13/02/2007
Cultura creará unha axuda para os traballos audiovisuais feitos na rede
A Consellaría de Cultura, a través da Axencia Audiovisual Galega acaba de presentar un documento no que fai unha relación da axudas ao audiovisual que concederá neste 2007. Subvencións para a realización de curtametraxes (que inclúe como novidade o apartado para Net.art), para a escrita de guións cinematográficos, para o desenvolvemento de proxectos e para a produción de obras audiovisuais, que inclúe longametraxes en soporte dixital. Ademais, Cultura está a estudar axudas á produción de contidos interactivos, e á promoción de actividades relacionadas co audiovisual a prol de asociacións sen ánimo de lucro..
Amplía a nova>>
13/02/2007
O CGAC e a Fundación Caixa Galicia achegan hoxe novas sesións dos seus ciclos
Santiago acolle hoxe unha nova entrega dos dous ciclos de cine que promoven o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Fundación Caixa Galicia desde hai semanas. O primeiro programa o quinto capítulo do programa “Videoclisións” e que hoxe analizara xéneros televisivos como as “soap óperas” en comparación con videoclips de Madonna, Robert Palmer ou Camela. O segundo achegará ás 20:15 horas a película de Martin Scorsese “A idade da inocencia” dentro do ciclo “Entre libros e escritores: Cinema e creación literaria”.
Máis información no web da Fundación Caixa Galicia e na canle CGAC de El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
12/02/2007
O Consello da Cultura Galega solicítalle a TVE e RNE que amplíen a súa programación en galego
A redución de horas nas desconexión territoriais de Televisión Española e mais de Radio Nacional de España motivou hoxe unha resolución do Consello da Cultura Galega. A Comisión Executiva deste organismo acordou solicitarlle aos responsables destes organismos que “aumenten a programación específica para Galicia e, con ela, incrementen a emisión diaria de información en lingua galega”.
Máis información no web do Consello da Cultura e nos nosos arquivos
. Amplía a nova>>
09/02/2007
Sao Paulo acollerá unha misión comercial promovida polo Consorcio Audiovisual e programará cine galego
A cidade brasileira de Sao Paulo está no punto de mira do audiovisual galego. Por dous motivos, en primeiro lugar porque o Consorcio Audiovisual de Galicia está a promover a unha misión comercial neste país para establecer vías de colaboración en materia audiovisual. En segundo lugar, e relacionada coa anterior, Sao Paulo acollerá unha mostra de cine galego para dar a coñecer as producións do noso país.
Máis información en El País
.
Amplía a nova>>
08/02/2007
A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil
En Camposancos, A Guarda, sitúase un antigo colexio dos xesuítas que durante a Guerra Civil Española foi un campo de concentración para máis de 3000 presos republicanos de toda España. A súa historia, co testemuño dalgún supervivente, conforma “Memorial de Camposancos”. O traballo dirixido por José Ballesta e Miguel Anxo Fernández presentarase en Berlín o vindeiro venres 9 de febreiro, dentro do ciclo “A última xeración de cine galego”, que organizan conxuntamente a Axencia Audiovisual Galega e o Instituto Cervantes da capital alemá. Un mes antes da súa estrea en Galicia e Asturias.
Máis información no web do documental
.
Amplía a nova>>
08/02/2007
Unha representación galega acode ao European Film Market na procura de contactos
Hoxe comeza en Berlín o European Film Market, a feira do audiovisual paralela a un dos festivais de cine máis importantes do mundo, a Berlinale. Baixo o paraugas do Consorcio Audiovisual de Galicia que acode na caseta “Cinema from Spain” estará Vaca Films. Ademais do material promocional do Consorcio para este tipo de mercados, farase a presentación internacional do fondo de corprodución “Raíces”.
Máis información no web da Berlinale, no do Consorcio Audiovisual de Galicia
.
Amplía a nova>>
07/02/2007
A Axencia da Curtametraxe Española premiará as iniciativas que promovan as curtas
Crear uns premios para recoñecer o labor de institucións e medios de comunicación polo seu labor de promoción da curtametraxe española durante o 2006 é unha das actividades que acaba de anunciar a Axencia da Curtametraxe Española (ACE). Ademais, esta entidade promove a creación dun “Día da Curtametraxe” para o vindeiro 22 de marzo (que conmemora a proxección en París da “Saída dos obreiros da fábrica Lumière en Lión Monplaisir” que tivo lugar en 1895). A Axencia tamén anunciou a Campaña "Pantallas Españolas" para dar a coñecer as curtas en festivais internacionais.
Máis información no web da Axencia da Curtametraxe Española
.
Amplía a nova>>
07/02/2007
A Fundación Caixa Galicia achega a Ferrol un ciclo de cine infantil
Co filme “A viaxe de Chihiro” inaugúrase este sábado en Ferrol o ciclo de cine infantil e xuvenil que organiza a Fundación Caixa Galicia baixo o título “Tardes de lecer: aventuras, bosques e piratas”. Entre as películas que se proxectarán nesta edición destaca “Benvidos a Belleville” (día 17), “Balto” (día 24), “Vuk” (3 de marzo), “O secreto da pirámide” (17 de marzo) e “A película de Tigger” que pecha o ciclo o vindeiro 31 de marzo.
Máis información no web da Fundación Caixa Galicia
.
Amplía a nova>>
07/02/2007
A Universidade de Santiago edita unha guía para descubrir os xéneros cinematográficos
O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC acaba de presentar un novo libro relacionado co cinema. Trátase de “Xéneros cinematográficos?”, unha publicación que analiza a peculiaridade dos xéneros de cinema. A obra recolle o traballo de profesores e asistentes ao obradoiro “Xoves, sesión continua” que organizou a Asociación Galega de Guionistas (AGAG).
Máis información no web da USC
. Amplía a nova>>
07/02/2007
Televisión Española grava un documental sobre Alfronso Graña, o rei dos xíbaros
Alfonso Graña (1878-1934) naceu en Avión e ao casar coa filla do xefe dunha das tribos da Amazonia converteuse en rei dos xíbaros. Setenta anos despois da súa morte, a súa historia continúa a chamar a atención. De feito, un equipo do programa “Crónicas” de TVE está a rodar un documental sobre a súa historia. O traballo emitirase a finais deste mes e desde o concello de Avión pretende por unha pantalla xigante no polideportivo para que o vexan os veciños.
Máis información no web da SGAE
.
Amplía a nova>>