05/01/2011
O cineclube Padre Feijóoo e o Festival de Ourense crean unha programación estable de cinema
As dúas entidades que promoven o audiovisual na cidade de Ourense (o cineclube Padre Feijoó e o Festival de Cinema Independente) acaban de sumar os seus esforzos para ofrecer unha programación estable e de calidade coa que incrementar a oferta deste xénero. A oferta terá lugar todos os mércores en doble pase (sesión de 20:30 e 23:00 horas) e estará configurada en base a ciclos temáticos mensuais, algúns deles relacionados con acontecementos da cidade. Cine social, británico, muller, música, teatro (coincidindo coa celebración da Miteu), galego (na semana posterior á entrega dos premios Mestre Mateo da Academia de Cine que se celebra o 16 de abril en Ourense), e oriental conforman esta oferta cultural. A programación comeza o vindeiro mércores 12 con
Un profeta de Jacques Audiard..
Amplía a nova>>
05/01/2011
Chega ás carteleiras o último filme protagonizado por Luis Tosar, Tamén a chuvia
A última película de Luís Tosar,
Tamén a chuvia, chega hoxe ás carteleiras. Dirixida por Iciar Bollaín conta a historia da rodaxe dun filme en Bolivia no momento no que estalla a chamada Guerra da Auga acontecida en abril do ano 2000. Neste filme, que representa a España na carreira dos Óscars, Tosar intepreta a un descreído produtor de cine, que so pensa no seu filme en pleno conflicto. Canda Tosar, o filme conta coa participación de Gael García Bernal, Juan Carlos Aduviri, Karra Elejalde e Raúl Arévalo.
Tamén a chuvia é unha coprodución española, mexicana e francesa na que tamén participa a produtora coruñesa Vaca Films. .
Amplía a nova>>
04/01/2011
O filme do galego Rodrigo Cortés, Buried , podería quedar fóra dos Óscars
“Se aínda non veu Buried, pido respectuosamente que polo menos lea o guión antes de votar os premios da Academia para mellor guión orixinal”. Así comeza a carta que Chris Sparling, guionista de
Buried, enviou aos membros da Academia de Hollywood o pasado decembro e que pode ser o motivo polo que o filme dirixido polo ourensán Rodrigo Cortés, caia da listaxe de candidatos ao Óscar. As normas da Academia de Hollywood son moi claras e pena coa descalificación este tipo de declaración. Malia que os publicistas que representan a Sparling enviaron un comunicado de disculpa pola carta, a Academia de Hollywood aínda non se pronunciou..
Amplía a nova>>
30/12/2010
Xavier Villaverde rodará en Barcelona a súa nova película, O sexo dos anxos
Oito anos despois de dirixir a súa última película,
Trece badaladas, Xavier Villaverde poñerá en marcha outro novo proxecto. Trátase de
O sexo dos anxos, unha comedia romántica arredor dun triángulo amoroso, que revisa as normas sobre o amor, a identidade sexual, a amizade e os convencionalismos sociais. O filme, que comezará a rodarse en febrero en Barcelona contará no papel protagonista con Astrig Berger, actriz que acaba de participar na cuarta entrega de
Piratas do Caribe. Esta produción de Continental conta co apoio do programa Ibermedia, do Fondo de coprodución Galego-Brasileiro do Consorcio Audiovisual de Galicia e da CRTVG (a través do chamando Plan de Cine). .
Amplía a nova>>
30/12/2010
A creación en 2010
Tamén nas tendencias creativas se está a deixar sentir a crise, pero faino nun duplo sentido. Por unha banda, detéctase unha escora cara ás propostas máis conservadoras, que a nivel industrial garantan un mínimo retorno económico. Pola outra, a necesidade de facer máis con menos dá en propostas máis experimentais, como pode ser o caso dun bo feixe de filmes que chegaron ás nosas pantallas nos últimos meses. Especialistas en diferentes áreas analizan para nós a creación dos últimos doce meses. .
Amplía a nova>>
30/12/2010
A Coruña ocupa o segundo posto de ciudades coa entrada de cine máis cara
Malia que Lugo e A Coruña están a menos de cen quilómetros, ir ao cinema en ambas ciudades supón 3.5 euros de diferenza. A asociación de consumidores en acción Facua acaba de presentar un informe sobre o prezo das cincuenta capitais de provincia no que A Coruña é a segunda capital máis cara do estado, mentres que Lugo está entre as máis baratas. A entrada en día laboral custa na Coruña 7.50 euros mentres que en Lugo son só 4 euros, a media de todo o estado é de 6.35 euros, o que supón un 6.7% máis que no 2009. O informe tamén analiza a diferenza de nivel nacional entre o prezo dunha entrda para unha película normal e unha en tres dimensión en cine con 3D é do 40,2%. .
Amplía a nova>>
29/12/2010
Historias en camiño
Unha das rodaxes audiovisuais do ano chegou en forma de espadas, navíos, homes de honor e mulleres de armas tomar. A decisión de Telecinco de rodar en Galicia
Piratas, a súa nova aposta de serie de ficción, foi un dos fitos do ano. Pero non é o único produto audiovisual que se está a rodar nin a xestar en Galicia que veremos nos próximos meses. Revisamos algún deles..
Amplía a nova>>
28/12/2010
TVG recupera a información local na súa programación
“Por mor dunha reorganización levada a cabo nas delegacións informativas da CRTVG” a Televisión de Galicia volverá incluír a información de proximidade na súa grella informativa. Así o explica a empresa a través dun comunicado no que ademais explica que durante a época de Nadal a información reducirase a un Informativo Local de quince minutos de duración, que coordinará o xornalista Xosé Durán e se emitirá os sábados ás 14:00 horas. A partir do día 3 de xaneiro, a periodicidade deste tipo de formatos volverán ser diarios. O novo informativo local pasará a emitirse antes do “Galicia Noticias Tarde” ás 20:00 horas. .
Amplía a nova>>
28/12/2010
O cinema de Murnau e Luis Miñarro protagonizan os ciclos de 2011 do CGAI
É un produtor arriscado, coñecido entre o público galego porque xa ten estado no CGAI, porque este ano Cineuropa lle dedicou unha retrospectiva e porque da súa tarefa saíron títulos como
Cosas que nunca te dije de Isabel Coixet. Luis Miñarro é un dos nomes propios nos que se centrará o CGAI na súa programación nos primeiros meses de 2011. Canda el haberá sitio para os cineastas xurdidos ao abeiro da Escola de Berlín, unha das canteiras máis suxestivas da produción recente no que hai nomes como Angela Schanelec (
Nachmittag) ou Benjamin Heisenberg (
Schläfer). De Alemaña tamén chega outro dos grandes nomes Friedrich Wilhelm Murnau, un dos máis influíntes directores do cinema mudo..
Amplía a nova>>
28/12/2010
O resumo industrial do ano
Parón económico, redución do volume de negocio, desaparición de axudas. Estas cuestións supoñen, sen dúbida ningunha, o denominador común das industrias culturais galegas neste 2010. No entanto, ao longo dos últimos doce meses tanto as artes escénicas como a edición, a música, o audiovisual, ou o mercado da arte viviron procesos diferentes. A consolidación do asociacionismo e a aposta pola internacionalización semellan as tendencias máis destacadas do ano que remata..
Amplía a nova>>