22/05/2023
Ángel Santos fai historia en Cans ao levar 4 galardóns
Mellor curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina. A curtametraxe
Alicia fai cousas do realizador marinense Ángel Santos facía este sábado 20 de maio historia no Festival de Cans ao obter catro galardóns do palmarés desta xeira, unha acumulación nunha vista na historia do festival. .
Amplía a nova>>
15/05/2023
A Agapi presenta o seu estudo anual sobre o audiovisual galego
A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) publicou no seu web o estudo cualitativo
2022, Ano de cambios no audiovisual galego. Este informe anual presenta un resumo das tendencias do sector ao longo dos últimos doce meses desde a perspectiva destas empresas. A publicación conta co apoio do Concello de Santiago..
Amplía a nova>>
15/05/2023
O estonio Priit Tender álzase co premio do I Festival Imaxinaria
A primeira edición do Festival Imaxinaria fechaba as súas portas na Coruña este 14 de maio logo de cinco días de actividades. O evento dedicado á animación organizado por Afundación e coordinado polo recoñecido cineasta Alberto Vázquez deu a coñecer os seus galardóns na xornada final..
Amplía a nova>>
12/05/2023
Novos documentais exploran a figura de Francisco Fernández del Riego
Cando se achega o dezasete de maio, continúan a aparecer novas propostas audiovisuais que teñen como protagonista a Francisco Fernández Del Riego, homenaxeado neste Día da Letras. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística daba a coñecer esta semana no seu web o documental
Fernández del Riego. Letras Galegas 2023. Esta produción de 17 minutos parte dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesias e elaborado pola produtora Amarola..
Amplía a nova>>
11/05/2023
Urbano Lugrís protagoniza a imaxe da XIV (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico
Figuras claves do cinema de vangarda e experimental de moi diferentes xeracións atoparanse na Coruña entre os vindeiros 26 de maio e 4 de xuño no marco da XIV (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. A organización deste encontro presentaba este 9 de maio a súa nova xeira, na que se proxectarán 180 filmes chegados dunha ducia de países. Cunha imaxe de Urbano Lugrís como bandeira, a S(8) reivindica o pintor coruñés considerado máximo expoñente do surrealismo no noso país..
Amplía a nova>>
08/05/2023
O programa Educa Audiovisual achegará as producións galegas a secundaria
Os centros de ensino de secundario galegos terán acceso a un catálogo de 14 títulos do audiovisual galego canda a unha serie de coloquios complementarios con profesionais do sector. A Axencia Galega das Industrias Culturais, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais Independentes poñen en marcha o programa didáctico Educa Audiovisual para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado desde ciclo..
Amplía a nova>>
03/05/2023
O Festival de Cans celebra "20 anos de agroglamour" con 40 filmes a concurso
Co lema "20 anos de agroglamour" o Festival de Cans presentaba na mañá deste 3 de maio a súa nova edición. A conmemorar dúas décadas de existencia o encontro audiovisual que se celebra nesta aldea do Porriño daba a coñecer un programa que incorpora unha reforzada sección infantil e eventos especiais para o Día das Letras Galegas.
Honeymoon, de Enrique Otero protagonizará a sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio, antes de chegar ás salas de cinema..
Amplía a nova>>
02/05/2023
O Play-Doc premia o filme 'Devociones' de Ángel Montero e María Serna
A 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, rematou facendo público o seu palmarés oficial. O filme 'Devociones', dos realizadores Ángel Montero (Lugo, 1984) e María Serna (Bilbao, 1979) fíxose co premio da sección Galicia. O xurado composto pola artista e cineasta francesa Joséphine Derobe, o crítico de cine e programador da Filmoteca de Galicia, Jaime Pena e pola produtora Andrea Queralt, decantouse por esta película que ofrece unha viaxe sensorial por rituais curativos e de coidados. Unha historia de amor e enfermidade que explora a aceptación dunha perda e a posibilidade real da morte. O xurado premiou o filme "por explorar os límites do sensorial tanto a nivel plástico como sonoro e retratar de xeito carnal e sutil os rituais de sanación". Nesta sección tamén se fixo unha mención especial do filme 'Los Saldos' de Raúl Capdevila, "polo retrato honesto e sincero da realidade familiar e interxeracional do mundo rural aragonés"..
Amplía a nova>>
28/04/2023
Hoxe chega aos cines FATUM de Juan Galiñanes
Hoxe chega aos cines o filme FATUM, a nova producción de Vaca Films e a primeira longametraxe do director Juan Galiñanes (Pontevedra, 1980) que tamén é responsable do guión, xunto con Alberto Marini. O filme, rodado na Coruña, ten no papel protagonista a Luis Tosar, ademáis de contar no reparto con outros intérpretes galegos como , Xabier Deive, Isabel Naveira, Ricardo de Barreiro, Miquel Insúa, Xavier Estévez, Paula Morado, Nacho Castaño, Machi Salgado, Fran Paredes, Fran Nogueira, Adrián Castiñeiras, Alberto Medeiros, Roi da Costa, Silvia Lorenzo ou Valentín Estévez. FATUM é unha película de intriga que conta unha historia na a personaxe de Sergio (Luis Tosar) que ten graves problemas coa adicción ao xogo, vese inmerso nun atraco nunha sala de apostas que leva a cabo Alejo (Aron Piper)o que fai intervir á policía, corpo no que está Pablo (Alex García) francotirador do GEO, e a comisaria Costa (Elena Anaya). O destino fai que Sergio e Pablo teñan tamén outros cruces máis alá desa situación. O filme poderá verse hoxe en 239 salas de cine de toda España, segundo comunica FilmAffinity, 13 delas en Galicia. Vaca Films, que este ano celebra os seus 20 anos de actividade, produce esta longametraxe en colaboración con Amazon Prime Video, Playtime Audiovisuales, RTVE e Televisión de Galicia (TVG)..
Amplía a nova>>
28/04/2023
As axudas da Agadic a festivais audiovisuais manteñen os seus beneficiarios
Malia ao incremento en 15.000 euros do seu orzamento para 2023, as subvencións a festivais do sector audiovisual repiten a listaxe de beneficiarios na súa nova edición. A Axencia Galega das Industrias Culturais fixo pública este 25 de abril a resolución desta convocatoria, que achega 225.000 euros a once eventos deste tipo. .
Amplía a nova>>