Novas | 2321 a 2330 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

08/02/2011
Luis Tosar recibe o premio Málaga Sur pola súa “extensa e exitosa” traxectoria

Tres Goyas (Douche os meus ollos, Cela 211 e Os Luns ao sol) e innumerables recoñecementos en mostras, festivais e semanas oficiais dedicadas ao audiovisual. A traxectoria e o saber facer de Luis Tosar acaba de valerlle o premio Málaga Sur, galardón que outorga o Festival de Cine de Málaga, o máis importante do cine español. A edición deste ano desenvólvese entre o 26 de marzo e o 2 de abril.. Amplía a nova>>

07/02/2011
A Academia do Audiovisual buscará outras vías de financiamento para os Mestre Mateo

A día de hoxe, a Academia Galega do Audiovisual ten confirmados 90.000 euros por arte da COnsellaría de Cultura e 20.000 da Deputación de Ourense. Lonxe están dos 300.000 euros que esta entidade dispuña para a celebración dos Mestre Mateo noutras edicións. Por iso, a entidade desenvolveu o pasado venres unha xuntanza na que os seus socios acordaron manter a actividade e buscar outras vías de financiamento para poder desenvolver este evento clave para o sector audiovisual.. Amplía a nova>>

04/02/2011
O CGAI lembra nunha xornada a figura de Miguel Gato

Foi un dos impulsores do cinema galego nos anos 70. Por iso, o Centro Galego de Artes da Imaxe quere lembrar o traballo pioneiro de Miguel Gato, cando se cumpren tres meses do seu pasamento. Será nunha xornada que terá lugar este sábado no que alén da proxección de tres dos traballos nos que participou (O herdeiro, Yeguas preñadas por el viento, Os cigarróns, O caso das galiñas aforcadas ) haberá unha mesa reonda na que estarán presentes Juan Hernández Les, Miguel Castelo eo produtor Víctor Ruppen. . Amplía a nova>>

04/02/2011
Preséntase A Cuarta Parede, a primeira web en galego de crítica de cinema

Chámase A cuarta parede e será unha plataforma dixital de crítica cinematográfica. Dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz, a publicación dixital non ten periodicidade fixa, “cada seis ou sete semanas” segundo apuntan no propio sitio web. Estará en galego e conta con seis seccións nas que atenderán ao cinema que está “máis aló das da salas comerciais”, con especial atención ao cinema luso, do que aseguran se caracteriza por “unha interesante experimentación formal e narrativa”. Jaime Pena, Alberte Pagán, Ángel Santos e José Manuel Sande son algúns dos colaboradores deste primeiro número.. Amplía a nova>>

01/02/2011
Cultura compromete 90.000 euros para as actividades da Academia Galega do Audiovisual

Os premios Mestre Mateo, o foro Academia Aberta e a publicación “Os Papeis da Academia”. Estas son as tres actividades que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que contarán con apoio da consellaría de Cultura. Así o acordaron as dúas partes implicada no transcurso dunha reunión celebrada onte. Segundo publica Xornal de Galicia a contía apalabrada é de 90.000 euros, 20.000 euros menos que no ano anterior. Con todo, a Academia celebrará este venres unha xuntanza extraordinaria na que lle dará a coñecer aos seus socios de que orzamento dispoñen e que tipo de gala se poderá celebrar. . Amplía a nova>>

31/01/2011
Increméntase o número producións audiovisuais que optan aos Mestre Mateo 10

Se no ano 2010 foron 101 as producións presentadas aos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, en 2011 os traballos incrementáronse un 28%. En total, son 130 as producións que se presentan a estes premios que inician agora a súa primeira fase de votacións. Para Xosé Manuel Olveira, “Pico”, presidente da Academia Galega do Audiovisual, este incremento débese ao traballo desenvolvido por V Televisión. De feito, no apartado de programas para televisión hai 36 traballos presentados, mentres que no de obra publicitaria 17. Os premios entregaranse en Ourense en abril, nun formato de gala que se decidirá este venres, no marco dunha asamblea extraordinaria que convocou a Academia Galega do Audiovisual. . Amplía a nova>>

28/01/2011
Comeza en Santiago a rodaxe de Lobos de Arga unha comedia de terror sobre lobishomes

Unha historia de homes lobo, ambientada nun pobo ficticio (Arga, que dá título ao filme) que xunta o saber facer da produtora coruñesa Vaca Films á fronte de historias de terror (Cela 211, Secuestrados…) e o talento no ámbito da comedia de Telespán (“Al otro lado de la cama”, “Días de Futbol”, “Pagafantas”…). O resultado é Lobos de Arga, “unha comedia de terror”, en palabras do director e guionista, Juan Martínez Moreno. Un ambicioso proxecto (cun orzamento de cinco millóns de euros) pensado para o gran público que ten como fonte de inspiración películas como El día de la bestia e que chegará a carteleira para Halloween de 2011. A rodaxe comezará o vindeiro luns 31 nos arredores de Santiago, e conta con actores como Gorka Otxoa, Carlos Areces, Secun de la Rosa e os galegos Mabel Ribera, Luis Zahera ou Dorotea Bárcena. . Amplía a nova>>

28/01/2011
As axudas do sector audiovisual volveranse convocar en Agadic e non no Consorcio Audiovisual Galego

Moitas expectativas xenerou a xuntanza celebrada onte na sede da Consellaría de Cultura. Era unha reunión ordinaria do Consello de Dirección do Consorcio na que se decidiría o plan de actividades desta entidade e esperaba que marcaría unha nova etapa. Segundo unha nota de prensa, alí aprobouse que no mes de febreiro se convocarían as liñas de axudas para o sector e que sería a Agadic a entidade encargada de facelo. O Consorcio, pola súa parte, seguirá mantendo a convocatoria do Fondo Raíces e a continuidade de “Semprecinema” (instrumento público-privado coa antiga fundación Caixa Galicia para impulsar proxectos cinematográficos). Ademais, continuará co proxecto formativo (inglés para profesionais, audiovisual nas aulase o curso de prosgrao sobre comercialización de contidos audiovisuais) e a presenza en foros e mercados do ámbito español e internacional. Toda a información sobre o sector audiovisual galego estará centralizada no sitio web do Consorcio Audiovisual Galego que será presentado en breve.. Amplía a nova>>

26/01/2011
A Asociación Cultural Senunpeso volve convocar a afeccionados e profesionais do sector audiovisual

Conferencias, obradoiros, estrea de traballos audiovisuais… as Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 011 comezarán en Vedra o vindeiro 12 de febreiro. Durante dúas fins de semana haberá actividades relacionadas co mundo audiovisual. Obradoiros (entre as novidades o curso de realización de videoclips), xunto con conferencias, a estrea de 7 curtametraxes e un videoclip conforman o programa que organiza a Asociación Cultural Senunpeso. . Amplía a nova>>

26/01/2011
A Academia Galega do Audiovisual alerta que os Mestre Mateo poden non celebrarse este ano

A falta de concreción dos apoios (consellaría de Cultura, Comunicación, Industria e a CRTVG) que tradicionalmente viña recibindo a Academia Galega do Audiovisual fai que as actividades desta entidade estean en suspenso. Entre elas, a celebración dos Premios Mestre Mateo. Así o pon de manifesto nunha extensa carta que a Academia remite aos seus socios convocándoos a unha xuntanza na que, alén de informar da situación financiera, poidan decidir “o tipo de formato de gala que se pode levar adiante”. Esta edición dos Mestre Mateo ía desenvolverse en Ourense no mes de abril. A asamblea extraordinaria terá lugar o venres 4 de febreiro, na sede da Fundación Caixa Galicia (Vilar, 19) ás 18:30 horas. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org