Arteria Noroeste crea un ciclo para que os directores expliquen os seus filmes

José Luis Cuerda afirma que Os xirasois cegos é a película coa que se sinte máis satisfeito

19/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
20 lecturas | Compartido 0 veces
Cine por dentro. Diseccionando filmes é o novo programa de Arteria Noroeste (a sede da SGAE en Santiago) co que pretende que os directores, músicos ou os actores expliquen os pormenores da creación audiovisual. Jose Luis Cuerda foi o encargado de abrir o programa explicando Os xirasois cegos, o seu último traballo. “É a película coa que máis satisfeito me sinto de todas as que fixen” afirmou o director albaceteño. O ciclo, que se extenderá ao longo do 2009, continuará o vindeiro 9 de decembro coa presenza de Antón Reixa, Luís Tosar e Luís Zahera, que comentarán O lápis do carpinteiro, Hotel Tívoli e Mareas Vivas.

Universo culturagalega.gal

30/08/2011

Terra con cine

Cuerda volve a rodar en Galicia, escenario de recoñecidos directores de cine

Universos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos