Novas | 2231 a 2240 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

14/04/2011
Little Galicia

Con tecnoloxía de andar por casa, actores afeccionados e no tempo libre, Marcos Payno, Denís López Suso Seara botaron a andar en 2010 unha serie para web Non saímos do lixo. Non se trata dun produto audiovisual máis, senón dunha parodia que aborda con retranca os tópicos sobre a nosa identidade, a normalización do galego e o eido da cultura. A serie calou rápidamente na rede e houbo capítulos que chegaron a ter máis de 4.000 visitas. Un éxito para o audiovisual galego que explora novos camiños.. Amplía a nova>>

14/04/2011
Os galardóns do ano

O auditorio de Ourense vístese de gala este domingo para acoller a gala que premiará os mellores traballos do audiovisual galego. O filme de Jorge Coira, 18 comidas parte como principal favorito ao contar con 16 candidaturas, entre as que destaca mellor longametraxe, mellor dirección e cinco para a interpretación (Luís Tosar, Federico Pérez e Antonio Mourelos a mellor actor de reparto; e Camila Bossa e Cristina Brondo a mellor interpretación feminina de reparto). Séguenlle de preto, a ópera prima de Luis Baquero Avilés, Retornos, con 15 candidaturas e a comedia de Enrique Otero Crebinsky , con 12. A película para televisión Mar Libre, de Dani de la Torre, suma dez candidaturas.. Amplía a nova>>

13/04/2011
Galicia está incluída no Plan de Dixitalización de salas de cine que prepara o ICAA

Unha das claves do futuro das salas de cinema pasa pola súa dixitalización. O Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) está a tramitar convenios de colaboración con diferentes comunidades autónomas por importe de 2.9 millóns de euros. Un acordo que inclúe a Galicia entre as sete entidades que se están a tramitar. Esta liña de axudas pretende auxiliar ao pequeño e mediano exhibidor e permitirá a supervivencia dun gran número de cinemas. . Amplía a nova>>

11/04/2011
O Consorcio Audiovisual levou un catálogo das producións recentes ao mercado de televisión de Cannes

O MIPTV é unha das citas de referencia dos produtos televisivos. Como é habitual, dentro da súa liña de traballo de internacionalización do sector audiovisual galeo, o Consorcio Audiovisual estivo presente nesta cita. Baixo o seu paraugas asistiron TVG, CTV, Zenit TV, Distrivisión e Maruxiña Films que regresaron da cita destacanto o “gran interese dos asistentes polo catálogo Films from Galicia”. Unha publicación editada polo Consorcio que recolle as últimas producións de ficción, animación e documental realizadas no país. O seguinte encontro no que participará o Consorcio será o Marché du Film, que coincide co Festival Internacional de Cine de Cannes, e no que presentará un catálogo de localización que está en fase de elaboración.. Amplía a nova>>

08/04/2011
Agadic reduce á metade as axudas a promoción do talento audiovisual

No marco dos recortes orzamentarios xa anunciados, a contía destinada a promoción do talento audiovisual galego redúcese á metade. Hoxe sae esta liña da convocatoria, por importe de 150.00 euros que afecta a creadores individuais en diferentes modalidades (a escrita individual de guións, a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital). Esta liña de axudas fixo posibles filmes como Todos vós sodes capitáns, coa que Óliver Laxe gañou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes en 2010. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de mañá. Amplía a nova>>

06/04/2011
O Festival de Cine de Ourense convoca unha nova edición do seu curso para escolares

Potenciar a lingua galega e as creacións audiovisuais. Estes son os dous obxectivos que presgue OUff Escola, o certame escolar desenvolvido no marco do Festival de Cine de Ourense. A edición deste ano acaba de botar a andar con varias novidades: a inclusión dun premio do público (serán os votantes do sitio webo) e que non terá dotación económica. Poderanse presentar os escolares non universitarios, que presenten vídeos de menos de 20 minutos que se repartirán 2.600 euros en premios.. Amplía a nova>>

04/04/2011
Os Crebinsky recibe en Málaga o premio a mellor guión novel

Rodada en galego, español, inglés e alemán, con Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo e Farruco Castromán como protagonistas. Os Crebinsky é a comedia cento por cento galega que chegará a carteleiras este venres. Vaino facer con dous premios: dunha banda o premio Alma ao mellor guionista novel (para Enrique Otero e Miguel de Lira) no marco do Festival de Cine de Málaga; e da outra, co “Signis” á mellor longametraxe, galardón que concede a Diocese de Málaga a filmes que promoven os dereitos humanos e que reflexionen sobre cuestión da realidade social.. Amplía a nova>>

04/04/2011
Óliver Laxe suma un novo premio coa súa ópera prima ao vencer en Play Doc

Todos vós sodes capitáns engade un novo premio ao seu xa amplo palmarés. Nesta ocasión trátase do premio grande de Play Doc, o festival de documentais de Tui. O Xurado recoñeceu a fidelidade a “a un concepto cinematográfico” no que hai diferentes niveis e porque devolve “a esperanza no cinema como ferramenta para o diálogo entre seres humanos”. O premio está dotado con 5.000 euros. O xurado composto polos especialistas Veton Nurkollari, María Campaña Ramia e Artur Liebhart, outorgou a Jay Rosenblatt o premio a mellor curta. Os 2.000 euros foron para The D Train por “conducirnos durante cinco minutos por unha viaxe a través da vida, liviá no seu sentir e profunda no seu significado”. O xurado tamén fixo unha mención especial para The Arbor da británica Clio Barnard.. Amplía a nova>>

01/04/2011
Luís Tosar recibe o premio Fernando Rey pola súa traxectoria

Este é un momento dóce para Luís Tosar. Este sábado recolle no Festival de Cine de Málaga un premio que recoñece a súa traxectoria profesional. A mesma pola que a Academia Galega do Audiovisual(AGA) lle concederá o premio Fernando Rey nos vindeiros Mestre Mateo. Na gala, que terá lugar o 17 de abril en Ourense, tamén se entregará o premio Revelación Chano Piñeiro, que a AGA lle concede a Óliver Laxe. O encontro estará presentado por Xosé Antón Touriñán e Belén Regueira.. Amplía a nova>>

31/03/2011
As axudas a desenvolvemento de proxectos audiovisuais descenden 300.000 euros

Os recortes estaban anunciados e comezan a concretarse. Onte saíron publicadas no DOG as primeiras liñas de axudas ao sector audiovisual. Se a contía para curtametraxes e videclips descendeu 60.000 euros (85.000 era segundo a convocatoria inicial, que fóra recurtada nunha corrección posterior), a de desenvolvemento sofre un recorte maior. Dos 500.000 euros de 2010 pasouse a 200.000 euros na liña que sae hoxe publicada. As axudas a desenvolvemento implica o conxunto de operación previas á preprodución dunha obra audiovisual (desde a adquisición de dereitos, os traballos de investigación, escrita e análise do guión, a selección de membros principais do equipo técnico-artístico, preparación do orzamento estimado de produción e plan financeiro, a procura de socios e coprodutores…) ou a elaboración dun teaser ou piloto.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org