Alén de escritor e xornalista, Álvaro Cunqueiro tamén extendeu a súa actividade cara o ámbito audiovisual. La Voz de Galicia publica hoxe que tres títulos vencellados co escritor foron localizadas e están en proceso de restauración. Trátase de dúas curtametraxes de carácter documental (35mm) e media hora de duración das que Álvaro Cunqueiro fixo o guión. Son, dunha banda, Galicia do malogrado Claudio Guerín e da outra Viaje gastronómico por Galicia de Pedro Olea. Ademais, hai unha mediometraxe Verde e mar de José Grañena que está depositado no CGAI e na que Álvaro Cunqueiro fai unha pequena presentación.