Novas | 2301 a 2310 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

15/03/2011
18 comidas é a gran favorita dos Mestre Mateo con 16 candidaturas

Era unha aposta arrisacada por múltiples motivos: non tiña guión, os actores só tiñan breves indicacións do que tiñan que facer en cada rodaxe…. Sen embargo, o público respondeu á aposta “improvisada” de Jorge Coira. Agora, os académicos acaban de convertelo no gran favorito destes Mestre Mateo. Os premios do facé un filme improvisado e tivo gran éxito entre o público. O filme de Jorge Coira, 18 comidas conta con 16 candidaturas, entre as que destaca mellor longametraxe, mellor dirección e cinco para a interpretación (Luís Tosar, Federico Pérez e Antonio Mourelos a mellor actor de reparto; e Camila Bossa e Cristina Brondo a mellor interpretacón feminina de reparto). Séguenlle de preto, a ópera prima de Luis Baquero Avilés, Retornos, con 15 candidaturas e a comedia de Enrique Otero Crebinsky , con 12. A película para televisión Mar Libre, de Dani de la Torre, suma dez candidaturas. A gala dos Mestre Mateo terá lugar o vindeiro 17 de abril no Auditorio Municipal de Ourense.. Amplía a nova>>

15/03/2011
Ignacio Vilar rodará en 3D a súa vindeira película

Celtia, filla do vento é o título do próximo proxecto cinematográfico do realizador ourensá Ignacio Vilar (Pradolongo, Ilegal). Un filme que contará a historia de amizade entre unha nena e unha potra salvaxe que o levará a rodar en Sabucedo a tradicional festa da Rapa das Bestas. A particularidade deste proxecto, que ten un orzamento estimado de 5 millóns de euros, é que se rodará en 3D e buscará financiamento internacional.. Amplía a nova>>

14/03/2011
O CGAI celebra o seu vinte aniversario cun ciclo especial de proxeccións cinematográficas

Ten 3.000 copias en soporte cinematográfico, 7.500 DVD, unhas 10.000 fotografías e unha pequena sala (110 butacas) na que programa máis de 300 sesións ao ano. Son algunhas das cifras do Centro Galego de Artes da Imaxe que cumpre neste 2011 dúas décadas de vida. Do 15 ao 18 de marzo celebrará a efeméride cun ciclo especial de proxeccións que inclúe a estrea de Todos vós sodes capitáns de Ólive Laxe, premiada en Cannes, así como imaxes inéditas de Galicia no NO-DO. O CGAI continuará neste 2011 coa actividade de estender a súa programación fóra da súa sede da Coruña, con ciclos en Santiago, Vigo, Lugo e Ourense.. Amplía a nova>>

10/03/2011
A asociación de actores concede a Xan Cejudo o seu premio de honra

O actor Xan Cejudo é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A decisión da Xunta Directiva da entidade quere recoñecer a longa traxectoria e a singular contribución de Xan Cejudo á profesionalización do teatro en Galicia. O Premio de Honra Marisa Soto naceu no 1997 como galardón que distinguise a especial traxectoria de persoeiros no marco dos Premios de Teatro de María Casares o primeiro en recibilo foi Agustín Magán e no pasado ano 2010 foi recaer en Gonzalo Uriarte. Nado na Coruña en 1947, a carreira de Xan Cejudo comezou a mediados dos anos 60 no grupo de teatro O Facho e ten un extenso percorrido teatral como actor, director e autor. No audiovisual, Xan Cejudo tamén amosou o seu talento en diversas longametraxes e series de televisión, galegas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Express, As leis de Celavella) e españolas (El Comisario, Periodistas, Policías, Cuéntame). O actor coruñés recibirá o seu galardón durante a cerimonia de entrega dos XV Premios María Casares, o vindeiro 23 de marzo.. Amplía a nova>>

10/03/2011
Play Doc vence os recortes e exhibe a influencia da ficción no documental

É a cita de referencia do documental en Galicia e este ano, cun recorte orzamentario que chegará ao 50%, Play Doc seguirá fiel aos seus principios: documental de corte social, independente e con moito protagonismo da música (exhibirase o documental de Carlos Núñez Brasil somos nós). Nesta sétima edición, o proxecto que preparan ángel Sánchez e Sara García, revisará como o a ficción inflúe no documental. Canda isto, o convidado desta edición será Marcel Lozinski, recoñecido realizador polaco. . Amplía a nova>>

10/03/2011
Exhíbese por primeira vez a copia completa da Galicia de Carlos Velo

Ata hai uns meses dábase por perdida a versión final de Galicia, a lendaria cinta do cineasta galego Carlos Velo. Foi a finais de 2010 cando o profesor ruso Vladimir Magidov, decano de Humanidades atopou, por casualidade, a montaxe final da mítica cinta de Velo. Hoxe, no marco do Congreso da Asociación de Historiadores que versa sobre o cinema da Segunda República (considerada a época dourada do cinema español), exhibirase este traballo que ten 18 minutos de cinta, dez máis da que ten a montaxe coñecida e conservada ata entón. A proxección terá lugar hoxe ás 22:00 horas, xusto despois dunha mesa redonda sobre a cultura republicana no noroeste no que participan os profesores de Arte, María Luisa Sobrino, e Historia do Cine, Xosé Nogueira e o historiador Emilio Grandío.. Amplía a nova>>

08/03/2011
Un congreso analiza o esplendor do cinema español da Segunda República

Cinema musical, un novo sistema de estrelas, florecemento de propostas melodramáticas burguesas ou populistas, o rebulir de propostas melodramáticas… entre 1931 e 1936 agromaron propostas interesantes no cinema español. Foi o estoupido da Guerra Civil que rachou co seu despegamento pero que deixou numerosas propostas que analizar, estudar e debater. E isto é o que se fará en Santiago, do 10 ao 12 de marzo de 2011, aproveitando que se cumpren oitenta anos da proclamación da Segunda República. O XIII congreso da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC) incluirá, ademais de mesas de debate, a entrega das Medallas de Honra e a proxección de fitas do cine desta época.. Amplía a nova>>

07/03/2011
Unha visión atlántica

O obxectivo: dinamizar o sector do audiovisual e da banda deseñada, crear mercados onde non os hai e establecer sinerxias. “Non é un traballo doado”, asegura Xoán V. Mao, secretario do Eixo Atlántico, promotor do proxecto IMAGINA, que busca promover un clúster cultural no espazo atlántico, “pero o obxectivo é reunir a empresas, universidades e institucións públicas para promover unha identidade atlántica”. A primeiros de mes celebrouse no Porto a primeira das reunións, na que participaron 49 entidades de Galicia, Portugal e Francia. Posteriormente tamén se incorporará Gales e Irlanda. . Amplía a nova>>

02/03/2011
Falece o actor galego José Conde

José Conde, actor nado en Ourense, apareceu morto o pasado venres en Madrid, nas proximidades do seu domicilio. Conde, coñecido polo seu traballo en series como Brigada central, Sin tetas no hay paraíso ou Médico de familia, foi incinerado o pasado domingo nesta mesma cidade, sen que polo momento se puidesen determinar as causas da súa morte.. Amplía a nova>>

02/03/2011
Catro filmes galegos participan no festival de Málaga

O XIV Festival de Cine de Málaga contará coa presenza de tres filmes galegos no seu programa. Crebinsky e Doentes competirán neste evento pola Biznaga de Oro á mellor longametraxe. Pola súa banda Radiografía dun autor de tebeos de Marcos Nine opta ao premio ao mellor documental. Estereoscopía, de Xacio Baño, ten posibilidades de levar o premio á mellor curtametraxe na Sección Oficial. O encontro celebrarase entre o 26 de marzo e o 2 de abril e contará coa presenza de Luís Tosar que recibirá o premio Málaga Sur á súa traxectoria.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org