18 comidas é a gran favorita dos Mestre Mateo con 16 candidaturas

Retornos con 15 e Crebinsky con 12, son os rivais do filme de Jorge Coira

Era unha aposta arrisacada por múltiples motivos: non tiña guión, os actores só tiñan breves indicacións do que tiñan que facer en cada rodaxe…. Sen embargo, o público respondeu á aposta “improvisada” de Jorge Coira. Agora, os académicos acaban de convertelo no gran favorito destes Mestre Mateo. Os premios do facé un filme improvisado e tivo gran éxito entre o público. O filme de Jorge Coira, 18 comidas conta con 16 candidaturas, entre as que destaca mellor longametraxe, mellor dirección e cinco para a interpretación (Luís Tosar, Federico Pérez e Antonio Mourelos a mellor actor de reparto; e Camila Bossa e Cristina Brondo a mellor interpretacón feminina de reparto). Séguenlle de preto, a ópera prima de Luis Baquero Avilés, Retornos, con 15 candidaturas e a comedia de Enrique Otero Crebinsky , con 12. A película para televisión Mar Libre, de Dani de la Torre, suma dez candidaturas. A gala dos Mestre Mateo terá lugar o vindeiro 17 de abril no Auditorio Municipal de Ourense.

Finalistas dos Premios Mestre Mateo 2010.