Novas | 2251 a 2260 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

27/05/2011
Héctor Carré regresa á dirección con Personal Movie, producida por Sun Lua

Un mozo érguese pola mañá e descubre na neveira un brazo cunha tatuaxe. Como non recorda nada desde a festa do día anterior, opta por non chamar a policía. Así comeza o último filme de Sun Lua e Filmanova, Personal Movie. Dirixida polo coruñés Héctor Carré que regresa a dirección logo varios anos, tras dedicarse ao guión de, entre outros filmes, O neno de barro (Adivina Producións) . O filme está aínda en fase de rodaxe pola zona da Coruña (a vindeira semana estarán en Bastiagueiro) e ten prevista a súa chegada a salas no primeiro semestre de 2012. . Amplía a nova>>

27/05/2011
Antonio Mourelos presidirá a Academia Galega do Audiovisual

Esta tarde terá lugar a asemblea da Academia Galega do Audiovisual na que se elixirá ao novo presidente deste organismo. E será, se non acontece nada imprevisto, Antonio Mourelos xa que é o único candidato que opta ao posto. Na súa listaxe conta co director Jorge Coira, o actor Luis Tosar, a produtora Enma Lustres, o guionista Daniel Domínguez e o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, entre outros. Mourelos presidirá a Academia nun momento complicado para o sector ante o recorte de axudas anunciadas pola Xunta que destinará ao sector 6 millóns de euros entre a Agadic e o Consorcio Audiovisual de Galicia.. Amplía a nova>>

26/05/2011
Todos vós sodes capitáns, de Óliver Laxe, estrearase en tres salas comerciais

Non é habitual que este tipo de filmes cheguen a salas comerciais, por iso, aínda que só sexan 3 copias é destacado que o filme de Ólive Laxe, Todos vós sodes capitáns, chegue a salas comerciais. Será na Sala Berlanga (Madrid), os Cinemes Girona (Barcelona) e tamén os Filmax (A Coruña) onde se poderá ver este filme galardoado co premio Fipresci. A película rodouse en Marrocos e conta a historia dun grupo de rapaces dun centro de acollida que participaban nun obradoiro de cine. Foi galardoado co premio Fipresci para novos realizadores na pasa edición do festival de Cannes, máis unha traxectoria exitosa en festivais. Está previsto que se emita pola canle de pago TCM, en datas aínda sen precisar. . Amplía a nova>>

25/05/2011
Roberto Varela insiste que a política audiovisual está unificada entre o Consorcio e Agadic

“Todas as competencias sobre o audiovisual coordínanse dentro do marco da área de Cultura” asegurou Roberto Varela, conselleiro de Cultura, no marco dunha intervención no Parlamento. Con todo, recoñeceu que son a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consorcio Audiovisual as dúas entidades que xestionan e coordinan as políticas públicas nesta materia. Varela anunciou unha “liña de axudas para a actualización das pantallas de cine aos novos sistemas dixitais e se garantirá un marco estable de apoio a festivais”. Ademais, no ámbito da internacionalización apuntou varias liñas: desde potenciar a Galicia Films Comission para atraer rodaxes; promoción en mercados exteriores e o reforzamento dos programas de coproducións (Semprecinema, Raíces, Galicia Brasil) así como os catálogos “curtas”, e “docs”. Alén de insistir que en breve se presentarán os sitios webs corporativos (que contarán cunha canle de visionado de productos audiovisuais), cifrou o apoio ao sector en 6 millóns de euros.. Amplía a nova>>

24/05/2011
A lingua, o cinema e as pantallas

Estes días está en carteleira “Doentes”, unha produción rodada íntegramente en galego. Unha aposta arriscada por parte de Filmanova, que puxo cinco copias nas carteleiras, e que pensou no mercado exclusivamente galego. Nos últimos tempos, estase a notar certo aperturismo por parte dos produtores audiovisuais que asumen o compromiso de rodar en galego pero quedan camiños por percorrer: público e administración, que teñen moito que dicir para contribuír á normalización cinematográfica.. Amplía a nova>>

23/05/2011
Estereoscopía e Birdboy, gañadores no VIII festival de Cans

Estereoscopía é a terceira parte da pentaloxía que Xacio Baño dedicou a explorar os sentidos, mentres que Birdboy é unha metáfora dos problemas dos adolescentes. Ambas son as gañadoras da VIII edición do Festival de Cans e recibirán 1.500 euros máis o correspondente Can de Pedra. O público, que este ano bateu marcas de participación, votou a Vicenta, na categoría de animación e a De que rin as hienas en ficción. Esta última produción, marchou de Cans coas mans cheas, ao recibir tamén os premios a mellor interpretación feminina e mellor guión.. Amplía a nova>>

20/05/2011
Chega as carteleiras Doentes o filme que narra a reconversión do Hostal dos Reis Católicos

Todo o mundo sabe que o Hostal dos Reis Católicos foi un hospital que sanou as doenzas de peregrinos e probres ata a década dos 50, que cambiou de nome para converterse nun hotel de luxo. O dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño sitouse no momento desa reconversión para narrar Doentes, a historia dun vellor cura castrense e un tísico que quedan á intemperie na noite compostelá. A que foi unha obra de teatro, chega hoxe ás carteleiras (Santiago, Vigo, Lugo, Vilagarcía e A Coruña) en forma de longametraxe da man de Filmanova e Zircozine, cunha produción feita e rodada íntegramente en galego. . Amplía a nova>>

20/05/2011
A BD ocupa o seu espazo en Cans

A edición deste ano do Festival de Cans préstalle unha especial atención á banda deseñada. Por unha banda, o debuxante David Rubín presenta o sábado 21 ás 17 horas, no marco do ciclo Mirada de Cans Can Car Oddisey, unha curtametraxe de imaxe real que ironiza sobre o propio mundo do audiovisual galego. Na mesma sesión, que introducirá Manuel Rivas, proxectarase tamén o documental Radiografía dun autor de tebeos que realizou Marcos Nine sobre Rubín. Xa na tarde anterior, venres 20, a sección Fillos de cans acolle ás 18:30h a presentación da longametraxe Arrugas, que adapta a BD homónima coa que Paco Roca obtivo o Premio Nacional de Cómic. Finalmente, na sección de Animación poderá verse a partir das 16:30 horas do sábado a curtametraxe Birdboy, codirixida por Alberto Vázquez e baseada na súa banda deseñada Psiconautas.. Amplía a nova>>

19/05/2011
Outra perspectiva

Hai moitas formas de mirar o festival de Cans en Porriño,tantas como queira miralo cada un. “Hai quen só quere asistir aos coloquios, quen só vai aos concertos, quen se senta nun prado cunha cervexa e se dedica a asistir a contemplar o desfile dos chimpíns” explica Alfonso Pato, ideólogo deste festival que co seu “agroglamour” conseguiu chamar a atención dos medios de comunicación de toda España. Pero Pato considera que existe “moito máis que esa imaxe friki” que se vendeu. Negocios, proxeccións inéditas e unha sección oficial moi competitiva converten a Cans nalgo máis que un festival popular.. Amplía a nova>>

16/05/2011
A animación con participación galega triunfa no Curtocircuíto 2011

Con participación galega na produción ou na área creativa, as curtas de animación foron as protagonistas dos premios Curtocircuíto 2011. No Premio RTP-Onda Curta, o segundo gañador foi Gato Encerrado de Peque Varela (España/Arxentina), no premio á mellor animación Compostelae, o gañador foi O Zapateiro de David Doutel e Vasco Sá, con significativa participación na produción da produtora coruñesa IB Cinema. Na mellor animación internacional, gañou Birdboy de Pedro Rivero e o debuxante galego Alberto Vázquez. O premio especial á mellor curta galega foi para Estereoscopía de Xacio Baño. Esta edición de Curtocircuíto tamén premiou, entre outros, á Mellor Ficción Compostelae foi para El Grifo de Denis Rovira Van Boekholt. Baby de Daniel Mulloy, Reino Unido, levou o galardón á mellor ficción internacional, e o mellor documental internacional foi para El Somriure Amagat de Ventura Durall. O premio especial do público recaeu en Vicenta de Sam Orti Marti.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org