08/03/2011
Un congreso analiza o esplendor do cinema español da Segunda República
Cinema musical, un novo sistema de estrelas, florecemento de propostas melodramáticas burguesas ou populistas, o rebulir de propostas melodramáticas… entre 1931 e 1936 agromaron propostas interesantes no cinema español. Foi o estoupido da Guerra Civil que rachou co seu despegamento pero que deixou numerosas propostas que analizar, estudar e debater. E isto é o que se fará en Santiago, do 10 ao 12 de marzo de 2011, aproveitando que se cumpren oitenta anos da proclamación da Segunda República. O XIII congreso da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC) incluirá, ademais de mesas de debate, a entrega das Medallas de Honra e a proxección de fitas do cine desta época..
Amplía a nova>>
07/03/2011
Unha visión atlántica
O obxectivo: dinamizar o sector do audiovisual e da banda deseñada, crear mercados onde non os hai e establecer sinerxias. “Non é un traballo doado”, asegura Xoán V. Mao, secretario do Eixo Atlántico, promotor do proxecto IMAGINA, que busca promover un clúster cultural no espazo atlántico, “pero o obxectivo é reunir a empresas, universidades e institucións públicas para promover unha identidade atlántica”. A primeiros de mes celebrouse no Porto a primeira das reunións, na que participaron 49 entidades de Galicia, Portugal e Francia. Posteriormente tamén se incorporará Gales e Irlanda. .
Amplía a nova>>
02/03/2011
Falece o actor galego José Conde
José Conde, actor nado en Ourense, apareceu morto o pasado venres en Madrid, nas proximidades do seu domicilio. Conde, coñecido polo seu traballo en series como
Brigada central,
Sin tetas no hay paraíso ou
Médico de familia, foi incinerado o pasado domingo nesta mesma cidade, sen que polo momento se puidesen determinar as causas da súa morte..
Amplía a nova>>
02/03/2011
Catro filmes galegos participan no festival de Málaga
O XIV Festival de Cine de Málaga contará coa presenza de tres filmes galegos no seu programa.
Crebinsky e
Doentes competirán neste evento pola Biznaga de Oro á mellor longametraxe. Pola súa banda
Radiografía dun autor de tebeos de Marcos Nine opta ao premio ao mellor documental.
Estereoscopía, de Xacio Baño, ten posibilidades de levar o premio á mellor curtametraxe na Sección Oficial. O encontro celebrarase entre o 26 de marzo e o 2 de abril e contará coa presenza de Luís Tosar que recibirá o premio Málaga Sur á súa traxectoria..
Amplía a nova>>
01/03/2011
AGADIC fecha Flocos.tv
Desde a mañá de onte, o sitio web Flocos.tv, que permitía a visualización en liña de máis de 350 producións de cinema galego, está fechada. A empresa que xestionaba o sitio, A Navalla Suíza, recibiu a orde da Axencia Galega de Industrias Culturais, de quen dependía este web, solicitándolles o feche do mesmo. Nunha recente entrevista a este medio, Xaime Quintanilla, director-xerente do Consorcio Audiovisual, aseguraba que estaban a barallar posibilidades para garantir a continuidade deste proxecto. O feche de Flocos supón a desaparición de 109 videos que estaban incrustados nas fichas do soportal AVG de culturagalega.org..
Amplía a nova>>
28/02/2011
O audiovisual galego prepara mobilizacións contra a política da Xunta
Unha plataforma agrupará os diferentes colectivos do audiovisual e mais do teatro para reivindicar novas políticas públicas para estes sectores. Segundo adiantou esta fin de semana
Galicia Hoxe, os profesionais do sector presentarán o vindeiro 4 de marzo esta nova entidade, que solicitará unha entrevista co presidente da Xunta para reclamarlle unha serie de medidas urxentes entre as que está o investimento de 17 millóns de euros, dos que sete sairían da Consellaría de Cultura e dez da Televisión de Galicia. Canda á publicación dun manifesto, os membros do sector barallan levar ás súas reivindicacións ás galas dos Premios Meste Mateo e María Casares ou mesmo se fechar na catedral. O lema destas reinvidicaións é
Somos patrimonio galego..
Amplía a nova>>
28/02/2011
Peque Varela leva o premio do MUFEST á mellor obra en galego
O Festival de Cine Feito para Mulleres (MUFEST) fechaba o sábado entregando os seus galardóns.
Private Life, de Abbe Robinson levou o primeiro premio, seguido por
Gato Encerrrado, de Peque Varela e
Guerrilleir@s de Montse Pujantell. Peque Varela fíxose tamén co premio ao mellor obra orixinal en galego, mentres que a mención especial do xurado levouna
Camas calientes de Lluc Güell e Paula Morelló. En total presentáronse ao certame máis de cincuenta filmes..
Amplía a nova>>
25/02/2011
Play-Doc chega á súa sétima edición
O VII Festival Play-Doc voltará encher Tui de documentais entre os vindeiros 30 de marzo e 2 de abril. En total poderán verse 29 producións, das cales 10 participan na sección oficial. Peter Tscherkassky, Clio Barnard, Marcos Nine ou Óliver Laxe son algúns dos creadores participantes. Canda a isto, mantense a sección informativa do festival e os concertos, así como as sección dedicada a documentais sobre música. A nivel de formación celebrarase o obradoiro
O retrato filmado e presentaranse os traballos do seminario
Work in Progress..
Amplía a nova>>
18/02/2011
Santiago acolle a segunda edición do festival feito por mulleres
Un estudo realizado no ano 2006 establecía que só o 7% dos directores de cine que hai en España son mulleres, dos guionistas só o 15% e das produtoras só o 20%. Por iso, desde hai un tempo diferentes asociación organizan encontros para invertir esa situación e dar a coñecer ese cinema minoritario. En Galicia, a asociación Andaina promove o Mufest que celebra a súa segunda edición do 22 ao 26 de febreiro. Proxeccións e mesas de debate conforman este festival que se desenvolve no centro sociocultural O Ensanche. .
Amplía a nova>>
16/02/2011
As produtoras audiovisuais acoden a Berlin baixo o paraugas do Consorcio Audioviual
Na súa dinámica de traballo habitual, o Consorcio Audiovisual de Galicia acode a unha nova edición do European Film Market, o mercado paralelo á Berlinale. Un paraugas que lle permite a dez empresas (Vaca Films, O grelo producións, Xamalú, Frida Films, Continental, Costa Oeste, Vimbio, Artefacto, Matriuska e Cinemar) acudir a un dos principais mercados audiovisuais de Europa. .
Amplía a nova>>