Novas | 3371 a 3380 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/03/2007
Tui repasa os principios do documental de autor e crea un foro para reflexionar sobre o xénero

Co Play Avid Doc, un curso para introducir os novos no documental, arrinca en Tui o Play Doc. Un evento que repasará as novidades deste xénero con seis pases diarios e un programa amplo de actividades paralelas que van desde a exposición ata concertos relacionados con algunha das proxeccións. Con só tres edicións, Play Doc quere consolidarse como a gran referencia documental e así o demostraron na súa inauguración os directores xerais de Creación e Difusión Cultural e Comunicación Audiovisual, Luis Bará e Manuel Xosé Fernández, que manifestaron o seu compromiso e aposta por este certame.

Máis información no web de Play Doc, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e na nosa hemeroteca . Amplía a nova>>

21/03/2007
Nani García e César Benito son candidatos aos Premios da Crítica Musical Cinematográfica

Os músicos Nani García e César Benito son candidatos aos terceiros premios da Crítica Musical Cinematográfica que concede a revista especializada Scoremagacine. O primeiro polo traballo feito en “De profundis”, mentres que o segundo por “Mía Sarah”.

Máis información no web Scorremagacine . Amplía a nova>>

19/03/2007
O concello de Ferrol organiza un ciclo de cine para achegar o galego aos escolares

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol acaban de poñer en marcha unha nova edición de “En galego, de película”. Unha iniciativa que pretende achegar o galego a través de películas feitas no noso país. “Pérez, o ratiño dos teus soños” e “Galatasary-Dépor” son algunhas das producións que verá escolares e Primaria e Secundaria da comarca de Ferrolterra entre o 27 de marzo e o 20 de abril.. Amplía a nova>>

19/03/2007
O Festival de Málaga galardoa as producións galegas “O menor dos males” e “Concursante”

O audiovisual galego saíu ben parado do festival de cine de Málaga, o máis importante para o cine español. A produción de Voz Audiovisual fíxose con tres galardóns: mellor actriz de reparto (Verónica Echegui), mellor guión (Antonio Hernández e Antonio Galeano) e mellor vestiario (Ruth Díaz). Pola súa parte, a coprodución de Continental “Concursante” foi distinguida co premio da crítica e co que recoñece a mellor fotografía (obra de Daviz Azcano). Polo demais, o galego Nancho Novo recibiu o premio a mellor actor de reparto polo seu traballo en “Túa sempre” de Manuel Lombardero. A gañadora da Biznaga de Ouro e o o galardón ao mellor director foi para Félix Viscarret por "Baixo as estrelas”.

Máis información no web do Festival. En AVG sobre ”Concursante” e “O menor dos males”

. Amplía a nova>>

16/03/2007
O Clúster do Audiovisual apostará pola promoción internacional coa apertura de novos servizos

Creouse no 2003 co obxectivo de unir as empresas que traballaban no sector para potenciar o seu traballo. Catro anos despois o Clúster do Audiovisual fai balance dun período que estivo marcado por unha tendencia expansionista e unha maior internacionalización. Na asemblea anual que a entidade acaba de celebrar avanzouse a creación dunha serie de servizos transversais: un servizo de asesoría para a promoción das producións en mercados internacionais, a creación dunha oficina de televisión interactiva e unha asistencia continuada a empresas para asesoralos en proxectos de I+D+i.

Máis información no web do Clúster

. Amplía a nova>>

15/03/2007
A Xunta asinará un convenio para fomentar a produción audiovisual con Brasil

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, inicia hoxe unha viaxe a Brasil. Entre os asuntos que leva na súa axenda figura o de asinar un Protocolo de intercambio cinematográfico entre Galicia e Brasil co obxectivo de potenciar a colaboración entre as industrias audiovisuais de ambos países. O acto terá lugar no marco do I Encontro Audiovisual Brasil-Galicia, que se vai celebrar na cidade brasileira entre o 16 e o 18 de marzo, e que aglutinará a representantes das máis importantes produtoras de Galicia e Brasil, ademais de responsables de festivais e distribuidores.

Máis información no web da Xunta . Amplía a nova>>

14/03/2007
O Festival de Cine de Ourense abre a sección oficial de documentais e curtas ao DVD

Ourense repite como cita co seu festival de cine o mes de novembro e a organización acaba de dar a coñecer que a XII edición terá lugar do 17 ao 24 dese mes, coincidindo no tempo con Cineuropa, a cita compostelá. Coa data presentáronse as bases para a competición oficial que incorpora como novidade a aceptación de curtametraxes e documentais e formato DVD.

Máis información no web do Festival de Cine de Ourense

. Amplía a nova>>

13/03/2007
A Secretaría Xeral de Comunicación convoca as súas liñas de axuda para a promoción do audiovisual

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para dar a coñecer no noso país o audiovisual producido aquí. A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual destinará 480.000 euros en dúas liñas: unha para organizar festivais (330.000 euros) e outra para a presentación de produtos audiovisuais (150.000).

Consulta a convocatoria no DOG

. Amplía a nova>>

12/03/2007
A Xunta asina un convenio con Caixa Galicia para crear o Foro Galego do Audiovisual

O audiovisual galego xa ten o seu foro. Trátase dunha iniciativa que pretende promover o intercambio de ideas, elaborar informes para coñecer a realidade do audiovisual e definir estratexias. O Foro Galego do Audiovisual é posible grazas ao convenio asinado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o director de Caixa Galicia, José Luis Méndez. O convenio contempla tamén que a fundación da entidade financeira poida por en valor os fondos do CGAI a través da difusión e captación de fondos vencellados ao audiovisual.

Máis información no web da Xunta, en El Correo Gallego, en Xornal

. Amplía a nova>>

12/03/2007
“O menor dos males” abre a presenza galega no Festival de Málaga

O venres arrincou en Málaga o festival de cine español máis importante do Estado. Fíxoo cunha película galega, “O menor dos males”, producida por Video Voz e protagonizada por Carmen Maura. Canda a ela, presentaranse a segunda longametraxe de Antón Reixa, “Hotel Tívoli” e os traballos como “Concursante” ou “Atlas de geografía humana” coproducidos por produtoras galegas e que fan parte da sección oficial. Fóra de concurso poderanse ver outras cinco producións galegas que complentan a participación nesta edición do festival.

Máis información en La Voz de Galicia, no web do Festival de Málaga. En AVG consulta as fichas de O menor dos males, Atlas da xeografía humana, Concursante, Hotel Tívoli e A Casa de Lola de Andrés

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org