08/04/2011
Agadic reduce á metade as axudas a promoción do talento audiovisual
No marco dos recortes orzamentarios xa anunciados, a contía destinada a promoción do talento audiovisual galego redúcese á metade. Hoxe sae esta liña da convocatoria, por importe de 150.00 euros que afecta a creadores individuais en diferentes modalidades (a escrita individual de guións, a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital). Esta liña de axudas fixo posibles filmes como
Todos vós sodes capitáns, coa que Óliver Laxe gañou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes en 2010. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de mañá.
Amplía a nova>>
06/04/2011
O Festival de Cine de Ourense convoca unha nova edición do seu curso para escolares
Potenciar a lingua galega e as creacións audiovisuais. Estes son os dous obxectivos que presgue OUff Escola, o certame escolar desenvolvido no marco do Festival de Cine de Ourense. A edición deste ano acaba de botar a andar con varias novidades: a inclusión dun premio do público (serán os votantes do sitio webo) e que non terá dotación económica. Poderanse presentar os escolares non universitarios, que presenten vídeos de menos de 20 minutos que se repartirán 2.600 euros en premios..
Amplía a nova>>
04/04/2011
Os Crebinsky recibe en Málaga o premio a mellor guión novel
Rodada en galego, español, inglés e alemán, con Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo e Farruco Castromán como protagonistas.
Os Crebinsky é a comedia cento por cento galega que chegará a carteleiras este venres. Vaino facer con dous premios: dunha banda o premio Alma ao mellor guionista novel (para Enrique Otero e Miguel de Lira) no marco do Festival de Cine de Málaga; e da outra, co “Signis” á mellor longametraxe, galardón que concede a Diocese de Málaga a filmes que promoven os dereitos humanos e que reflexionen sobre cuestión da realidade social..
Amplía a nova>>
04/04/2011
Óliver Laxe suma un novo premio coa súa ópera prima ao vencer en Play Doc
Todos vós sodes capitáns engade un novo premio ao seu xa amplo palmarés. Nesta ocasión trátase do premio grande de Play Doc, o festival de documentais de Tui. O Xurado recoñeceu a fidelidade a “a un concepto cinematográfico” no que hai diferentes niveis e porque devolve “a esperanza no cinema como ferramenta para o diálogo entre seres humanos”. O premio está dotado con 5.000 euros. O xurado composto polos especialistas Veton Nurkollari, María Campaña Ramia e Artur Liebhart, outorgou a Jay Rosenblatt o premio a mellor curta. Os 2.000 euros foron para
The D Train por “conducirnos durante cinco minutos por unha viaxe a través da vida, liviá no seu sentir e profunda no seu significado”. O xurado tamén fixo unha mención especial para
The Arbor da británica Clio Barnard..
Amplía a nova>>
01/04/2011
Luís Tosar recibe o premio Fernando Rey pola súa traxectoria
Este é un momento dóce para Luís Tosar. Este sábado recolle no Festival de Cine de Málaga un premio que recoñece a súa traxectoria profesional. A mesma pola que a Academia Galega do Audiovisual(AGA) lle concederá o premio Fernando Rey nos vindeiros Mestre Mateo. Na gala, que terá lugar o 17 de abril en Ourense, tamén se entregará o premio Revelación Chano Piñeiro, que a AGA lle concede a Óliver Laxe. O encontro estará presentado por Xosé Antón Touriñán e Belén Regueira..
Amplía a nova>>
31/03/2011
As axudas a desenvolvemento de proxectos audiovisuais descenden 300.000 euros
Os recortes estaban anunciados e comezan a concretarse. Onte saíron publicadas no DOG as primeiras liñas de axudas ao sector audiovisual. Se a contía para curtametraxes e videclips descendeu 60.000 euros (85.000 era segundo a convocatoria inicial, que fóra recurtada nunha corrección posterior), a de desenvolvemento sofre un recorte maior. Dos 500.000 euros de 2010 pasouse a 200.000 euros na liña que sae hoxe publicada. As axudas a desenvolvemento implica o conxunto de operación previas á preprodución dunha obra audiovisual (desde a adquisición de dereitos, os traballos de investigación, escrita e análise do guión, a selección de membros principais do equipo técnico-artístico, preparación do orzamento estimado de produción e plan financeiro, a procura de socios e coprodutores…) ou a elaboración dun teaser ou piloto..
Amplía a nova>>
30/03/2011
Agadic reduce en 85.000 euros as axudas a curtametraxes e videoclips
Curtametraxes en versión orixinal galega (rodaxe e/ou gravación en lingua galega) máis videoclips co “obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega”, así reza a primeira das convocatoria de axudas para este sector en 2011 e que sae hoxe publicada no DOG. A contía que destina a este fin é de 115.000 euros, o que supón 85.000 euros menos que a convocatoria de 2010..
Amplía a nova>>
30/03/2011
O audiovisual galego exhíbese en Málaga
É a cita de referencia do cinema español e este ano conta con catro producións galegas. Dúas longametraxes de creación “cento por cento” galegas como son
Doentes e
Os crebinsky que están na sección oficial competitiva. Canda elas, e no apartado oficial de documentais a concurso, está o traballo co que Marcos Nine segue ao debuxante David Rubín
Radiografía dun autor de tebeos. Pero un dos acontecementos máis esperados é a homenaxe que o certame qlle fai ao autor lucense Luís Tosar, recoñecido co premio Málaga Sur por toda a súa traxectoria profesional..
Amplía a nova>>
30/03/2011
Un ciclo exhibe a creación galega feminina
Cámaras, guionistas, realizadoras, montadoras… cada vez son máis as mulleres que se dedican ao sector audiovisual. Agora, un ciclo organizado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Deputación de Lugo exhibe unha escolma de traballos feitos por creadoras. Sonia Méndez, Margarita Ledo, María Reimóndez, Olaia Sendón ou Susana Rey son algunhas das autoras das que se exhiben os seus traballos. A cita terá lugar na sede da deputación lucense (Rúa San Marcos, 8) do 25 ao 27 de Lugo..
Amplía a nova>>
30/03/2011
Os híbridos
“Nos últimos tempos hai unha tendencia á hibridación, a mestura entre ficción e documental, na que xa non se marcan os límites. Queda lonxe aquela obxectividade imposible que marcaban os antigos cánones” afirma Ángel Sánchez, codirector de Play Doc. O festival de documentales de Tui abre hoxe fiel unha nova edición da cita co audiovisual independente, creativo, vangardista e moi apegado á realidade. Os recortes orzamentarios planan de fondo nun programa que homenaxea o polaco Marcel Lozinski, referencia indiscutible en Polonia, coetáneo de Krysztof Kieslowski e finalista ao Óscar por un traballo que amosa a fronteira entre Polonia e a Unión Soviética. .
Amplía a nova>>