Novas | 2301 a 2310 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

30/12/2010
A Coruña ocupa o segundo posto de ciudades coa entrada de cine máis cara

Malia que Lugo e A Coruña están a menos de cen quilómetros, ir ao cinema en ambas ciudades supón 3.5 euros de diferenza. A asociación de consumidores en acción Facua acaba de presentar un informe sobre o prezo das cincuenta capitais de provincia no que A Coruña é a segunda capital máis cara do estado, mentres que Lugo está entre as máis baratas. A entrada en día laboral custa na Coruña 7.50 euros mentres que en Lugo son só 4 euros, a media de todo o estado é de 6.35 euros, o que supón un 6.7% máis que no 2009. O informe tamén analiza a diferenza de nivel nacional entre o prezo dunha entrda para unha película normal e unha en tres dimensión en cine con 3D é do 40,2%. . Amplía a nova>>

29/12/2010
Historias en camiño

Unha das rodaxes audiovisuais do ano chegou en forma de espadas, navíos, homes de honor e mulleres de armas tomar. A decisión de Telecinco de rodar en Galicia Piratas, a súa nova aposta de serie de ficción, foi un dos fitos do ano. Pero non é o único produto audiovisual que se está a rodar nin a xestar en Galicia que veremos nos próximos meses. Revisamos algún deles.. Amplía a nova>>

28/12/2010
TVG recupera a información local na súa programación

“Por mor dunha reorganización levada a cabo nas delegacións informativas da CRTVG” a Televisión de Galicia volverá incluír a información de proximidade na súa grella informativa. Así o explica a empresa a través dun comunicado no que ademais explica que durante a época de Nadal a información reducirase a un Informativo Local de quince minutos de duración, que coordinará o xornalista Xosé Durán e se emitirá os sábados ás 14:00 horas. A partir do día 3 de xaneiro, a periodicidade deste tipo de formatos volverán ser diarios. O novo informativo local pasará a emitirse antes do “Galicia Noticias Tarde” ás 20:00 horas. . Amplía a nova>>

28/12/2010
O cinema de Murnau e Luis Miñarro protagonizan os ciclos de 2011 do CGAI

É un produtor arriscado, coñecido entre o público galego porque xa ten estado no CGAI, porque este ano Cineuropa lle dedicou unha retrospectiva e porque da súa tarefa saíron títulos como Cosas que nunca te dije de Isabel Coixet. Luis Miñarro é un dos nomes propios nos que se centrará o CGAI na súa programación nos primeiros meses de 2011. Canda el haberá sitio para os cineastas xurdidos ao abeiro da Escola de Berlín, unha das canteiras máis suxestivas da produción recente no que hai nomes como Angela Schanelec (Nachmittag) ou Benjamin Heisenberg (Schläfer). De Alemaña tamén chega outro dos grandes nomes Friedrich Wilhelm Murnau, un dos máis influíntes directores do cinema mudo.. Amplía a nova>>

28/12/2010
O resumo industrial do ano

Parón económico, redución do volume de negocio, desaparición de axudas. Estas cuestións supoñen, sen dúbida ningunha, o denominador común das industrias culturais galegas neste 2010. No entanto, ao longo dos últimos doce meses tanto as artes escénicas como a edición, a música, o audiovisual, ou o mercado da arte viviron procesos diferentes. A consolidación do asociacionismo e a aposta pola internacionalización semellan as tendencias máis destacadas do ano que remata.. Amplía a nova>>

23/12/2010
Andrés Barbé substitúe a Antón Reixa á fronte do Clúster Audiovisual Galego

O pasado mes de xullo Antón Reixa manifestou a súa intención de deixar o seu posto á fronte do Clúster do Audiovisual Galego antes de que rematase o seu mandato. A súa saída estaba vencellada á busca dun plan de viabilidade que permitise sanear a situación económica da entidade que se solucionou coa sinatura dun convenio co IGAPE e un plan de viablidade a cinco anos. Este martes, no marco dunha asamblea extraordinaria, formalizouse a súa saída na que Reixa deixou o sitio ao produtor Andrés Barbé. O novo presidente considera prioritario investir en investigación e desenvolvemento (no marco da Plataforma Tecnolóxica I+dea) e no plan de internacionalización. . Amplía a nova>>

21/12/2010
Estrelas de Hollywood como Gary Oldman ou Andy García dobrarán ao inglés O Apóstolo

Fixeron unha estrea multitudinaria en xullo deste 2010, por coincidir co Ano Santo, pero o filme de animación O Apóstolo, non chegará a carteleira ata mediados de 2011. Será entre marzo e maio, previa participación nun festival internacional para o que están a preparar a súa versión internacional. Gary Oldman, John Goodman e Andy García dobrarán as personaxes de animación que na versión galega conta con Luis Tosar, Carlos Blanco ou Celso Bugallo. Ademais, a versión inglesa da canción correrá a cargo de Roger Daltrey, de The Who. A produtora santiaguesa asinou un contrato coa distribuidora internacional Shoreline. . Amplía a nova>>

20/12/2010
Aparece en Rusia unha nova versión do filme Galicia

Galicia, unha das obras míticas da filmografía galega, codirixida por Carlos Velo e Fernando Gutiérrez en 1936, ten unha nova versión. O Centro Galego das Artes da Imaxe, CGAI, recibiu hai dez días unha copia deste filme procedente da Facultade de Medios Tecnotrónicos da Universidade de Humanidades de Rusia. A mesma presenta unha nova montaxe do filme, dezaseis minutos máis longa que a coñecida, aínda que carece de son. Guillermo Escrigas, director do CGAI recoñeceu a importancia do achado e sinalou que os técnicos do centro traballan para avaliar a importancia do achado, que abre novos interrogantes sobre a traxectoria de Velo.. Amplía a nova>>

16/12/2010
O festival de cine de Ourense contará cun equipo asesor trala destitución de Enrique Nicanor

A figura de director-xerente desaparece do organigrama do Festival de Cine de Ourense. Ou a lo menos esa é a intención do Consorcio que mantén esta entidade (presidida por Isabel Pérez, concelleira de Cultura e integrado polo Concello e a Deputación), en prol dun equipo asesor que dirixirá e organizará todo o encontro. Antes de que rematase o seu contrato, Nicanor foi destituido do seu posto pero espérase que sigua vencellado ao festival como “asesor”. Con todo, o equipo segue a traballar na redacción das bases da vindeira edición que sairán publicadas a principios de 2011.. Amplía a nova>>

15/12/2010
Un conto e unha aplicación para dispositivos mobiles completan a curtametraxe do O soldadiño de chumbo

Comezou sendo unha curtametraxe de animación, pero o O soldadiño de chumbo acaba de sacar múltiples caras: un texto ilustrado, e unha aplicación para iPad. Este proxecto inaugura a colección Contos de Cinema que mantén a editorial Galaxia para sacara álbumes ilustrados que inclúen curtametraxes coas historias. O proxecto é o resultado da colaboración entre Galaxia (que edita o libro), Continental Producciones (que fai o desenvolvemento para iPad e dispositivos móbiles da historia) e, neste caso de Algarabía que foron os que fixeron a curtametraxes de animación en plastilina. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org