Unha tese francesa analiza o periodo en que o escritor colaborou coa Falanxe

Cunqueiro

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O profesor Loïc Fravalo presenta hoxe na Universidade de Rennes a súa tese "Álvaro Cunqueiro, aquí e acolá, ou o itinerario ideolóxico e literario dun escritor galego". Fravalo analiza no seu estudio o transfondo ideolóxico de Cunqueiro desde 1932 ata 1958, deténdose na época en que o escritor mindoniense colaborou coa prensa do réxime franquista.


As crónicas do Cunqueiro

Segundo o autor da tese, este período é o menos estudiado da obra de Cunqueiro, e comprende desde a publicación do seu primeiro poemario de caracter vangardista, "Mar ao Norde" en 1932 á presentación da súa primeira novela "Merlín e familia" en 1958. Esta época da vida do escritor mindoniense é a menos estudiada, e nela a súa producción foi fundamentalmente a publicación de artigos e de poemas laudatorios ó novo réxime, chegando a desenvolver postos de responsabilidade en xornais como "Vértice", "ABC" ou "La Voz de Ortigueira".


Colaborador de ida e volta

A pesar de que Cunqueiro manifestou durante a república o seu apoio ó Estatuto de Autonomía, as veces con acendidos artigos, a chegada da guerra leva a Cunqueiro a Ortigueira, onde comeza a escribir artigos xornalísticos afíns a ideoloxía dominante. A súa calidade literaria fíxoo ascender ata chegar a ocupar o posto de subdirector do xornal madrileño ABC. En 1944, por cuestións pouco aclaradas, élle retirado o carnet de xornalistas e volta a Mondoñedo, de onde sería rescatado por galeguistas como Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego para a literatura do país.

Fiel á literatura

Segundo Fravalo, Cunqueiro mantívose fiel á literatura por riba de ideoloxías e actitudes políticas. Segundo el, compre abordar de xeito científico esta etapa de Cunqueiro, a máis descoñecida da vida do autor. Nas súas conversas co finado Torrente Ballester sobre o tema, o autor galego sinalaba que se está a esquecer a faceta progresista de Cunqueiro.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Literatura, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego...