26/01/2011
O CGAI abre ao público unha mediateca con máis de 7.500 filmes
7.500 títulos en DVD, 10.000 libros e 6.000 revistas. Estas son as cifras da mediateca que o Centro Galego de Artes da Imaxe acaba de abrir ao público. Estará aberta de 10:00 a 14:00 horas con dez postos de consulta para investigación, cinco cabinas de visionado. A mediateca, que levará o nome do anterior director do CGAI, José Luis Cabo, emprestará as producións audiovisuais sobre as que a Xunta ten dereitos de difusión e as películas restauradas polo CGAI..
Amplía a nova>>
26/01/2011
Historias por todas as vías
Grazas ao Festival Amal, en Santiago se puideron ver, por exemplo, moitas das historias persoais que non abordaron os medios de comunicación sobre o ataque israelí sobre Gaza, ademais do seu impacto sobre Palestina. Diferentes puntos de vista, historias contadas en primeira persona, algunhas delas rodadas con moito sixilo e enviadas en segredo para participar nun festival que pretende dar a coñecer a cultura árabe. O festival Amal, que significa esperanza en árabe, cumple este ano nove edicións e quenta motores..
Amplía a nova>>
25/01/2011
Sánchez Izquierdo propón no Parlamento transformar a CRTVG nun sistema de servizos audiovisuais
No marco da relatorio parlamentario no que estuda a reformulación da lei da Compañía de Radio Televisión de Galicia, o director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo propuxo unha reformulación completa da súa estrutura actual. Na súa intenvención propuxo transformalo nun “sistema público de servizos audiovisuais” que “abandone a idea de televisión convencional”. Ademais, explicou que a CRTVG ten dous problemas estruturais que son o modelo de negocio dunha banda, e o desequilibrio da estrutura de persoal. En canto ao custe para os orzamentos da Administración, a CRTVG só supón un 0.9% do orzamento total e recalcou o seu valor para a “consolidación da cultura e o idioma galego”..
Amplía a nova>>
21/01/2011
Tres filmes relacionadas con Álvaro Cunqueiro están en proceso de recuperación
Alén de escritor e xornalista, Álvaro Cunqueiro tamén extendeu a súa actividade cara o ámbito audiovisual.
La Voz de Galicia publica hoxe que tres títulos vencellados co escritor foron localizadas e están en proceso de restauración. Trátase de dúas curtametraxes de carácter documental (35mm) e media hora de duración das que Álvaro Cunqueiro fixo o guión. Son, dunha banda,
Galicia do malogrado Claudio Guerín e da outra
Viaje gastronómico por Galicia de Pedro Olea. Ademais, hai unha mediometraxe
Verde e mar de José Grañena que está depositado no CGAI e na que Álvaro Cunqueiro fai unha pequena presentación. .
Amplía a nova>>
21/01/2011
Dous exdirectores da CRTVG apostan polo canon na nova lei que regula esta entidade
Francisco Campos e Benigno Sánchez coñecen ben a dinámica da CRTVG porque foron directores do ente público. Ambos os dous participan nas propostas que se están a debater para redactar a nova lei da CRTVG e coinciden en apostar porque o texto deixe “a porta aberta” ao establecemento dun canon, tando en conta a situación incerta do modelo de xestión público/privado. O deputado do PPdG, Pedro Puy, recolleu a opinión destes expertos ao afirmar que non lle parece unha mala opción .
Amplía a nova>>
20/01/2011
Tamén a choiva pasa a última peneira dos Óscar
O vindeiro 25 de xaneiro saberase cal é a lista definitiva de candidatos aos premios máis sonados do audiovisual, ós Óscars. Pero no listado de filmes figura unha coprodución galega,
Tamén a choiva que coproduce Vaca Films. A película protagonizada Luis Tosar e Gael García Bernal está nas carteleiras de Galicia con copias en galego..
Amplía a nova>>
20/01/2011
Amal abre o prazo de recepción de traballos esperando incrementar a participación
“A situación de Túnez, do Sáhara con Marrocos, o conflicto Palestino… creo que este ano imos recibir máis películas”. Ghaleb Jaber Martínez, director de Amal, sintentizaba así algunhas das temáticas que recollerán os filmes que, desde hoxe, xa se poden enviar para participar na IX edición do Festival Amal. Este encontro que pretende concienciar á cidadanía sobre a problemática do mundo árabe desenvolverase neste 2011 entre o 24 e o 29 de outubro. Esta edición ponse en marcha coa apertura de dous prazos de recepción tanto de traballos no ámbito audiovisual como de presentación de carteis do festival. Mantense a contía e a categoría dos premios, pero Ghaleb Jaber avanzou que haberá novidades tanto no xurado, como nas actividades paralelas do encontro..
Amplía a nova>>
18/01/2011
Buried de Rodrigo Cortés gaña o premio Forqué
Creado hai 16 anos, o premio José María Forqué pretende difundir a importancia da industria audiovisual española ademais de impulsar a figura do productor cinematográfico. O gañador do premio a mellor película (dotado con 30.000 euros) foi
Buried dirixida polo ourensá Rodrigo Cortés. O galardón a mellor actor masculino foi para Luís Tosar por
Tamén a chuvia, mentres que o de interpretación feminina foi compartido por Emma Suárez e Nora Navas (por
La mosquitera e
Pa Negre respectivamente). Completa o palmarés na categoría de mellor documental
Bicicleta, cullera, poma de Carles Bosch, dotado con 6.000 euros. .
Amplía a nova>>
11/01/2011
José Luís Cuerda adaptará ao cinema Todo é silencio
Nunha entrevista a
Xornal de Galicia o director José Luís Cuerda anunciou que está a traballar na adaptación ao cinema da novela
Todo é silencio, de Manuel Rivas. Cuerda, que traballa sobre un guión elaborado polo propio autor, destacou a forza dos personaxes da historia do galego. Polo momento, Cuerda non adiantou datas de estrea nin de rodaxe..
Amplía a nova>>
11/01/2011
A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano
Buried filme dirixido ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española. Cortés está nominado ademais á mellor dirección, mellor montaxe e mellor canción orixinal. Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en
También la lluvia. Pola súa banda,
A tropa de trapo, participada por Continental Films, competirá na categoría de mellor filme de animación, mentres
Vicenta, coproducida por Ignacio Benedeti Cinema, pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación. Ademais, a produción
Chico e Rica, realizada polo Estudio Mariscal, conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián..
Amplía a nova>>