Mellor montaxe, mellor guión e mellor son. Son as tres estatuÃñas polas que o ourensán Rodrigo Cortés subiu ao escenario na 25 gala dos Goya. Cortés, que además de ser o guionista, director, montador e intérprete da canción orixinal da súa segunda longametraxe Buried, foi a nota galega dunha gala que tivo un claro acento catalán. O filme de Agustà Villaronga, rodado en catalán, foi o gran vencedor da noite con nove premios, entre eles mellor pelÃcula, mellor director, mellor actriz principal (Nora Navas) e secundaria (Laia Marull), mellor guión adaptado, mellor actor e actriz revelación (Francesc COlomar e Marina Comas), entre os máis importantes. Javier Bardem converteuse no actor máis laureado do cinema español ao incrementar a súa nómina de Goyas a mellor actor. Unha candidatura para o que tamén era finalista LuÃs Tosar.