30/06/2011
O Clúster Audiovisual aproba unhas contas que dán por superada a crise financeira interna
Hai un ano, o Clúster Audiovisual Galego atravesou por unha difícil situación financiera. E embargo, tal e como anunciaron na asamblea xeral na que aprobaron por unanimidade a súas contas, superaron ese momento. A asamblea, que ratificou a entrada de tres novos socios, presentou oas vindeiras asistencias a mercados (IBC Amsterdam, en setembro; Broadcast en Madrid en outubro; e cun stand compartido ao FICOD, tamén en Madrid, para novembro). Na xuntanza destacaron a conveniencia para o futuro do sector audiovisual a súa aproximación ás TIC, e a necesidade de transmitirle ás diferentes administracións teñan en consideración o carácter industrial do sector audiovisual galego..
Amplía a nova>>
30/06/2011
O Festival de Ourense exhibirá o audiovisual chegado das mellores escolas de cine
Non son producións escolares ao uso, son os traballos dos centros formativos de referencia no audiovisual estatal. A Escola Superior de Cine e Audiovisual de Cataluña (ESCAC), e a Escola de Cine e Audiovisual de Madrid (ECAM) presentarán escolmas dos seus traballos no marco de
Baixo as estrelas, o programa de exhibición cinematográfica do festival de cine de Ourense para os meses de verán. As proxeccións terán lugar cada venres (ás 23:00 horas, na praza de San Martiño) e serán de balde..
Amplía a nova>>
29/06/2011
O Ministerio de Cultura contabiliza de forma oficial espectadores fóra das salas de cinema
O visionado remunerado dun filme a través de Internet contará como espectadores oficiais do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais. E, polo tanto con validez no cómputo establecido no acceso ás axudas estatais para a amortización de longametraxes. Así figura na Orde Ministerial que onte saíu publicada no BOE que revisa e actualiza os procedementos para a acreditación e certificación doutras formas de visionados (internet, soportes físicos e accesos a festivais e certames remunerados)..
Amplía a nova>>
29/06/2011
Estes clips soan
Por número, por calidade e por relevancia, o videoclip galego está a vivir un bo momento. Sábeo ben Alfonso Pato, ideólogo do festival de Cans e do extinto programa Onda Curta, que cada ano se sorprende pola calidade deste tipo de traballos. “O clip non é só meterlle unhas imaxes á música dun grupo, poñer a
banda audiovisual a unha canción, o clip é algo máis: ten que ter actitude e estética”. Revisamos algúns dos creadores que están a despuntar neste xénero..
Amplía a nova>>
28/06/2011
Empresas galegas anticiparán os seus traballos en Mundos Dixitais
O vindeiro 7 de xullo terá lugar, no marco de Mundos Dixitais, unha xornada centrada no cinema e na aniamción. Unha cita na que haberá presentación de tres empresas galegas. Destaca Perro Verde Films, que despois de facelo no festival de curtametraxes de Cans, achegará un adianto de
Enrugas (a adaptación cinematográfica en 2D sobre a banda deseñada de Paco Roca co que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008). Canda esta, Otiiplanet exhibirá fragamentos de de
Rascayú, a serie de animación na que actualmente traballa Juan Nouche. Completa a presentación galega Moonbite Games, outra spin off da Universidade de Santiago de Compostela..
Amplía a nova>>
27/06/2011
O cofundador de Pixar é un dos reclamos do festival Mundos Dixitais
O X Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital quenta motores. Á falta dunha semana, xa se coñece o programa definitivo dun encontro que ten como principal reclamo a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar que recibirá o Premio Especial do festival e ofrecerá unha conferencia (sábado o, ás 18:00 horas). O encontro seguirá fiel ao seu estilo e programa 35 actos entre conferencias, proxeccións, charlas dirixidas ao sector da animación, o deseño e as novas tecnoloxías. Haberá tamén xornadas de “recrutamento” para que profesionais “fichen” a talentos descoñecidos e outras de exhibición. A cita arrincará o vindeiro 6 de xullo na Coruña..
Amplía a nova>>
23/06/2011
A figura de Álvaro Cunqueiro protagoniza un documental que se emite en TVE 2
A serie
Imprescindibles emite mañá venres (TVE 2, 22:00 horas) un documental sobre a figura de Álvaro Cunqueiro. Imaxes de arquivo nas que o propio Álvaro Cunqueiro fala da súa literatura, dos seus amigos e dos seus gustos. Iso, completado coa visión del a cargo de familiares, escritorse, amigos e especialistas como César Antonio Molina, Francisco Fernández del Riego ou Nélida Piñón, máis un ensaio dunha das pezas máis importantes da súa produción,
Don Hamlet. Con este material, Miguel Anxo Murado escribe o guión dunha produción que ten a Antón Reixa como director. .
Amplía a nova>>
23/06/2011
Ángel de la Cruz dirixirá a adaptación audiovisual das historias do detective Frank Soutelo
Un nicho para Marilyn(Galaxia) é a novela que veu nacer a personaxe de Frank Soutelo, un particular detective que naceu en California pero de pais galegos. Agora, cando a personaxe vive a súa cuarta aventura (a cuarta novela está titulada
Lume de cobiza) relacionada coa especulación urbanística relacionada coa vaga de lumes do ano 2006, anúnciase a súa versión audiovisual. Será Ángel de la Cruz o encargado de transformar en imaxes as aventuras de Soutelo. Terá forma de 33 capítulos a modo de
road movie e o proxecto está en fase de busca de financiamento..
Amplía a nova>>
20/06/2011
FAPAE premia a Cela 211 como película española con máis traxectoria internacional en 2011
No transcurso da presentación da nova edición do "Madrid de Cine" que organiza FAPAE (Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles), a entidade anunciou que o Premio FAPAE á película española con máis traxectoria internacional en 2011 foi Cela 211, producida por Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar. .
Amplía a nova>>
15/06/2011
As emisións monolingües marcan o límite dos nacionalistas para sumarse ao pacto da CRTVG
O BNG saliu onte, en palabras do seu voceiro Guillerme Vázquez, a denunciar “presións” para sumarse ao consenso do PPdeG e PSdeG sobre a reforma da CRTVG. Vázquez deixou moi claro que un dos desencontros entre o seu partido e o resto para aceptar ese texto pasan pola defensa do idioma. “Se a CRTVG non é monolingüe en galego non sei que papel vai poder xogar” alegou Vázquez. Pola súa banda, Ana Pontón criticou o poder “ilimitado” que se lle dará ao director xeral do ente e lamenta que non apareza a creación do Consello Galego do Audiovisual..
Amplía a nova>>