Os centros de ensino de secundario galegos terán acceso a un catálogo de 14 títulos do audiovisual galego canda a unha serie de coloquios complementarios con profesionais do sector. A Axencia Galega das Industrias Culturais, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais Independentes poñen en marcha o programa didáctico Educa Audiovisual para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado desde ciclo.
Segundo adianta a presentación do ciclo, este catálogo inclúe filmes, series, curtas e videogramas a través dos que se abordan diferentes temáticas, coa intención de que se poidan empregar como material de traballo nas aulas. "A lingua, a memoria e o territorio son os tres eixos arredor dos que orbitan as 14 obras, sempre desde unha óptica actual e accesible, que mestura a linguaxe documental e as técnicas fílmicas de vangarda".
Os centros interesados poderán optar a asistir a estas producións nunha canle de Youtube. Ademais, a través da Agapi poderán contactar con profesionais do sector que participarán en coloquios co alumnado ao longo de todo 2023.
A listaxe de títulos propostos inclúe a serie documental 225 Km / 24 h., de Miramemira; A dobraxe en galego, un modelo de normalización, de Recrea Films con dirección de Chema Gagino; A mestra de escola, de Alba Prol e produción de Meteórica Cine; Ahí ven o Maio, sobre o primeiro disco homónimo de Luis Emilio Batallán, de Tamboura Films; as curtametraxes de Sétima As ondas, dirixida por Ángel Filgueira, e Crianza; a peza Elas, produtoras executivas, realizada pola propia Agapi; Mourelle de la Rúa. O último gran descubridor, de Chema Gagino e Amalia Mato; a serie de pezas documentais O camiño das estrelas, de Tamboura; Os camiños do neno labrego, de Noveolas Producciones; Por vir, documental de Eloy Domínguez Serén producido por Zeitun Films; Repartidores do rural, de Miramemira; Tesouros somerxidos, de Tex45, e Videogramas. A propósito de Compostela, de Numax.