15/01/2009
Quiosco: AG, a revista do audiovisual galego
O último número da revista do audiovisual galego debate a fondo sobre a profesión do actor en Galicia. Charo Pena, Camila Bossa e Yolanda Pereira abordan as luces e sombras desta profesión que está a acadar cada vez máis prestixio social. É o tema destacado dun número que tamén entrevista a Carmelo Gómez, Celso Bugallo, Ángel de la Cruz ou José Mari Zabala; ademais de facer un exhaustivo repaso das estreas, rodaxes e novidades do sector. .
Amplía a nova>>
14/01/2009
Televisión de Galicia reforza a programación con Trece badaladas e Ruta 66
Ao fío de
Padre Casares , Televisión de Galicia estrea o vindeiro luns unha serie documental que pretende achegarse á vida das parroquias a través da figura dos curas. Baixo o título de
Trece badaladas (Luns, 21:45 horas) emitiranse 13 capítulos dirixidos por Paula Cons que achegarán a vida de sacerdotes que levan unha vida atípica e curiosa, desde o que practica exorcismos ata o que toca nunha orquestra. .
Amplía a nova>>
12/01/2009
O CGAC abre mañá un ciclo de documentais de creación galega
Baixo o título
Xeiras polo real, o CGAC acolle desde mañá e ata o sábado a proxección dun ciclo de documentais de creación galega. Longametraxes e curtametraxes que achegan unha mirada singular sobre o país. Os traballos de Mario Iglesias, Manuel Abad ou Felipe Veiga poderanse ver diaramente ás 19:00 horas no marco deste ciclo gratuíto. .
Amplía a nova>>
12/01/2009
O decreto que desenvolve a lei do cine flexibiliza os requisitos das coproducións internacionais
A aparición de novas formas de explotación obrigou a que o Real Decreto que desenvolve a actual Lei do Cine elimine os certificados de calificación de películas (coas súas correspondentes taxas). Introdúcese a creación dun certificado único de distribución para aquelas empresas que vaian comercializar as obras no ámbito cinematográfico. Entre outras novidades, o Real Decreto flexibiliza os requisitos para aprobar as coproducións internacionais, así como as axudas ás que poden optar as produtoras que realicen este tipo de películas. .
Amplía a nova>>
08/01/2009
Abertas tres liñas de axuda do Ministerio de Cultura para o sector audiovisual
Axudas a distribución de películas comunitarias (BOE do 5 de xaneiro), conservación de negativos e soportes orixinais (BOE do 6 de xaneiro) e produción de curtametraxes (BOE do 7 de xaneiro) son as tres liñas de axudas que acaba de convocar o Ministerio de Cultura, a través do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA). En total destinaranse seis millóns de euros a estes conceptos con cargo ao Fondo de Protección á Cinematografía. O prazo de presentación de solicitudes nas tres liñas de axudas xa está aberto..
Amplía a nova>>
08/01/2009
Dez empresas do Clúster asistirán ao mercado audiovisual paralelo á Berlinale
Unhas das partes da Berlinale, o festival de cine de Berlín, é o seu mercado audiovisual, o European Film Market que se celebra do 5 ao 15 de febreiro. Un espazo ao que asisten produtores, distribuidores, compradores e axentes de venda para facer tratos, entablar novas relacións e estar ao día do que acontece no sector. Unha cita é que asistirán dez empresas do Clúster Audiovisual Galego. Xamalú Filmmes, Voz Audiovisual, Adivina Producións, Ficción Producións, Formato Producións, Filmanova, Continental, Abano Producións e Perro Verde Films son as empresas están acreditadas para participar nos screenings así como para asistir a selección oficial..
Amplía a nova>>
08/01/2009
Educación e o Consorcio organizan cursos monográficos de inglés audiovisual en tres cidades
Máis cursos (un total de catro), máis horas (de 30 a 45) e máis cidades (Santiago, Vigo e A Coruña). A consellaría de Educación e o Consorcio Audiovisual de Galicia repiten a experiencia dos seus cursos monográficos de inglés audiovisual. A convocatoria, que terá lugar a vindeira semana, permitirá a profesionais e estudantes do sector audiovisual mellorar o seu nivel de inglés. O Consorcio financiará o 50% das taxas da matrículas dun curso que impartirá na Escola Oficial de Idiomas e ofertará actividades extraacadémicas relacionas co contidos (visitas a rodaxes, organización de master classes ou proxeccións de filmes). .
Amplía a nova>>
08/01/2009
Os Tonechos sepáranse
Chegaron a ser un auténtico fenómeno social no noso país. Agora, o popular dúo cómico Os Tonechos anuncia a súa separación temporal. Tanto Roberto Vilar coma Víctor Fábregas sinalaron que non van facer polo momento novos programas para a Televisión de Galicia e que teñen abertas as opcións para desenvolver outros proxectos por separado. De calquera xeito, insisten en que non existe ningún problema entre eles e que é posible que o dúo volte no futuro..
Amplía a nova>>
07/01/2009
Un camiño de cinema
O crítico pamplonés Ramón Herrera acaba de publicar o libro
Cine jacobeo. El Camino de Santiago en la pantalla, no que realiza unha escolma de 22 títulos audiovisuais nos que o Camiño de Santiago desempeña un papel argumental ou de escenario relevante. Co gallo desta publicación, repasamos o extenso catálogo de AVG para localizar producións galegas vinculadas ao Camiño. .
Amplía a nova>>
26/12/2008
Rodar nas rúas da Coruña será de balde a partir de 2009
A rodaxe de películas de ficción, documentais, curtametraxes e todos aqueles traballos audiovisuais menos os de carácter publicitario que se fagan na Coruña será gratis. Alomenos no 2009. Así o aprobou o pleno do concello herculino, a proposta do departamento de cultura, para promover a rodaxe na cidade. Unha decisión destacada, se temos en conta que en cidades como Santiago, un día de rodaxe custa 377 euros (cunha bonificación do 50% se serve como promoción da cidade). En todo caso, os interesados deberán solicitar a respectiva licenza municipal..
Amplía a nova>>