Rodada en galego, español, inglés e alemán, con Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo e Farruco Castromán como protagonistas. Os Crebinsky é a comedia cento por cento galega que chegará a carteleiras este venres. Vaino facer con dous premios: dunha banda o premio Alma ao mellor guionista novel (para Enrique Otero e Miguel de Lira) no marco do Festival de Cine de Málaga; e da outra, co “Signis” á mellor longametraxe, galardón que concede a Diocese de Málaga a filmes que promoven os dereitos humanos e que reflexionen sobre cuestión da realidade social.