A casa de Lola de Andrés” compite no apartado de documentais. Fóra de concurso, na sección “Cine para a infancia” poderase ver a película de animación gañadora dun Goya, “Pérez, o ratiño dos teus soños”.
Máis información no web do Festival . En AVG consulta as fichas de O menor dos males, Atlas da xeografía humana, Concursante, Hotel Tívoli e A Casa de Lola de Andrés
.
Amplía a nova>>
26/02/2007
O CGAI inicia hoxe un seminario que pretende analizar a obra de Godard
Con “Prenom: Carmen a modo de introdución” hoxe comeza no Centro Galego de Artes da Imaxe o curso “Unha lectura de Histoire(s) du cinéma de Jean-Luc Godard”. Impartido polo realizador Paulino Viota ofrecerá cinco sesións con visionados e análises pormenorizadas da obra do cineasta francés. O curso intégrase dentro do seminario de formación “Cero en conduta”.
Máis información no web do CGAI
. Amplía a nova>>
26/02/2007
O MACUF achegará todos os martes diferentes visións do futuro a través do cine
“Cine + cosmos” é o título e o fío de unión do ciclo de cine que celebrará o Macuf a partir do martes 27 de febreiro. Cada martes (Sala Picasso, 20:00 horas) proxectarase un filme que ofrece un punto de vista diferente sobre o futuro, relacionado coa ciencia. “O séptimo selo” (Ingmar Bergman, 1957), “2001: unha odisea do espazo” (Stanley Kubrick, 1968), “Blade Runner” (Ridley Scott, 1982) son algúns dos títulos que se exhibirán ata o martes 24 de abril e que completarán a exposición “Oseo cosmos”.
Máis información no web do Macuf
.
Amplía a nova>>
23/02/2007
Televisión de Galicia estrea a súa primeira serie de divulgación histórica
“Historias de Galicia” é o título da última serie de Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer o pasado a través de trece capítulos. A serie foi producida pola cadea pública, coa colaboración económica das consellarías de Cultura e Educación, que comezará a emitila desde este domingo 25 de febreiro ás 10:00 horas.
Olla o video promocional na ficha de AVG. Máis información en La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
23/02/2007
A xerente do Festival de Ourense forma parte do xurado na “Semana dos realizadores desta edición do Fantasporto
Hoxe comeza en Porto a vixésimosétima edición do festival de cine fantástico, "Fantasporto". Un encontro de cine que contará coa presenza da xerente do festival de cine de Ourense, Nora Sola, como membro do xurado da sección “Semana dos Realizadores”. Esta colaboración inclúese dentro do convenio asinado por ambos certames na pasada edición do festival de Ourense.
Máis información no web dos festivais de Ourense e Fantasporto
. Amplía a nova>>
23/02/2007
"Un franco, 14 pesetas" é a gran favorita desta edición dos Mestre Mateo con 15 candidaturas
Xa se coñecen os finalistas. 15 candidaturas, entre as que destacan a de mellor longametraxe, dirección, guión, interpretacións masculina (Carlos Iglesias) e feminina (Isabel Blanco) converten a “Un franco, 14 pesetas” na produción favorita nesta edición dos Mestre Mateo, os premios que concede a Academia Galega do Audiovisual. Dúas óperas primas, “De Profundis” e “De Bares” contan con oito e sete candidaturas respectivamente. O primeiro espazo de telerrealidade galega, "A Casa de 1906" que produciron as principais produtoras do país, Filmanova e Continental, acadou nove candidaturas. Os socios da Academia emitirán as súas votacións ata o 14 de marzo e os resultados saberanse na gala que terá lugar no mes de abril.
Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual. Consulta as fichas de De Bares, De Profundis, Mía Sarah, Un franco, 14 pesetas, A casa de 1906 en AVG, consulta o pdf cós candidatos
.
Amplía a nova>>
22/02/2007
O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza un curso de iniciación á industria dos videoxogos
É un dos sectores máis emerxentes da industria da comunicación e do entretemento. Supón o 35% do total do gasto en lecer no Estado e Galicia ten moito que dicir neste campo. Falamos dos videoxogos para os que o Consorcio Audiovisual de Galicia, en colaboración con outra entidades acaba de convocar un curso de iniciativa. Desenvolverase do 12 ao 16de marzo e combinará clases teóricas con prácticas sobre a produción, negociación e dereitos das diferentes plataformas.
Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia
.
Amplía a nova>>
22/02/2007
Carlos Núñez recrea un universo sonoro cinematográfico no seu álbum “cinema do mar”
O último traballo de Carlos Núñez, “Cinema do mar”, recupera numerosas bandas sonoras de coñecidas películas. Tanto as que ten composto o músico galego como doutros compositores do panorama internacional. Entre as de Carlos Núñez figuran tres temas que compuxo para a película de Alejandro Amenábar “Mar adentro” e un para a película de Goroa Miyasaki titulada “Historias de terramar”. Entre as versións doutros compositores destaca a de Nino Rota (El Padrino), Ennnio Morricone (A misión) ou The Chieftains (Womens of Ireland).
Máis información no web do disco “Cinema do mar”
. Amplía a nova>>
22/02/2007
Vacafilms realiza un cásting para escoller a protagonista do seu vindeiro filme
“O tesouro” é unha das próximas producións de Vacafilms. Un dos traballos que comezarán a rodar no vindeiro mes de maio en Ortigueira e que é unha adaptación libre do clásico da literatura xuvenil “A illado Tesouro”. A produtora busca unha chica de entre 16 e 19 anos que queira interpretar un dos papeis protagonistas neste proxecto para televisión que dirixirá Manuel Cuenca.
Máis información no web de Vacafilms
.
Amplía a nova>>
21/02/2007
Jorge Coira participa nun proxecto de longametraxe documental que se desenvolve en sete países
“Que culpa ten o tomate” é unha longametraxe documental na que participan realizadores de sete países (España, Arxentina, Perú Colombia, Venezuela, Brasil e Bolivia). Jorge Coira, é un dos sete realizadores que participarán no proxecto que ten como obxectivo dar a coñecer a diversidade cultural a través dos mercados ou prazas de abastos de cada un deses países. Jorge Coira será o primeiro en rodar a súa participación desta longametraxe documental, vaino facer en Santiago do 8 ao 17 de marzo.
Máis información en El Correo Gallego e na ficha de Jorge Coira
.
Amplía a nova>>