Novas | 2271 a 2280 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

16/02/2011
As produtoras audiovisuais acoden a Berlin baixo o paraugas do Consorcio Audioviual

Na súa dinámica de traballo habitual, o Consorcio Audiovisual de Galicia acode a unha nova edición do European Film Market, o mercado paralelo á Berlinale. Un paraugas que lle permite a dez empresas (Vaca Films, O grelo producións, Xamalú, Frida Films, Continental, Costa Oeste, Vimbio, Artefacto, Matriuska e Cinemar) acudir a un dos principais mercados audiovisuais de Europa. . Amplía a nova>>

14/02/2011
Rodrigo Cortés consegue tres Goyas nunha noite na que Pa negre deu a sorpresa

Mellor montaxe, mellor guión e mellor son. Son as tres estatuíñas polas que o ourensán Rodrigo Cortés subiu ao escenario na 25 gala dos Goya. Cortés, que además de ser o guionista, director, montador e intérprete da canción orixinal da súa segunda longametraxe Buried, foi a nota galega dunha gala que tivo un claro acento catalán. O filme de Agustí Villaronga, rodado en catalán, foi o gran vencedor da noite con nove premios, entre eles mellor película, mellor director, mellor actriz principal (Nora Navas) e secundaria (Laia Marull), mellor guión adaptado, mellor actor e actriz revelación (Francesc COlomar e Marina Comas), entre os máis importantes. Javier Bardem converteuse no actor máis laureado do cinema español ao incrementar a súa nómina de Goyas a mellor actor. Unha candidatura para o que tamén era finalista Luís Tosar.. Amplía a nova>>

10/02/2011
Quintanilla: “Dá igual onde se convoquen as axudas ao sector porque Agadic e Consorcio teñen o mesmo presidente”

Coñece ben o ámbito audiovisual porque leva traballando nel toda unha vida. Anxo Quintanilla aterrou no Consorcio Audiovisual de Galicia nun momento complicado, cando agromaba a crise do sector e no momento no que a Xunta anunciaba unha redefinición da política audiovisual. O seu mandato cumprirá un ano nos vindeiros meses e, malia as críticas do sector que botan en falta cambios e unificación na política audiovisual herdada do bipartito, fala dun período de transición que está marcado pola coordinación con outras entidades e o diálogo co sector. . Amplía a nova>>

09/02/2011
Agadic e o Consorcio buscan un local común para coordinar as súas actividades

“Existe coordinación total e absoluta entre o Consorcio Audiovisual e a Agadic” así de claro é Anxo Quintanilla, director-xerente do Consorcio nunha entrevista que publicará mañá Culturagalega.org. Nela, asegura que se está a buscar un espazo físico común para estas dúas entidades. “Canta máis proximidade teñamos, moito mellor funcionaremos” asegura Quintanilla ao tempo que lembra que as dúas entidades teñen o mesmo horizonte porque "están presididas pola mesma figura: o conselleiro de Cultura”. Mentres desde Agadic informan que nas vindeiras semanas sairán as convocatorias de axudas para o sector (produción, desenvolvemento, talento audiovisual…); o Consorcio asegura que están a ultimar as liñas de apoio a festivais, as bolsas de estudos e cursos, así como a promoción e difusión das producións audiovisuais e o plan de internacionalización e apoio a asistencia a mercados.. Amplía a nova>>

09/02/2011
Un documental abre as actividades para homenaxear a Valle Inclán

Coa iniciativa da Fundación Valle Inclán e co apoio da Consellaría de Cultural, Vilanova acolleu onte a presentación dun proxecto audiovisual Romance de lobos en terras de Arousa. Trátase dun documental, producido por Xoán Xosé Mariño, que fará un percorrido por Vilanova, Vilaxoán, Vilagarcía ou Cambados, lugares nos que se ambientan moitas das obras de Valle Inclán. Esta actividade insírese dentro dos actos previstos para celebrar o 75 aniversario do seu pasamento e que tiveron un anticipo en xaneiro, cunha ofrenda floral.. Amplía a nova>>

08/02/2011
Luis Tosar recibe o premio Málaga Sur pola súa “extensa e exitosa” traxectoria

Tres Goyas (Douche os meus ollos, Cela 211 e Os Luns ao sol) e innumerables recoñecementos en mostras, festivais e semanas oficiais dedicadas ao audiovisual. A traxectoria e o saber facer de Luis Tosar acaba de valerlle o premio Málaga Sur, galardón que outorga o Festival de Cine de Málaga, o máis importante do cine español. A edición deste ano desenvólvese entre o 26 de marzo e o 2 de abril.. Amplía a nova>>

07/02/2011
A Academia do Audiovisual buscará outras vías de financiamento para os Mestre Mateo

A día de hoxe, a Academia Galega do Audiovisual ten confirmados 90.000 euros por arte da COnsellaría de Cultura e 20.000 da Deputación de Ourense. Lonxe están dos 300.000 euros que esta entidade dispuña para a celebración dos Mestre Mateo noutras edicións. Por iso, a entidade desenvolveu o pasado venres unha xuntanza na que os seus socios acordaron manter a actividade e buscar outras vías de financiamento para poder desenvolver este evento clave para o sector audiovisual.. Amplía a nova>>

04/02/2011
O CGAI lembra nunha xornada a figura de Miguel Gato

Foi un dos impulsores do cinema galego nos anos 70. Por iso, o Centro Galego de Artes da Imaxe quere lembrar o traballo pioneiro de Miguel Gato, cando se cumpren tres meses do seu pasamento. Será nunha xornada que terá lugar este sábado no que alén da proxección de tres dos traballos nos que participou (O herdeiro, Yeguas preñadas por el viento, Os cigarróns, O caso das galiñas aforcadas ) haberá unha mesa reonda na que estarán presentes Juan Hernández Les, Miguel Castelo eo produtor Víctor Ruppen. . Amplía a nova>>

04/02/2011
Preséntase A Cuarta Parede, a primeira web en galego de crítica de cinema

Chámase A cuarta parede e será unha plataforma dixital de crítica cinematográfica. Dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz, a publicación dixital non ten periodicidade fixa, “cada seis ou sete semanas” segundo apuntan no propio sitio web. Estará en galego e conta con seis seccións nas que atenderán ao cinema que está “máis aló das da salas comerciais”, con especial atención ao cinema luso, do que aseguran se caracteriza por “unha interesante experimentación formal e narrativa”. Jaime Pena, Alberte Pagán, Ángel Santos e José Manuel Sande son algúns dos colaboradores deste primeiro número.. Amplía a nova>>

01/02/2011
Cultura compromete 90.000 euros para as actividades da Academia Galega do Audiovisual

Os premios Mestre Mateo, o foro Academia Aberta e a publicación “Os Papeis da Academia”. Estas son as tres actividades que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que contarán con apoio da consellaría de Cultura. Así o acordaron as dúas partes implicada no transcurso dunha reunión celebrada onte. Segundo publica Xornal de Galicia a contía apalabrada é de 90.000 euros, 20.000 euros menos que no ano anterior. Con todo, a Academia celebrará este venres unha xuntanza extraordinaria na que lle dará a coñecer aos seus socios de que orzamento dispoñen e que tipo de gala se poderá celebrar. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org