Tres películas galegas compiten polo Goya á mellor animación

Os xirasois cegos, a película de Jose Luis Cuerda, acapara 15 candidaturas

A animación é un valor seguro do audiovisual galego. A relación de candidatos á VIII edición dos premios Goya non fixo máis que confirmalo. Tres das catro longametraxes finalistas son galegas: O espírito do bosque de Dygra Films, Donkey Xote de Fílmax e O lince perdido de Perro Verde Films. A isto engádeselle a candidatura da curtametraxe de animación O ataque dos kriters asasinos producida por IB Cinema. A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer hoxe os finalistas, nos que sobresae Os xirasois cegos. A película de Jose Luis Cuerda, rodada en Galicia que contou co apoio económico de Sempre Cinema (sociedade formada pola Xunta e Caixa Galicia), conta con 14 candidaturas. Entre elas destaca a dos actores Martín Rivas e Jose Ángel Egido, quen pode conseguir o seu segundo Goya. Os gañadores saberanse no trancurso dunha gala que terá lugar o 1 de febreiro en Madrid.