| << Anterior | Siguiente >> |
19/02/2007
O director da TVG anuncia que a segunda canle do ente público en 2008
16/02/2007
Galicia terá unha oficina para promover a televisión interactiva
Máis información no web do Clúster
. Amplía a nova>> Acaba de rematar en Córdoba o I Encontro de Creadores Audiovisuais de Córdoba que organizou a Sociedade Xeral de Autores (SGAE) para analizar a nova lei do cine. Entre as conclusións dos participantes neste encontro destaca a boa acollida do borrador presentado polo departamento que dirixe Carmen Calvo. Agora ben, expresaron a súa preocupación polo sistema de vixianza do cumprimento do canon, pola piratería e puxeron especial énfase na necesidade de reforzar a formación audiovisual e a coordinación das acciones de promoción exterior.Máis información no web do SGAE
. Amplía a nova>>15/02/2007
Escolares realizarán dúas curtametraxes dentro dun programa para inculcar a solidariedade
Máis información en El Ideal Gallego . Amplía a nova>>
Os xubilados do concello de Vigo poderán ir ao cine na cidade pola cantidade testemuñal dun euro. Este foi o acordo ao que chegou o Concello cos cines da cidade dentro do seu programa municipal de ocio para a terceira idade. . Amplía a nova>> A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (DXCA) acaba de convocar a segunda edición de “Curtas na Rede”. Un programa de fomento da curtametraxe que conta con varias novidades: ábrese á participación da comunidade galega no exterior e crea as categorías de micromovies (inferiores a 30 segundos) e de traballos creados co teléfono móbil. As curtas subiranse ao portal de internet que mantén a DXCA, estarán divididas en tres categorías en función das idades e optarán a catro premios de 1.500 euros.Máis información no web de Curtas na Rede, en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, na canle Mais Alá de Vieiros e na nosa hemeroteca
. Amplía a nova>>14/02/2007
O galego Davíd Martínez será o director de ficción de Televisión Española
Máis información no web da corporación RTVE
. Amplía a nova>> A terceira edición de Play Doc xa está en marcha. E este ano, en palabras dun dos seus directores, Anxo Sánchez, pretende “combinar proxección de documentais coa materialización da realidade que se ve nas pantallas”. Por iso, ademais de manter a estrutura do festival (sección oficial de curtas, longas e unha informativa sobre as producións deste xénero no noso país), reforza as actividades paralelas. De todas as que están previstas destacan dúas: a presenza dun dos artistas máis representativos da arte e activismo, Ron English e da outra a celebración de concertos a cargo dalgún grupo que estea representado no festival cun documental. Este ano o plato estrela é “Mostar Sevdah Reunion” que ofrecerá un concerto que recollerá o ambiente sonoro que se recolle un documental que defende a tese da superación do conflito dos Balcáns a través da música.Máis información no web de Play Doc
. Amplía a nova>>14/02/2007
A tradición cinematográfica de Pedro Costa chega hoxe ao Cineclube Compostela
Máis información en Vieiros e no blog do Cineclube Compostela . Amplía a nova>>
14/02/2007
Os técnicos do audiovisual únense nunha sociedade para defender os seus intereses
Máis información no blog da Asociación
. Amplía a nova>>| << Anterior | Siguiente >> |
