16/05/2011
Cinema Lois
Nunca se vira un Día das Letras tan multimedia. Do mesmo xeito que os músicos, son varios os creadores do audiovisual que se deixaron fascinar pola figura de Lois Pereiro. Documentais sobre a súa figura, propostas de videocreación e outros formatos mestúranse nunha auténtica marea de material filmado arredor do poeta. Benvidos ao cinema Pereiro..
Amplía a nova>>
12/05/2011
Antonio Mourelos é o único candidato a presidir a Academia do Audiovisual
Os membros da Academia Galega do Audiovisual escollerán en asamblea o vindeiro 27 de meio o actor Antonio Mourelos como novo presidente da institución. A lista que encabeza é a única que se presentou para substituír a actual directiva, presidida por Xosé Manuel Oliveira
Pico. Mourelos conta para a súa proposta con nomes dos diferentes sectores do audiovisual, como o actor Luís Tosar, o director Jorge Coira, a produtora Emma Lustres, o xornalista Xaime Arias ou o actual decano de Ciencias da Comunicación en Santiago, Xosé Pereira..
Amplía a nova>>
06/05/2011
Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira participan na VIII edición do Festival de Cans
É a festa do audiovisual galego por excelencia. Comezou sendo un festival de curtametraxes que aproveitaba que a localidade na que se celebra se le igual que a cidade francesa na que se desenvolve un festival de cine (Cannes) para tirar de ironía. Acobou por converterse nunha cita “ineludible” do calendario que mestura audiovisual (con todos os formatos posibles) con música con gran acerto. Con só oito edicións, Alfonso Pato, conseguiu organizar un festival que agrada a políticos, profesionais e público ao tempo que implica activamente aos habitantes desta localidade. Nesta edición, que arrinca o día 18 de maio, contará coa presenza de Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira que presentarán os seus últimos traballos e achegarán algunha sorpresa. Entre as novidades destaca o Can Campus, onde estudantes de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo elaborarán videoclips ao lado de expertos profesionais. Concertos, proxeccións, coloquios e premios nesta cita que terá lugar do 18 ao 21 de maio..
Amplía a nova>>
06/05/2011
Representantes da TVG explican os retos de xestión nun cumio de televisión públicas rexionais
O panorama da televisión pública de pequenos territorios está a mudar. A reducción orzamentaria, o cambio tecnolóxico, as novas estratexias empresariais (fusións, reaxustes..) e os debates sobre o modelo de financiamento son algúnhas das cuestións que se analizaron no marco da Conferencia Anual de Circom. Unha entidade que agrupa a unhas cincuenta televisións con estrutura rexional de 32 países europeos. A esta cita asistiu o xefe de comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea, e explicou que a aposta polos contidos de proximidad e o uso da lingua galega permítelle á cadea galega manter uns niveis de audiencia superiores ao trece por cento. O encontro, que se celebra en Romanía, mantense co lema “Doing better, spending less” (facelo mellor gastando menos). .
Amplía a nova>>
05/05/2011
O festival Súper8 da Coruña reflexiona sobre os arquivos e a memoria
Naceu en 2010 para dar acubillo a producións audiovisuais rodadas en Super8. Este ano celebrará a súa segunda edición e contará cunha programación na que sobresae a proxección de
Metrópolis, un clásico do cinema. A cita, que terá lugar o 1 de xuño, supón a exhibición da versión completa dirixida por Fritz Lang e acompañada cun cncerto en directo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Obradoiros, exhibicións e conferencias completan un programa que este ano se centra nos arquivos a redes e a memoria. .
Amplía a nova>>
04/05/2011
A hora da curta
Mudaron as formas de consumo audiovisual e mudaron os xéneros. Antes, as curtametraxes eran un xénero menor, que lle servía de campo de traballo aos cineastas para curtirse antes do salto á longa. Nos últimos anos, as curtametraxes foron mellorando a calidade ata ter entidade suficiente por si mesmas. Mañá comeza en Santiago a oitava edición de Curtocircuíto, festival deste xénero que serve de termómetro do que se está a facer en Europa. Pero tamén de como lle afecta a crise..
Amplía a nova>>
04/05/2011
"Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego", di Miguel Anxo Fernández
“Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego”, sostivo o crítico Miguel Anxo Fernández na xornada de reflexión e debate “A lingua do cine. A lingua e o cine”, dirixida pola realizadora e catedrática da Universidade de Santiago, Margarita Ledo, e celebrada esta tarde na Biblioteca do Consello da Cultura Galega. O debate contou coas intervencións do director brasileiro Carlos Gerbase, o Director do Institut Catalá de les Industries Culturals, Ton Lladó, e os apuntamentos do director, productor e creador cultural galego Antón Reixa..
Amplía a nova>>
29/04/2011
TVG incorpora tres series de animación galegas á programación da segunda canle
A tropa de trapo,
Caracois e
Contos do camiño comparten varios denominadores comúns: son producións de animación galegas, en galego e as novas apostas da programación da segunda canle da CRTVG, a TVG2. A primeira en incorporarse foi
A tropa de trapo que xa se emite, en horario de 7:30 a 8:00 de luns a venres, e que leva a pequena pantalla as aventuras dos personaxes de
A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol. O vindeiro luns comezarase a emitir
Caracois, adaptación de formato breve (6 minutos de duración) das historais basedas no álbumes ilustrados de Armando Quintero e André Leira. En maio (en horario de 17:00 a 17:30 horas), emitirase outra adaptación literaria á pequena pantalla, a feita por OQO Films
Contos do camiño..
Amplía a nova>>
26/04/2011
O Festival de Cans potenciará o diálogo co público coa presenza de Fernando León
É unha liña de traballo do festival o buscar diálogo entre o público e creadores audiovisuais. Nesta edición será o director Fernando León de Aranoa (Madrid, 1968) quen participe nesta sección. Baixo o título “Afectos Secundarios” o cineasta exhibirá tres pezas da súa carreira que el mesmo seleccionou. Son
Grúa, único spot rodado polo director que xira en torno á educación vial,
Me llaman calle, un videoclip rodado para Manu Chao en 2009 e
Rumbita unha gravación doméstica de Manu Chao e os seus músicos. Ademais, dentro desta liña de encontros co público tamén participará Jorge Coira, nesta ocasión ofrecerá unha peza inédita que gravou para a súa película
18 comidas (sería a comida número 19) pero que decidiu non incluir no filme..
Amplía a nova>>
26/04/2011
A hora das mulleres
Existen cada vez máis mulleres que se dedican de xeito profesional ao sector audiovisual e cada vez con máis postos de responsabilidade. Pero tamén é certo que o seu traballo acaba por ser invisibilizado. Polo menos así o sinten as participantes do ciclo “Creadoras galegas de imaxe”, coa que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega quere reivindicar o seu protagonismo..
Amplía a nova>>