Novas | 2311 a 2320 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

01/03/2011
AGADIC fecha Flocos.tv

Desde a mañá de onte, o sitio web Flocos.tv, que permitía a visualización en liña de máis de 350 producións de cinema galego, está fechada. A empresa que xestionaba o sitio, A Navalla Suíza, recibiu a orde da Axencia Galega de Industrias Culturais, de quen dependía este web, solicitándolles o feche do mesmo. Nunha recente entrevista a este medio, Xaime Quintanilla, director-xerente do Consorcio Audiovisual, aseguraba que estaban a barallar posibilidades para garantir a continuidade deste proxecto. O feche de Flocos supón a desaparición de 109 videos que estaban incrustados nas fichas do soportal AVG de culturagalega.org.. Amplía a nova>>

28/02/2011
O audiovisual galego prepara mobilizacións contra a política da Xunta

Unha plataforma agrupará os diferentes colectivos do audiovisual e mais do teatro para reivindicar novas políticas públicas para estes sectores. Segundo adiantou esta fin de semana Galicia Hoxe, os profesionais do sector presentarán o vindeiro 4 de marzo esta nova entidade, que solicitará unha entrevista co presidente da Xunta para reclamarlle unha serie de medidas urxentes entre as que está o investimento de 17 millóns de euros, dos que sete sairían da Consellaría de Cultura e dez da Televisión de Galicia. Canda á publicación dun manifesto, os membros do sector barallan levar ás súas reivindicacións ás galas dos Premios Meste Mateo e María Casares ou mesmo se fechar na catedral. O lema destas reinvidicaións é Somos patrimonio galego.. Amplía a nova>>

28/02/2011
Peque Varela leva o premio do MUFEST á mellor obra en galego

O Festival de Cine Feito para Mulleres (MUFEST) fechaba o sábado entregando os seus galardóns. Private Life, de Abbe Robinson levou o primeiro premio, seguido por Gato Encerrrado, de Peque Varela e Guerrilleir@s de Montse Pujantell. Peque Varela fíxose tamén co premio ao mellor obra orixinal en galego, mentres que a mención especial do xurado levouna Camas calientes de Lluc Güell e Paula Morelló. En total presentáronse ao certame máis de cincuenta filmes.. Amplía a nova>>

25/02/2011
Play-Doc chega á súa sétima edición

O VII Festival Play-Doc voltará encher Tui de documentais entre os vindeiros 30 de marzo e 2 de abril. En total poderán verse 29 producións, das cales 10 participan na sección oficial. Peter Tscherkassky, Clio Barnard, Marcos Nine ou Óliver Laxe son algúns dos creadores participantes. Canda a isto, mantense a sección informativa do festival e os concertos, así como as sección dedicada a documentais sobre música. A nivel de formación celebrarase o obradoiro O retrato filmado e presentaranse os traballos do seminario Work in Progress.. Amplía a nova>>

18/02/2011
Santiago acolle a segunda edición do festival feito por mulleres

Un estudo realizado no ano 2006 establecía que só o 7% dos directores de cine que hai en España son mulleres, dos guionistas só o 15% e das produtoras só o 20%. Por iso, desde hai un tempo diferentes asociación organizan encontros para invertir esa situación e dar a coñecer ese cinema minoritario. En Galicia, a asociación Andaina promove o Mufest que celebra a súa segunda edición do 22 ao 26 de febreiro. Proxeccións e mesas de debate conforman este festival que se desenvolve no centro sociocultural O Ensanche. . Amplía a nova>>

16/02/2011
As produtoras audiovisuais acoden a Berlin baixo o paraugas do Consorcio Audioviual

Na súa dinámica de traballo habitual, o Consorcio Audiovisual de Galicia acode a unha nova edición do European Film Market, o mercado paralelo á Berlinale. Un paraugas que lle permite a dez empresas (Vaca Films, O grelo producións, Xamalú, Frida Films, Continental, Costa Oeste, Vimbio, Artefacto, Matriuska e Cinemar) acudir a un dos principais mercados audiovisuais de Europa. . Amplía a nova>>

14/02/2011
Rodrigo Cortés consegue tres Goyas nunha noite na que Pa negre deu a sorpresa

Mellor montaxe, mellor guión e mellor son. Son as tres estatuíñas polas que o ourensán Rodrigo Cortés subiu ao escenario na 25 gala dos Goya. Cortés, que además de ser o guionista, director, montador e intérprete da canción orixinal da súa segunda longametraxe Buried, foi a nota galega dunha gala que tivo un claro acento catalán. O filme de Agustí Villaronga, rodado en catalán, foi o gran vencedor da noite con nove premios, entre eles mellor película, mellor director, mellor actriz principal (Nora Navas) e secundaria (Laia Marull), mellor guión adaptado, mellor actor e actriz revelación (Francesc COlomar e Marina Comas), entre os máis importantes. Javier Bardem converteuse no actor máis laureado do cinema español ao incrementar a súa nómina de Goyas a mellor actor. Unha candidatura para o que tamén era finalista Luís Tosar.. Amplía a nova>>

10/02/2011
Quintanilla: “Dá igual onde se convoquen as axudas ao sector porque Agadic e Consorcio teñen o mesmo presidente”

Coñece ben o ámbito audiovisual porque leva traballando nel toda unha vida. Anxo Quintanilla aterrou no Consorcio Audiovisual de Galicia nun momento complicado, cando agromaba a crise do sector e no momento no que a Xunta anunciaba unha redefinición da política audiovisual. O seu mandato cumprirá un ano nos vindeiros meses e, malia as críticas do sector que botan en falta cambios e unificación na política audiovisual herdada do bipartito, fala dun período de transición que está marcado pola coordinación con outras entidades e o diálogo co sector. . Amplía a nova>>

09/02/2011
Agadic e o Consorcio buscan un local común para coordinar as súas actividades

“Existe coordinación total e absoluta entre o Consorcio Audiovisual e a Agadic” así de claro é Anxo Quintanilla, director-xerente do Consorcio nunha entrevista que publicará mañá Culturagalega.org. Nela, asegura que se está a buscar un espazo físico común para estas dúas entidades. “Canta máis proximidade teñamos, moito mellor funcionaremos” asegura Quintanilla ao tempo que lembra que as dúas entidades teñen o mesmo horizonte porque "están presididas pola mesma figura: o conselleiro de Cultura”. Mentres desde Agadic informan que nas vindeiras semanas sairán as convocatorias de axudas para o sector (produción, desenvolvemento, talento audiovisual…); o Consorcio asegura que están a ultimar as liñas de apoio a festivais, as bolsas de estudos e cursos, así como a promoción e difusión das producións audiovisuais e o plan de internacionalización e apoio a asistencia a mercados.. Amplía a nova>>

09/02/2011
Un documental abre as actividades para homenaxear a Valle Inclán

Coa iniciativa da Fundación Valle Inclán e co apoio da Consellaría de Cultural, Vilanova acolleu onte a presentación dun proxecto audiovisual Romance de lobos en terras de Arousa. Trátase dun documental, producido por Xoán Xosé Mariño, que fará un percorrido por Vilanova, Vilaxoán, Vilagarcía ou Cambados, lugares nos que se ambientan moitas das obras de Valle Inclán. Esta actividade insírese dentro dos actos previstos para celebrar o 75 aniversario do seu pasamento e que tiveron un anticipo en xaneiro, cunha ofrenda floral.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org