20/01/2011
Tamén a choiva pasa a última peneira dos Óscar
O vindeiro 25 de xaneiro saberase cal é a lista definitiva de candidatos aos premios máis sonados do audiovisual, ós Óscars. Pero no listado de filmes figura unha coprodución galega,
Tamén a choiva que coproduce Vaca Films. A película protagonizada Luis Tosar e Gael García Bernal está nas carteleiras de Galicia con copias en galego..
Amplía a nova>>
20/01/2011
Amal abre o prazo de recepción de traballos esperando incrementar a participación
“A situación de Túnez, do Sáhara con Marrocos, o conflicto Palestino… creo que este ano imos recibir máis películas”. Ghaleb Jaber Martínez, director de Amal, sintentizaba así algunhas das temáticas que recollerán os filmes que, desde hoxe, xa se poden enviar para participar na IX edición do Festival Amal. Este encontro que pretende concienciar á cidadanía sobre a problemática do mundo árabe desenvolverase neste 2011 entre o 24 e o 29 de outubro. Esta edición ponse en marcha coa apertura de dous prazos de recepción tanto de traballos no ámbito audiovisual como de presentación de carteis do festival. Mantense a contía e a categoría dos premios, pero Ghaleb Jaber avanzou que haberá novidades tanto no xurado, como nas actividades paralelas do encontro..
Amplía a nova>>
18/01/2011
Buried de Rodrigo Cortés gaña o premio Forqué
Creado hai 16 anos, o premio José María Forqué pretende difundir a importancia da industria audiovisual española ademais de impulsar a figura do productor cinematográfico. O gañador do premio a mellor película (dotado con 30.000 euros) foi
Buried dirixida polo ourensá Rodrigo Cortés. O galardón a mellor actor masculino foi para Luís Tosar por
Tamén a chuvia, mentres que o de interpretación feminina foi compartido por Emma Suárez e Nora Navas (por
La mosquitera e
Pa Negre respectivamente). Completa o palmarés na categoría de mellor documental
Bicicleta, cullera, poma de Carles Bosch, dotado con 6.000 euros. .
Amplía a nova>>
11/01/2011
José Luís Cuerda adaptará ao cinema Todo é silencio
Nunha entrevista a
Xornal de Galicia o director José Luís Cuerda anunciou que está a traballar na adaptación ao cinema da novela
Todo é silencio, de Manuel Rivas. Cuerda, que traballa sobre un guión elaborado polo propio autor, destacou a forza dos personaxes da historia do galego. Polo momento, Cuerda non adiantou datas de estrea nin de rodaxe..
Amplía a nova>>
11/01/2011
A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano
Buried filme dirixido ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española. Cortés está nominado ademais á mellor dirección, mellor montaxe e mellor canción orixinal. Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en
También la lluvia. Pola súa banda,
A tropa de trapo, participada por Continental Films, competirá na categoría de mellor filme de animación, mentres
Vicenta, coproducida por Ignacio Benedeti Cinema, pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación. Ademais, a produción
Chico e Rica, realizada polo Estudio Mariscal, conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián..
Amplía a nova>>
05/01/2011
O cineclube Padre Feijóoo e o Festival de Ourense crean unha programación estable de cinema
As dúas entidades que promoven o audiovisual na cidade de Ourense (o cineclube Padre Feijoó e o Festival de Cinema Independente) acaban de sumar os seus esforzos para ofrecer unha programación estable e de calidade coa que incrementar a oferta deste xénero. A oferta terá lugar todos os mércores en doble pase (sesión de 20:30 e 23:00 horas) e estará configurada en base a ciclos temáticos mensuais, algúns deles relacionados con acontecementos da cidade. Cine social, británico, muller, música, teatro (coincidindo coa celebración da Miteu), galego (na semana posterior á entrega dos premios Mestre Mateo da Academia de Cine que se celebra o 16 de abril en Ourense), e oriental conforman esta oferta cultural. A programación comeza o vindeiro mércores 12 con
Un profeta de Jacques Audiard..
Amplía a nova>>
05/01/2011
Chega ás carteleiras o último filme protagonizado por Luis Tosar, Tamén a chuvia
A última película de Luís Tosar,
Tamén a chuvia, chega hoxe ás carteleiras. Dirixida por Iciar Bollaín conta a historia da rodaxe dun filme en Bolivia no momento no que estalla a chamada Guerra da Auga acontecida en abril do ano 2000. Neste filme, que representa a España na carreira dos Óscars, Tosar intepreta a un descreído produtor de cine, que so pensa no seu filme en pleno conflicto. Canda Tosar, o filme conta coa participación de Gael García Bernal, Juan Carlos Aduviri, Karra Elejalde e Raúl Arévalo.
Tamén a chuvia é unha coprodución española, mexicana e francesa na que tamén participa a produtora coruñesa Vaca Films. .
Amplía a nova>>
04/01/2011
O filme do galego Rodrigo Cortés, Buried , podería quedar fóra dos Óscars
“Se aínda non veu Buried, pido respectuosamente que polo menos lea o guión antes de votar os premios da Academia para mellor guión orixinal”. Así comeza a carta que Chris Sparling, guionista de
Buried, enviou aos membros da Academia de Hollywood o pasado decembro e que pode ser o motivo polo que o filme dirixido polo ourensán Rodrigo Cortés, caia da listaxe de candidatos ao Óscar. As normas da Academia de Hollywood son moi claras e pena coa descalificación este tipo de declaración. Malia que os publicistas que representan a Sparling enviaron un comunicado de disculpa pola carta, a Academia de Hollywood aínda non se pronunciou..
Amplía a nova>>
30/12/2010
Xavier Villaverde rodará en Barcelona a súa nova película, O sexo dos anxos
Oito anos despois de dirixir a súa última película,
Trece badaladas, Xavier Villaverde poñerá en marcha outro novo proxecto. Trátase de
O sexo dos anxos, unha comedia romántica arredor dun triángulo amoroso, que revisa as normas sobre o amor, a identidade sexual, a amizade e os convencionalismos sociais. O filme, que comezará a rodarse en febrero en Barcelona contará no papel protagonista con Astrig Berger, actriz que acaba de participar na cuarta entrega de
Piratas do Caribe. Esta produción de Continental conta co apoio do programa Ibermedia, do Fondo de coprodución Galego-Brasileiro do Consorcio Audiovisual de Galicia e da CRTVG (a través do chamando Plan de Cine). .
Amplía a nova>>
30/12/2010
A creación en 2010
Tamén nas tendencias creativas se está a deixar sentir a crise, pero faino nun duplo sentido. Por unha banda, detéctase unha escora cara ás propostas máis conservadoras, que a nivel industrial garantan un mínimo retorno económico. Pola outra, a necesidade de facer máis con menos dá en propostas máis experimentais, como pode ser o caso dun bo feixe de filmes que chegaron ás nosas pantallas nos últimos meses. Especialistas en diferentes áreas analizan para nós a creación dos últimos doce meses. .
Amplía a nova>>