Dous dos tres filmes que optan a representar a España nos Óscar teñen participación galega

A película de Cuerda rodouse e estreouse en Ourense mentres que Vigo foi o escenario da de Querejeta

17/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os xirasois cegos (Jose Luís Cuerda, 2008) e Sete mesas de billar francés (Gracia Querejeta, 2007) comparten, desde onte, algo máis que ser películas rodadas en Galicia. Son tamén dúas das tres producións que están na carreira por representar a España nos Óscar. A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer onte os tres títulos (a terceira é Sangue de maio de Jose Luis Garci) que pasaron a peneira entre máis de oitenta producións. A película de Gracia Querejeta xa estivo un tempo na carteleira e, segundo datos do Ministerio de Cultura, tivo 219.599 espectadores; da de Cuerda aínda non hai datos definitivos tendo en conta que só leva tres semanas en cartel, mentres que a Garci aínda non chegou ás salas de cine.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

30/08/2011

Terra con cine

Cuerda volve a rodar en Galicia, escenario de recoñecidos directores de cine

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Vigo, A Peneira...

Claves

Conceptos
Lugares