Novas | 241 a 250 de 4079

<< Anterior Siguiente >>

09/03/2023
O Carballo Interplay celebra dez anos co foco posto na creación galega

O vindeiro 29 de marzo bota a andar a décima edición do Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais de Carballo quere celebrar o aniversario a homenaxear unha década de talento galego. Deste xeito, contidos elaborados no país en campos como redes sociais, audiovisual ou podcast protagonizarán as dúas primeiras xornadas do encontro.. Amplía a nova>>

06/03/2023
Once filmes compiten na 18 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

O Museo do Pobo Galego acollía na mañá deste seis de marzo a presentación do programa da décimo oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. A cita audiovisual que coordina o propio museo contará nesta xeira, que se celebra entre os vindeiros 15 e 21, cun total de 11 filmes a concurso, dos cales catro son galegos. Ademais, o encontro mantén as sección paralelas Impropias, dedicada ao cine realizado por mulleres, Lindes e Trazas.. Amplía a nova>>

02/03/2023
Marzo cinematográfico en feminino na Filmoteca de Galicia

A Filmoteca de Galicia (antes CGAI) está a conmemorar o Día da Muller durante todo o mes de marzo cunha carteleira eminentemente feminina, na que 35 das 42 sesións programadas ofrecen traballos de directoras a través de tres novos especiais sobre Márta Mészáros, Kinuyo Tanaka e Helena Wittmann, así como do regreso do ciclo Olladas de muller, que como cada ano organizan conxuntamente a cinemateca da Xunta e o Consello da Cultura Galega. Esta programación arrancou onte na Sala José Sellier da Coruña coa proxección de 'A rapariga', de Márta Mészáros, que poderá verse tamén hoxe xoves ás 18,00 h. Mészáros foi a primeira muller en gañar o Oso de Ouro na Berlinale co seu filme Adopción (1973). Tamén esta semana arranca unha nova entrega do ciclo anual Olladas de muller, co que a Filmoteca de Galicia e o Consello da Cultura Galega celebran o 8 de marzo mediante a proxección de diferentes traballos audiovisuais protagonizados por mulleres, tanto diante como detrás das cámaras. Desta volta, o programa estrutúrase en 10 sesións, a maioría delas compostas por unha longametraxe xunto a unha curta de autoría galega.. Amplía a nova>>

02/03/2023
Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle este 2 de marzo a presentación do vinilo que recolle a banda sonora de Negro Púrpura. Paulo Pascual correu coa composición da que é a primeira banda sonora do Estado realizada integramente con theremin. Considerado un dos primeiros instrumentos da música electrónica, o intérprete modula as notas mediante a posición das súas mans nun campo magnético.. Amplía a nova>>

01/03/2023
Nani García recibirá o Premio de Honra Fernando Rey

O Premio de Honra Fernando Rey, que outorga cada ano a Academia Galega do Audiovisual, vai neste 2023 para o compositor Nani García. Considerado, en palabras do conselleiro de Cultura Román Rodríguez "un dos grandes talentos musicais do audiovisual galego", García conta con máis de catro décadas de traxectoria no jazz, a música de cámara ou a sinfónica, e asinou bandas sonoras de filmes como De Profundis, Una mujer fantástica, filme galardoado cun Oscar, Valentina ou Engurras.. Amplía a nova>>

27/02/2023
A XXIª edición dos Premios Mestre Mateo comeza repartindo os Premios Especiais

A antesala da gala de entrega dos XXI Premios Mestre Mateo do audiovisual de Galicia que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo foi de novo a xuntanza de finalistas, celebrada nesta ocasión en Allariz, e foi o lugar elixido para a entrega dos Premios especiais desta edición. Estes galardóns, que levan o nome de cada patrocinador, recoñecen valores diferentes dos puramente relacionados coa arte e a técnica audiovisual. Nesta ocasión foron cinco os premios, que foron parar a outras tantas producións: as longametraxes 'O corpo aberto', Valentina e 'O home e o can'; a serie Rapa e a curtametraxe 'La entrega'. . Amplía a nova>>

27/02/2023
Lois Patiño fai historia ao resultar premiado na Berlinale

Por vez primeira, unha produción galega resultou premiada no prestixioso festival alemán Berlinale. O xurado da sección Encounters outorgoulle este 25 de febreiro o seu galardón especial á longametraxe Samsara do vigués Lois Patiño. O galego recibiu o galardón ex aequo co filme Orlando, ma biographie politique de Paul B. Preciado.. Amplía a nova>>

23/02/2023
Matria e Sica competirán no Festival de Málaga

A vixésimo sexta edición do Festival de Málaga contará cunha nutrida representación galega. A sección oficial de longametraxes do prestixioso encontro audiovisual acollerá as producións Matria de Álvaro Gago e mais Sica de Carla Subirana. O festival desenvolverase entre os días 10 e 19 de marzo.. Amplía a nova>>

21/02/2023
A rururbanía protagoniza a 18 edición da MICE

A rururbanía, "un concepto definido en relación a aqueles espazos, continuos ou híbridos, xurdidos dun proceso de urbanización de lugares do rural" será o eixe da décimo oitava Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O Museo do Pobo Galego co apoio do Concello de Santiago, a área de Cultura da Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) organizan este encontro, que se desenvolverá entre o 15 e o 21 de marzo vindeiros.. Amplía a nova>>

17/02/2023
O catálogo Films from Galicia comeza a súa andaina na Berlinale

A coincidir coa presenza histórica de tres filmes galegos na edición 2023 do festival Berlinale, a Axencia Galega das Industrias Culturais presentará neste festival a nova edición do catálogo Films from Galicia. Esta guía, que fai un repaso da actualidade do noso audiovisual de cara á súa proxección exterior, porase a disposición de distribuidoras e profesionais do sector que estarán presentes no evento que se desenvolve na capital alemá ata o vindeiro 26 de febreiro.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org