Novas | 2831 a 2840 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/12/2008
O primeiro festival de animación en liña conclúe entregando 22.000 euros en premios

É a primeira edición do primeiro festival de animación en liña que hai no país. Chámanse Animacam e concedeu esta semana os seus premios valorados en 22.000 euros. O certame organizado por Limaía Producións galardoou 11 traballos noutras tantas categorías, coa particularidade que a metade deses premios foron concedidos polo público e outros tantos polo xurado. Non hai creadores galegos entre os premiados que son maioritariamente masculinos. Só a ucraína Maryna Shchipad, cun traballo sobre os contos populares do leste de Europa, se fixo cun premio, o que recoñecía a mellor película de animación realizada sobre unha adaptación literaria infantil ou xuvenil.. Amplía a nova>>

23/12/2008
O MACUF fai un percorrido polo cine documental nun curso

Hai numerosas publicacións que defenden que a xénese do cinema é eminentemente documental, como rexistro da realidade. Ademais, nos últimos anos nótase un incremento exponencial deste tipo de producións audiovisuais. Por estes motivos, o Museo de Arte Contemporánea (MACUF) organiza do 19 ao 30 de xaneiro, o curso Introdución á historia do Cine Documental. Un percorrido histórico polas principais correntes do cine de Non Ficción. Nel, Elena Oroz e José Manuel Sande, farán un percorrido a través das diferentes correntes documentais: o documental clásico, o falso documental, o cinéma-verité ou as novas tendencias contemporáneas (found footage, performativo...).. Amplía a nova>>

22/12/2008
Os dobradores alertan dunha mala planificación do traballo

A dobraxe comezou a principios dos anos oitenta e medrou ao amparo da Televisión de Galicia. De feito, é a cadea pública o principal motor de traballo deste sector. Sen embargo, desde Apradoga (Asociación Profesional da rama artística da dobraxe) denuncian a mala planificación do traballo. “Hai moita cantidade de traballo concentrada nunha datas, ademais de agrupar o traballo nunhas produtoras concretas” asegura José Antonio Ruibal, presidente dun colectivo que agrupa a corenta profesionais. Relacionado con este tema, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Frnández Iglesias, rexeitou a creación dun servizo galego de tradución para ofrecer na nosa lingua producions cinematográficas que se proxecten nas salas de cine. ¿O motivo? O elevado custe económico que obriga a centrar o seu esforzo nos filmes que se proxectan na TVG.. Amplía a nova>>

19/12/2008
Flocos.tv inaugura un ciclo coas producións xurdidas ao abeiro da Escola de Imaxe e Son

En febreiro do 1991 abriu as súas portas a Escola de Imaxe e Son, un centro formativo que serviu como plataforma de lanzamento de moitos creadores do audiovisual galego. Os traballos creados nos primeiros anos poderán verse a partir desta fin de semana en Flocos.Tv, o portal que puxo en marcha a Axencia Audiovisual Galega. Nesta primeira fin de semana proxectaranse Ven a Bens, Yurialov, Entomologhy e A mirada. Traballos gravados en hi8 e posproducidas en Umatic.. Amplía a nova>>

19/12/2008
Tres películas galegas compiten polo Goya á mellor animación

A animación é un valor seguro do audiovisual galego. A relación de candidatos á VIII edición dos premios Goya non fixo máis que confirmalo. Tres das catro longametraxes finalistas son galegas: O espírito do bosque de Dygra Films, Donkey Xote de Fílmax e O lince perdido de Perro Verde Films. A isto engádeselle a candidatura da curtametraxe de animación O ataque dos kriters asasinos producida por IB Cinema. A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer hoxe os finalistas, nos que sobresae Os xirasois cegos. A película de Jose Luis Cuerda, rodada en Galicia que contou co apoio económico de Sempre Cinema (sociedade formada pola Xunta e Caixa Galicia), conta con 14 candidaturas. Entre elas destaca a dos actores Martín Rivas e Jose Ángel Egido, quen pode conseguir o seu segundo Goya. Os gañadores saberanse no trancurso dunha gala que terá lugar o 1 de febreiro en Madrid.. Amplía a nova>>

18/12/2008
O Consorcio do Audiovisual Galego fai unha relación das consultas do Mercadoc

O 28% das producions audiovisuais que están catalogadas en AVG son documentais ou docuseries. Uns produtos para os que o Consorcio Audiovisual de Galicia busca novas saídas. No último encontro, o Mercado de Documentais de Málaga (MERCADOC, celebrado do 1 ao 3 de decembro) a caseta do Consorcio rexistrou máis de vinte consultas entre produtoras e canles de televisión. Documentais de viaxes, de natureza e de música, foron os contidos máis demandados. Canda estes, o Consorcio tamén fai unha relación dos proxectos e temas nos que varias empresas buscan socios para coproducir.. Amplía a nova>>

16/12/2008
O director de Popular TV de Galicia afirma que a cadea comezará a emitir en breve

“Popular TV de Galicia é un proxecto de televisión modesta pero digna” afirma Rafael Ramos, director da cadea nunha entrevista publicada no web do Clúster Audiovisual Galego. Nela segura que se emitirán catro horas de programación galega, aínda que non está definido que porcentaxe será de produción propia e cal corresponderá a compras as produtoras galegas. En todo caso, as porcentaxes irán medrando “a medida que noso proxecto se vaia asentando e os anunciantes vaian respondendo aos nosos avances”. Ademais, Ramos deixa claro que a información e o entretemento serán os piares clave desta cadea.. Amplía a nova>>

16/12/2008
Unha serie de animación recupera os contos do Camiño de Santiago

Os diferentes trazados do Camiño de Santiago serviron, ademais de instituír roteiros para chegar á cidade, de vías de entrada de contos, linguas e culturas doutros países. Esta segunda dimensión é a que recupera o proxecto Contos do camiño que elabora a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellaría de Innovación. A este programa acábaselle de engadir un novo contido: unha serie de animación que se fixo completamente en Galicia e que toma o nome do proxecto (Os contos do camiño). A serie, ademais de facer parte dos proxectos educativos para escolares de Educación Infantil e Primaria, chegará ao Instituto Cervantes de Madrid, ao Museo Thyssen Bornemisza e a escolares de Francia e Portugal nos vindeiros dous anos.. Amplía a nova>>

12/12/2008
Os Clústers do Audiovisual alíanse para traballar de xeito conxunto

Euskadi, Valencia, Madrid, Estremadura, Andalucía, Illas Baleares e Galicia son comunidades que contan con clústers das empresas do audiovisual. Os representantes destas entidades reuníronse estes días en Bilbao para analizar a súa problemática e abordar proxectos de xeito unificado. Entre os principais acordos desas xuntanzas está promover proxectos comúns para aproveitar liñas de financiamento xa existentes (programa Avanza, Interreg...), así como estudar a posibilidade de crear unha rede colaborativa. O foro, que foi unha iniciativa do Clúster do Audiovisual Galego, terá a súa vindeira xuntanza no 2009 en Valencia.. Amplía a nova>>

11/12/2008
Animados coa tecnoloxía

Animación cun grado de realidade que parece imaxe real. Personaxes de carne e oso tratados coma se foran animacións. Obxectos que saen da pantalla e parecen que están en tres dimensións. Sensación de estar dentro da película. Estes son algúns dos efectos que nos permite a tecnoloxía. Técnicas que están a empregar produtoras como IB Cinema, Dygra ou Continental nos seus últimos traballos. A revolución tecnolóxica xa está aquí. E todo para contar historias dun xeito máis atractivo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org