15/06/2011
BNG e PSdeG piden que AGADIC asuma formalmente as competencias no sector audiovisual
Ana Pontón, deputada do BNG, propuxo onte no Parlamento unha iniciativa que pedía a disolución do Consorcio Audiovisual de Galicia (e que as súas competencias as asuma a Agadic), incrementar os investimentos da Xunta nesta materia, cumprimento da obriga legal da CRTVG de invertir no financiamento, recuperar o proxecto de Flocos.tv e elaborar un Plan Estratéxico para o sector, entre outras medidas. A súa proposta contou co apoio do PSdeG, pero non co do PP que fixo valer a súa maioría para desbotar a moción. O deputado popular de Cultura, Ignacio López-Chaves, aproveitou a súa intervención para cifrar en 42 os proxectos audiovisuais que están en marcha neste 2011, fronte os 42 do ano anterior. .
Amplía a nova>>
10/06/2011
Un coruñés trunfa na República Dominicana cunha serie de terror
Despois de traballar na TVG, na BBC (como produtor de varias edicións do concurso Wildlife Photographer of the Year) e mesmo para o grupo Inditex, o produtor Gus Sención está a trunfar na República Dominicana cunha serie para televisión. Chámase
O límite da realidade e consiste nunha docu-serie de terror con historias que o público lle remitiu ao equipo do programa e que está a bater marcas de audiencia. Por outra banda, a produtora viguesa Verbe Audiovisual é a empresa que firma ovídeo co que unha coñecida marca de bebidas enerxéticasque recibiu en Youtube preto de 77.000 visitas..
Amplía a nova>>
10/06/2011
Vaca Films estrea Secuestrados en Estados Unidos, Xapón e Rusia
Naceu co obxectivo de facilitar a promoción e as vendas do cinema español no estranxeiro. Cun recorte orzamentario do 35% pretenden exhibir 45 filmes españoles nos visionados (cen títulos máis na plataforma dixital Veospain) diante de 75 compañías internacionais. Esta edición de
Madrid de Cine-Spanish Film Screenings contará coa presenza da produción galega
18 comidas. Quen xa ten acordada a súa presenza nas pantallas de numerosos países é
Secuestrados que logo de chegar a Turquía esta fin de semana e ocupar o posto número 5 das películas máis vistas da semana en Hong Kong, proxectarse nos cinemas de Estados Unidos , Rusia (200 copias), Xapón (10 copias) e outros cincuenta países. .
Amplía a nova>>
09/06/2011
PP e PSdG chegan a acordo para reformar a lei da CRTVG
Malia que o BNG abandonou a ponencia parlamentaria que acometía a redacción do texto da futura Lei da CRTVG, os outros partidos (a saber, PP e PSdG) chegaron a un principio de acordo. Entre os futuros cambios destacan principalmente catro: en primeiro lguar que TVG e RG confluirán nunha única entidade; en segundo lugar que o seu director será escollido por maioría de dous terzos no Parlamento (tres quintos se é en segunda votación); terceiro, que se reducirá notablemente o Consello de Administración, que xa non contará con cargos políticos. E, por último, contará cun consello de redacción para velar pola información independente. O documento queda pendente do visto bo dos dirixentes dos dous partidos, mentres que BNG anunciou que presentará un texto propio nos vindeiros días..
Amplía a nova>>
08/06/2011
A Academia do Cine premia un programa de audiovisual escolar que non se realizou este ano
Audiovisual nas aulas é un programa que o Consorcio Audiovisual de Galicia mantén desde o ano 2003 co obnxectivo de introducir aos escolares de ensinos non universitarios nocións de linguaxe audivisual. Pois ben, a iniciativa pola que teñen pasado preto de 6.000 alumnos acaba de ser galardoada co Premio González Sinde que concede a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Acontece que o galardón chega no curso académico no que o Consorcio non organizou este programa. Fontes desta entidade aseguran que se está a preparar a edición de 2011-2012 coa mesma orientación e obxectivos..
Amplía a nova>>
07/06/2011
Unha vintena de títulos compoñen a Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo
O Museo do Pobo tivo desde as súas orixes, unha acusada querencia polo cinema. De feito, arrincou co primeiro presidente do padroado, Xoaquín Lorenzo
Xocas, quen lle legou ao centro os dereitos de
o Carro e o home. Desde moi cedo, o Museo aproveitou toda oportunidade para dar a coñecer as tradición, costumes e formas de vivir e pensar a través do audiovisual. Entre as actividades desta materia destaca a Mostra de Cinema Etnográfico, cuxa edición de 2011 arrinca hoxe con 19 títulos en 9 sesións. O proxecto arrincará coa sección de Cinema Histórico dedicada este ano a José Val del Omar con presentación a cargo de Pepe Coira. Seguirá a sección Carlos Velo onde se pasarán cintas escollidas desde o Museo con importante peso das realizacións galegas, e conta tamén coa Sección Espiello formada polos documentais gañadores no festival de mesmo nome. A cita desenvólvese ata o vindeiro 15 de xuño..
Amplía a nova>>
07/06/2011
O BNG deslígase da ponencia para a reforma da CRTVG
Non foi o procedemento para nomear ao director –xerente da CRTVG, senón as “diferencias de fondo” as que fixeron que o BNG abandonara a ponencia para reforma da Lei da Compañía da CRTVG. Deste xeito queda paralizada a posibilidade de modificar, por consenso, a Lei 9/1984 que regula a organización dos medios públicos agrupados na CRTVG (ou sexa, a TVG e a Radio Galega). Segundo declarou a deputada nacionalista Ana Pontón o texto non era moi ambicioso en canto a promoción do idioma e non apostaba por unha verdadeira rexeneración democrática. Este grupo parlamentario ofrecerá esta semana a súa propia versión para a reforma..
Amplía a nova>>
06/06/2011
Doentes chegará a Moscova e Dobao remata a rodaxe de Sinbad
Chegou as carteleiras galegas hai unha semanas e inicia agora o seu percorrido por festivais.
Doentes (Filmanova e Zircozine) foi seleccionada para participar na 33 edición do Festival Internacional de Cine de Moscova na sección
Focus on Spain. Hai máis novas para o audiovisual galego, xa que Antón Dobao rematou a rodaxe da súa adaptación da popular obra de Álvaro Cunqueiro
Si o vello Sinbad volvese ás illas. A película, que se emitirá na Televisión de Galicia baixo o nome de
Sinbad, enmárcase no ciclo Un mundo de historias. E remata este repaso pola actualidade da produción audiovisual cunha publicación. Martin Pawley, José Manuel Sande e Xurxo González elaborarán a primeira monografía sobre o que deron en chamar
Novo Cinema Galego..
Amplía a nova>>
06/06/2011
Compostela na memoria
Reconstruír a historia de Compostela entre 1900 e 1975 a través dos recordos dos seus habitantes. Esta é a proposta de
A memoria da xente unha exposición que está a circular polos centros socioculturais de Santiago. A coincidir coa mostra, recóllense e escanéanse fotografías antigas e outros materiais que queiran achegar os veciños e vanse completando videos e paneis. Agora, ademais, o proxecto conta cunha páxina web na que se van publicando os contidos que se van icorporando ao mesmo, e que inclúe unha sección dedicada a aqueles composteláns que viviron a represión franquista. Achegámoste unha mostra dos contidos que fan parte deste proxecto..
Amplía a nova>>
30/05/2011
Agadic convoca as axudas á produción audiovisual que reducen a contía en dous millóns
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas á produción e coprodución audiovisual. É a liña de subvencións máis destacada para o sector audiovisual galego que reducen a súa contía en dous millóns de euros, pasando dos 4.9 millóns de 2010 a 2.9 millóns neste ano. A convocatoria mantén os memos parámetros de valoración (contidos culturais, o galego como lingua de rodaxe e primar a presenza de mulleres no equipo, entre outros) que en convocatorias anteriores e hai un mes para presentar as solicitudes..
Amplía a nova>>