A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol acaban de poñer en marcha unha nova edición de En galego, de película. Unha iniciativa que pretende achegar o galego a través de películas feitas no noso país. Pérez, o ratiño dos teus soños e Galatasary-Dépor son algunhas das producións que verá escolares e Primaria e Secundaria da comarca de Ferrolterra entre o 27 de marzo e o 20 de abril.








