Novas | 3221 a 3230 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/10/2007
Cineuropa fai un avance da súa programación, que inclúe filmes premiados noutros festivais

“A voda de Tuya” premiada co Oso de Ouro en Berlín; “Catro meses, tres semanas, dous días” galardoada coa Palma de Ouro en Cannes; “ O bosque de loito” gran premio do Xurado en Cannes así como o “Redacted”, o último filme Brian de Palma, León de Prata nesta edición do festival de Venecia son algúns dos títulos que se proxectarán na vindeira edición de Cineuropa (6 de novembro-3 de decembro). A cita de cine que organiza o Concello de Santiago contará cunha sección dedicada aos filmes de xénero fantástico, máis as xa habituais “Mundo Asia” ou “Doc-Music”.

Máis información no web Compostela Cultura e sobre edicións anteriores na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

22/10/2007
Comeza o festival de cine euroárabe mentres o de Ourense perde a etiqueta de independente

Hoxe comeza en Santiago a quinta edición do festival de cine euroárabe Amal, o terceiro máis importante dos que teñen lugar con esta temática en Europa. Un total de 47 filmes encherán a cidade, tomando o relevo deixado por Curtocircuíto, que concluíu este sábado coa entrega de premios. Mentres, o Festival de cine de Ourense anuncia unha reestructuración da súa programación ao tempo que perde a etiqueta de "independente".

Continúa a nova aquí . Amplía a nova>>

19/10/2007
O CGAC inicia un ciclo de cine que recolle as consecuencias da Guerra Civil Española

As pegadas da guerra do 36 e as feridas que causou na sociedade son o eixe sobre o que se artella “Ficcións bélicas”, o ciclo de cine que organiza o Centro Galego de Arte Contemporáneo (do 22 ao 27 de outubro). “Furtivos” (1975) de José Luis Borau e “El diputado” (1978), de Eloy de la Iglesia, “Mambrú se fue a la guerra” (1986) de Fernando Fernán-Gómez,e “Madregilda” (1993) de Francisco Regueiro son algúns dos títulos que se proxectarán en sesión doble.

Máis información e programación no web do CGAC

. Amplía a nova>>

19/10/2007
Un telefilme de Vaca Films é candidato a un premio da Academia da Televisión

Vaca Films atravesa un dos seus momentos máis doces desde a súa creación. Acaba de ser seleccionada para recibir unha axuda do programa Media da Unión Europea e o seu telefilme “O partido” é unha da candidatas ao premio da Academia das Ciencias e as Artes da Teleivisón para competir no apartado de Mellor Película de Televisión. A produción dirixida por Juan Calvo está protagonizada por Carlos Blanco, Antonio Dechent e Eloi Yebra.

Máis información sobre Vaca Films no seu web e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

18/10/2007
Comeza o mercado de Curtocircuíto mentres o CGAI prepara un ciclo de programación infantil

Ás 11:30 horas de hoxe arranca na sede da Fundación Torrente Ballester o mercado de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes que organiza o Concello de Santiago. Presentacións de catálogos, proxeccións e xornadas técnicas servirán para abrir vías de negocios para as máis de cincocentas curtametraxes que se presentaron nesta edición. Canda iso, o Centro Galego de Artes da Imaxe inaugura o ciclo de cine para nenos e familias, nos que recupera “As aventuras do príncipe Achmed”, a primeira longametraxes de animación datada en 1926. Todo isto poderase ver en AVG, o soportal do audiovisual galego, que estrea nova imaxe. Un redeseño para que atopes con facilitade os vídeos, material multimedia e a información sobre a actualidade do sector.

Máis información no web de Curtocircuíto, no do CGAI e descubre a nova imaxe de AVG

. Amplía a nova>>

17/10/2007
Dous traballos galegos son candidatos aos Goya na categoría de curtametraxes

“A flor máis grande do mundo”, de Continental e dixirida por Juan Pablo Etcheverry, e “O bufón e a infanta”, que dirixiu Juan Galiñanes para Dygra Films, son as dúas producións galegas que acaban de ser seleccionadas pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España como candidatas ao Premios Goya na categoría de curtametraxes. Co cambio de sistema deste ano, os gañadores saberanse o vindeiro 17 de decembro, no momento no que se farán públicos os finalistas no resto de candidaturas.

Máis información en La Opinión; as nosas fichas sobre O bufón e a infanta e A flor máis grande do mundo e sobre os premios Goya na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

16/10/2007
Amal pretende ofrecer co cine unha visión descoñecida do mundo árabe

Nove longametraxes, oito documentais e trinta curtametraxes que comparten un mesmo denominador común: de factura ou de temática árabe. Canda eles un completo programa de actividades paralelas pretenden achegar unha faceta descoñecida deste mundo que habitualmente non tratan os medios de comunicación. O festival Amal07, organizado pola Fundación Araguaney, comeza o vindeiro sábado coa exposición do pintor iraquí Jaber Alwan que leva máis de trinta anos exiliado en Roma.

Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

15/10/2007
A Asociación de Actores e Actrices organiza as III xornadas do audiovisual

A figura do autor e as posibilidades das curtametraxes en relación co traballo dos actores son os dous temas que centrarán as III Xornadas do Audiovisual Galego que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Un encontro que terá lugar o xoves 18 e o venres 19 de outubro no Consello da Cultura Galega (horario de 16:30 a 20:30).

Máis información no web da AAG . Amplía a nova>>

09/10/2007
A Xunta convoca o premio Chano Piñeiro reducindo a dotación á metade

Audiovisual galego e audiovisual internacional con relevancia para Galicia. Son as dúas modalidades coas que conta a II edición do premio Chano Piñeiro. O galardón, que toma o nome do coñecido realizador forcaricense, pretende recompensar o labor dos profesionais que desenvolvan unha traxectoria relevante no sector.

Máis información no web da Xunta e na segunda hemeroteca

. Amplía a nova>>

09/10/2007
O festival de Curtametraxes amplía a súa programación para achegarse ao público infantil

Os nenos tamén terán o seu protagonismo na IV edición do Festival Internacional ‘Curcocircuito”. Grazas a un convenio coa Fundación Caixa Galicia, o festival de curtametraxes que organiza o concello de Santiago ofrecerá dez pezas para un público infantil. Un feito que ten outra característica que é que as proxeccións non só terán lugar en Santiago, senón tamén en Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo nas sedes culturais que ten a entidade financeira.

Máis información no web do festival

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org