31/01/2011
Increméntase o número producións audiovisuais que optan aos Mestre Mateo 10
Se no ano 2010 foron 101 as producións presentadas aos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, en 2011 os traballos incrementáronse un 28%. En total, son 130 as producións que se presentan a estes premios que inician agora a súa primeira fase de votacións. Para Xosé Manuel Olveira, “Pico”, presidente da Academia Galega do Audiovisual, este incremento débese ao traballo desenvolvido por V Televisión. De feito, no apartado de programas para televisión hai 36 traballos presentados, mentres que no de obra publicitaria 17. Os premios entregaranse en Ourense en abril, nun formato de gala que se decidirá este venres, no marco dunha asamblea extraordinaria que convocou a Academia Galega do Audiovisual. .
Amplía a nova>>
28/01/2011
Comeza en Santiago a rodaxe de Lobos de Arga unha comedia de terror sobre lobishomes
Unha historia de homes lobo, ambientada nun pobo ficticio (Arga, que dá título ao filme) que xunta o saber facer da produtora coruñesa Vaca Films á fronte de historias de terror (Cela 211, Secuestrados…) e o talento no ámbito da comedia de Telespán (“Al otro lado de la cama”, “Días de Futbol”, “Pagafantas”…). O resultado é
Lobos de Arga, “unha comedia de terror”, en palabras do director e guionista, Juan Martínez Moreno. Un ambicioso proxecto (cun orzamento de cinco millóns de euros) pensado para o gran público que ten como fonte de inspiración películas como
El día de la bestia e que chegará a carteleira para Halloween de 2011. A rodaxe comezará o vindeiro luns 31 nos arredores de Santiago, e conta con actores como Gorka Otxoa, Carlos Areces, Secun de la Rosa e os galegos Mabel Ribera, Luis Zahera ou Dorotea Bárcena. .
Amplía a nova>>
28/01/2011
As axudas do sector audiovisual volveranse convocar en Agadic e non no Consorcio Audiovisual Galego
Moitas expectativas xenerou a xuntanza celebrada onte na sede da Consellaría de Cultura. Era unha reunión ordinaria do Consello de Dirección do Consorcio na que se decidiría o plan de actividades desta entidade e esperaba que marcaría unha nova etapa. Segundo unha nota de prensa, alí aprobouse que no mes de febreiro se convocarían as liñas de axudas para o sector e que sería a Agadic a entidade encargada de facelo. O Consorcio, pola súa parte, seguirá mantendo a convocatoria do Fondo Raíces e a continuidade de “Semprecinema” (instrumento público-privado coa antiga fundación Caixa Galicia para impulsar proxectos cinematográficos). Ademais, continuará co proxecto formativo (inglés para profesionais, audiovisual nas aulase o curso de prosgrao sobre comercialización de contidos audiovisuais) e a presenza en foros e mercados do ámbito español e internacional. Toda a información sobre o sector audiovisual galego estará centralizada no sitio web do Consorcio Audiovisual Galego que será presentado en breve..
Amplía a nova>>
26/01/2011
A Asociación Cultural Senunpeso volve convocar a afeccionados e profesionais do sector audiovisual
Conferencias, obradoiros, estrea de traballos audiovisuais… as Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 011 comezarán en Vedra o vindeiro 12 de febreiro. Durante dúas fins de semana haberá actividades relacionadas co mundo audiovisual. Obradoiros (entre as novidades o curso de realización de videoclips), xunto con conferencias, a estrea de 7 curtametraxes e un videoclip conforman o programa que organiza a Asociación Cultural Senunpeso.
.
Amplía a nova>>
26/01/2011
A Academia Galega do Audiovisual alerta que os Mestre Mateo poden non celebrarse este ano
A falta de concreción dos apoios (consellaría de Cultura, Comunicación, Industria e a CRTVG) que tradicionalmente viña recibindo a Academia Galega do Audiovisual fai que as actividades desta entidade estean en suspenso. Entre elas, a celebración dos Premios Mestre Mateo. Así o pon de manifesto nunha extensa carta que a Academia remite aos seus socios convocándoos a unha xuntanza na que, alén de informar da situación financiera, poidan decidir “o tipo de formato de gala que se pode levar adiante”. Esta edición dos Mestre Mateo ía desenvolverse en Ourense no mes de abril. A asamblea extraordinaria terá lugar o venres 4 de febreiro, na sede da Fundación Caixa Galicia (Vilar, 19) ás 18:30 horas. .
Amplía a nova>>
26/01/2011
O CGAI abre ao público unha mediateca con máis de 7.500 filmes
7.500 títulos en DVD, 10.000 libros e 6.000 revistas. Estas son as cifras da mediateca que o Centro Galego de Artes da Imaxe acaba de abrir ao público. Estará aberta de 10:00 a 14:00 horas con dez postos de consulta para investigación, cinco cabinas de visionado. A mediateca, que levará o nome do anterior director do CGAI, José Luis Cabo, emprestará as producións audiovisuais sobre as que a Xunta ten dereitos de difusión e as películas restauradas polo CGAI..
Amplía a nova>>
26/01/2011
Historias por todas as vías
Grazas ao Festival Amal, en Santiago se puideron ver, por exemplo, moitas das historias persoais que non abordaron os medios de comunicación sobre o ataque israelí sobre Gaza, ademais do seu impacto sobre Palestina. Diferentes puntos de vista, historias contadas en primeira persona, algunhas delas rodadas con moito sixilo e enviadas en segredo para participar nun festival que pretende dar a coñecer a cultura árabe. O festival Amal, que significa esperanza en árabe, cumple este ano nove edicións e quenta motores..
Amplía a nova>>
25/01/2011
Sánchez Izquierdo propón no Parlamento transformar a CRTVG nun sistema de servizos audiovisuais
No marco da relatorio parlamentario no que estuda a reformulación da lei da Compañía de Radio Televisión de Galicia, o director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo propuxo unha reformulación completa da súa estrutura actual. Na súa intenvención propuxo transformalo nun “sistema público de servizos audiovisuais” que “abandone a idea de televisión convencional”. Ademais, explicou que a CRTVG ten dous problemas estruturais que son o modelo de negocio dunha banda, e o desequilibrio da estrutura de persoal. En canto ao custe para os orzamentos da Administración, a CRTVG só supón un 0.9% do orzamento total e recalcou o seu valor para a “consolidación da cultura e o idioma galego”..
Amplía a nova>>
21/01/2011
Tres filmes relacionadas con Álvaro Cunqueiro están en proceso de recuperación
Alén de escritor e xornalista, Álvaro Cunqueiro tamén extendeu a súa actividade cara o ámbito audiovisual.
La Voz de Galicia publica hoxe que tres títulos vencellados co escritor foron localizadas e están en proceso de restauración. Trátase de dúas curtametraxes de carácter documental (35mm) e media hora de duración das que Álvaro Cunqueiro fixo o guión. Son, dunha banda,
Galicia do malogrado Claudio Guerín e da outra
Viaje gastronómico por Galicia de Pedro Olea. Ademais, hai unha mediometraxe
Verde e mar de José Grañena que está depositado no CGAI e na que Álvaro Cunqueiro fai unha pequena presentación. .
Amplía a nova>>
21/01/2011
Dous exdirectores da CRTVG apostan polo canon na nova lei que regula esta entidade
Francisco Campos e Benigno Sánchez coñecen ben a dinámica da CRTVG porque foron directores do ente público. Ambos os dous participan nas propostas que se están a debater para redactar a nova lei da CRTVG e coinciden en apostar porque o texto deixe “a porta aberta” ao establecemento dun canon, tando en conta a situación incerta do modelo de xestión público/privado. O deputado do PPdG, Pedro Puy, recolleu a opinión destes expertos ao afirmar que non lle parece unha mala opción .
Amplía a nova>>