25/04/2011
O Parlamento insta á Xunta a recuperar as liñas de axudas a festivais de cine
Na época do bipartito houbo unha convocatoria de axudas por concorrencia competitiva para os festivais de cine. Unha liña que eliminou o actual goberno e que agora o Parlamento lle pedirá á Xunta a que as restitúa. Así aconteceu a semana pasada no Parlamento, onde o BNG presentou unha proposición non de lei para que se dotase ao sector dun marco estable de apoio aos festivais de cinema. A iniciativa foi aprobada por unanimidade por todos os grupos políticos. .
Amplía a nova>>
20/04/2011
O CGAC exhibe unha escolma do Novo cinema galego
Baixo a etiqueta de
Novo cinema galego, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande programaron traballos que asumen unha liña rupturista, que participa dos mesmos debates estéticos e argumentais. Peque Varela, Lois Patiño, Marcos Nine, Eloy Enciso, Ángel Santos… son algúns deses nomes que se agrupan baixo esa etiqueta. Os seus filmes poderanse ver no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun ciclo que se desenvolve entre abril (28), maio (5, 19, 26) e xuño (9, 16) a partir das 19:30 horas. .
Amplía a nova>>
20/04/2011
Fernando Cortizo estreará O Apóstolo no Festival de Annecy
Ten numerosas particularidades que converten a
O Apóstolo nunha película moi agardada.É o primeiro filme de animación stop-motion estereoscópica de Europa; conta con Gary Oldman, John Goodman e Andy García para dobrar as personaxes de animación que na versión galega conta con Luis Tosar, Carlos Blanco ou Celso Bugallo; e inaugurou un curioso modo de financiamentoa través de particulares; ademais, a versión inglesa da canción correrá a cargo de Roger Daltrey, de The Who. Malia a premiere en Galicia en 2010, co gallo do Xacobeo, a estrea oficial terá lugar en xuño, no marco do Festival de Annecy. Fai parte da sección oficial, pero fóra de concurso, que terá lugar do 6 ao 11 de xuño nesa cidade francesa. .
Amplía a nova>>
19/04/2011
O CGAI incrementa o seu fondo documental con cen títulos relacionados co agro galego
A Consellaría de Medio Rural contaba no seu departamento cunhas 350 copias que correspondían a un centenar de filmes documentais históricos relacionados coa agricultura e co traballo no campo galego. Un material que pasará a custodiarse e analizarse no Centro Galego de Artes da Imaxe grazas a un convenio que firmaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. Na listaxe de traballos hai documentais como
Lúpulo, que Jesús Franciso Gonzáález de la Riva y Vidiella, Marqués de Villa Alcázar, elaborou en 1950 ou
La mujer y la comunidad rural, que difunde as innovacións e coñecementos na agricultura e no medio rural..
Amplía a nova>>
18/04/2011
Comidas con premio
“Facemos as películas por moitos menos cartos do que debería ser” asegurou Luis Tosar ao recoller o premio Fernando Rey que recoñece toda a súa traxectoria. Foi unha das moitas críticas ao recortes económicos do goberno na gala dos Mestre Mateo, que premiaba os traballos audiovisuais feitos en Galicia no 2010. A película protagonizada e producida polo propio Tosar,
18 comidas, foi a gran vencedora da noite ao levar 7 premios, entre eles o de mellor película e mellor dirección para Jorge Coira. .
Amplía a nova>>
14/04/2011
Lalín acolle o primeiro encontro didáctico de animación
Exhibieránse 112 curtametraxes procedentes de 32 países chegados de catro dos cinco continentes. Trátase de Anirmau 11, un festival de animación que se desenvolve en Lalín. Como foi promovido desde o instituto local (IES Ramón María Aller), ten un marcado carácter didáctico, aínda que conta co apoio do concello (a través do Museo Municipal) e dos Cines Fílmax. De feito, o festival desenvólvese do 25 ao 30 de abril e as proxeccións realizaranse en diferentes sedes. O certame ten carácter competitivo, con premios que chegan aos 1.000 euros e trofeos para todos os galardoados. .
Amplía a nova>>
14/04/2011
Little Galicia
Con tecnoloxía de andar por casa, actores afeccionados e no tempo libre, Marcos Payno, Denís López Suso Seara botaron a andar en 2010 unha serie para web
Non saímos do lixo. Non se trata dun produto audiovisual máis, senón dunha parodia que aborda con retranca os tópicos sobre a nosa identidade, a normalización do galego e o eido da cultura. A serie calou rápidamente na rede e houbo capítulos que chegaron a ter máis de 4.000 visitas. Un éxito para o audiovisual galego que explora novos camiños..
Amplía a nova>>
14/04/2011
Os galardóns do ano
O auditorio de Ourense vístese de gala este domingo para acoller a gala que premiará os mellores traballos do audiovisual galego. O filme de Jorge Coira, 18 comidas parte como principal favorito ao contar con 16 candidaturas, entre as que destaca mellor longametraxe, mellor dirección e cinco para a interpretación (Luís Tosar, Federico Pérez e Antonio Mourelos a mellor actor de reparto; e Camila Bossa e Cristina Brondo a mellor interpretación feminina de reparto). Séguenlle de preto, a ópera prima de Luis Baquero Avilés,
Retornos, con 15 candidaturas e a comedia de Enrique Otero
Crebinsky , con 12. A película para televisión
Mar Libre, de Dani de la Torre, suma dez candidaturas..
Amplía a nova>>
13/04/2011
Galicia está incluída no Plan de Dixitalización de salas de cine que prepara o ICAA
Unha das claves do futuro das salas de cinema pasa pola súa dixitalización. O Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) está a tramitar convenios de colaboración con diferentes comunidades autónomas por importe de 2.9 millóns de euros. Un acordo que inclúe a Galicia entre as sete entidades que se están a tramitar. Esta liña de axudas pretende auxiliar ao pequeño e mediano exhibidor e permitirá a supervivencia dun gran número de cinemas. .
Amplía a nova>>
11/04/2011
O Consorcio Audiovisual levou un catálogo das producións recentes ao mercado de televisión de Cannes
O MIPTV é unha das citas de referencia dos produtos televisivos. Como é habitual, dentro da súa liña de traballo de internacionalización do sector audiovisual galeo, o Consorcio Audiovisual estivo presente nesta cita. Baixo o seu paraugas asistiron TVG, CTV, Zenit TV, Distrivisión e Maruxiña Films que regresaron da cita destacanto o “gran interese dos asistentes polo catálogo Films from Galicia”. Unha publicación editada polo Consorcio que recolle as últimas producións de ficción, animación e documental realizadas no país. O seguinte encontro no que participará o Consorcio será o Marché du Film, que coincide co Festival Internacional de Cine de Cannes, e no que presentará un catálogo de localización que está en fase de elaboración..
Amplía a nova>>