Novas | 2241 a 2250 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

30/03/2011
Agadic reduce en 85.000 euros as axudas a curtametraxes e videoclips

Curtametraxes en versión orixinal galega (rodaxe e/ou gravación en lingua galega) máis videoclips co “obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega”, así reza a primeira das convocatoria de axudas para este sector en 2011 e que sae hoxe publicada no DOG. A contía que destina a este fin é de 115.000 euros, o que supón 85.000 euros menos que a convocatoria de 2010.. Amplía a nova>>

30/03/2011
O audiovisual galego exhíbese en Málaga

É a cita de referencia do cinema español e este ano conta con catro producións galegas. Dúas longametraxes de creación “cento por cento” galegas como son Doentes e Os crebinsky que están na sección oficial competitiva. Canda elas, e no apartado oficial de documentais a concurso, está o traballo co que Marcos Nine segue ao debuxante David Rubín Radiografía dun autor de tebeos. Pero un dos acontecementos máis esperados é a homenaxe que o certame qlle fai ao autor lucense Luís Tosar, recoñecido co premio Málaga Sur por toda a súa traxectoria profesional.. Amplía a nova>>

30/03/2011
Un ciclo exhibe a creación galega feminina

Cámaras, guionistas, realizadoras, montadoras… cada vez son máis as mulleres que se dedican ao sector audiovisual. Agora, un ciclo organizado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Deputación de Lugo exhibe unha escolma de traballos feitos por creadoras. Sonia Méndez, Margarita Ledo, María Reimóndez, Olaia Sendón ou Susana Rey son algunhas das autoras das que se exhiben os seus traballos. A cita terá lugar na sede da deputación lucense (Rúa San Marcos, 8) do 25 ao 27 de Lugo.. Amplía a nova>>

30/03/2011
Os híbridos

“Nos últimos tempos hai unha tendencia á hibridación, a mestura entre ficción e documental, na que xa non se marcan os límites. Queda lonxe aquela obxectividade imposible que marcaban os antigos cánones” afirma Ángel Sánchez, codirector de Play Doc. O festival de documentales de Tui abre hoxe fiel unha nova edición da cita co audiovisual independente, creativo, vangardista e moi apegado á realidade. Os recortes orzamentarios planan de fondo nun programa que homenaxea o polaco Marcel Lozinski, referencia indiscutible en Polonia, coetáneo de Krysztof Kieslowski e finalista ao Óscar por un traballo que amosa a fronteira entre Polonia e a Unión Soviética. . Amplía a nova>>

29/03/2011
Mundos Dixitais revalida a súa aposta coas tecnoloxías audiovisuais

O vindeiro 6 de xullo comeza unha nova edición do festival Mundos Dixitais, un encontro especializado en novas tecnoloxías audiovisuais. Como é habitual, a organización acaba de dar a coñecer un dos reclamos de cada edición, que este ano recae en Terrence Masson, o director de Creative Industries da Northeastern University, coñecido por ser un dos produtores de filmes como Star Wars, Hook ou Entrevista co vampiro. A cita, que terá lugar entre o 6 e o 9 de xullo, acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes do certame de curtametraxes de animación. . Amplía a nova>>

28/03/2011
Mr Misto abre en Vilagarcía un espazo de formación audiovisual

O vindeiro día 25 de abril abre en Vilagarcía (na Rúa Vista Alegre nº 32 baixo) un SPAF. Un espazo de formación en imaxe e son que chega da man da produtora Mr Misto. Este novo concepto permite aos participantes “porse na pel dun actor, aprender a deseñar personaxes de banda deseñada, introducción no mundo dos efectos especiais, edición de audio e música ou vivir unha experiencia única facendo unha peli en inglés”, tal e como figura no seu sitio web, son algúns dos cursos que o SPAF Mr Misto programa para o mes de abril.. Amplía a nova>>

28/03/2011
Chegan os mestres

Jorge Coira, Dani de la Torre, Enrique Otero e Luís Avilés Baquero. Un deles farase o vindeiro día 17 de abril co premio a mellor director na Gala dos Mestre Mateo. Son novos, algún estreánse como directores de longametraxes pero entre todos sintentizan o talento do audiovisual galego. As súas películas acaparan un maior número de candidaturas dunha edición que chega con moitos axustes.. Amplía a nova>>

25/03/2011
A Xunta aproba as bases de 84 licenzas municipais de radio FM

O Consello da Xunta aprobou onte as bases para sacar a concurso público 84 licenzas de radio en FM que afectarán a 40 municipios galegos. As bases, que sairán publicadas no DOG en abril, deberán estruturarse en tres bloques (proposta de programación, económica e tecnolóxica). Segundo se anunciou onte na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o Goberno galego terá, entre os criterios de valoración, o compromiso de emitir en galego por riba do límite marcado pola lexislación vixente.. Amplía a nova>>

23/03/2011
O Teatro Rosalía acolle a estrea de A casa da luz , película para público infantil

En plena rodaxe, alá polo ano 2008, o produtor Xosé Cabanas Cao definiuna como unha película “para nenos comprendidos entre 9 e 99 anos, pero pensada para os máis pequenos”. Dirixida por Carlos Amil e baseada na novela homónima de Xabier Docampo, conta a historia dun grupo de nenos que descubren un cadro que garda relación coa misteriosa desaparición de Duarte, un pintor e ex profesor de plástica co que adoitaban xogar. O filme que levaba dous anos na procura de distribuidora, chega ahora ás carteleiras grazas a pases privados destinados a docencia. Así o publica hoxe El Progreso, que informa da estrea o vindeiro 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.. Amplía a nova>>

23/03/2011
María Pujalte recibirá o premio de honra do Festival de Cans pola súa traxectoria

María Pujalte recolle o testemuño deixado por Luis Tosar ou Celso Bugallo e recibirá o vindeiro 20 de maio o premio de honra Pedigree’11. Un galardón co que o Festival de Cans recoñece a súa traxectoria dende os seus inicios no mundo do audiovisual en Galicia. Canda ela, os chimpíns de prata (que premian o apoio ao festival) irán para o actor e presentador Roberto Vilar e para o veciño Serafín Campos Bargiela. A organización está a pechar a programación dunha nova edición (do 18 ao 21 de maio) ao que se presentaron máis de 70 curtametraxes de ficción, animación e documental e uns 50 traballos para o concurso específico de videoclips. O festival estrea nesta edición a publicación oficial, o Canzine dirixida por Diego Giráldez e Amparo Rodríguez Ojea.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org