O último número da revista do audiovisual galego debate a fondo sobre a profesión do actor en Galicia. Charo Pena, Camila Bossa e Yolanda Pereira abordan as luces e sombras desta profesión que está a acadar cada vez máis prestixio social. É o tema destacado dun número que tamén entrevista a Carmelo Gómez, Celso Bugallo, Ángel de la Cruz ou José Mari Zabala; ademais de facer un exhaustivo repaso das estreas, rodaxes e novidades do sector.