04/05/2011
"Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego", di Miguel Anxo Fernández
“Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego”, sostivo o crítico Miguel Anxo Fernández na xornada de reflexión e debate “A lingua do cine. A lingua e o cine”, dirixida pola realizadora e catedrática da Universidade de Santiago, Margarita Ledo, e celebrada esta tarde na Biblioteca do Consello da Cultura Galega. O debate contou coas intervencións do director brasileiro Carlos Gerbase, o Director do Institut Catalá de les Industries Culturals, Ton Lladó, e os apuntamentos do director, productor e creador cultural galego Antón Reixa..
Amplía a nova>>
29/04/2011
TVG incorpora tres series de animación galegas á programación da segunda canle
A tropa de trapo,
Caracois e
Contos do camiño comparten varios denominadores comúns: son producións de animación galegas, en galego e as novas apostas da programación da segunda canle da CRTVG, a TVG2. A primeira en incorporarse foi
A tropa de trapo que xa se emite, en horario de 7:30 a 8:00 de luns a venres, e que leva a pequena pantalla as aventuras dos personaxes de
A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol. O vindeiro luns comezarase a emitir
Caracois, adaptación de formato breve (6 minutos de duración) das historais basedas no álbumes ilustrados de Armando Quintero e André Leira. En maio (en horario de 17:00 a 17:30 horas), emitirase outra adaptación literaria á pequena pantalla, a feita por OQO Films
Contos do camiño..
Amplía a nova>>
26/04/2011
O Festival de Cans potenciará o diálogo co público coa presenza de Fernando León
É unha liña de traballo do festival o buscar diálogo entre o público e creadores audiovisuais. Nesta edición será o director Fernando León de Aranoa (Madrid, 1968) quen participe nesta sección. Baixo o título “Afectos Secundarios” o cineasta exhibirá tres pezas da súa carreira que el mesmo seleccionou. Son
Grúa, único spot rodado polo director que xira en torno á educación vial,
Me llaman calle, un videoclip rodado para Manu Chao en 2009 e
Rumbita unha gravación doméstica de Manu Chao e os seus músicos. Ademais, dentro desta liña de encontros co público tamén participará Jorge Coira, nesta ocasión ofrecerá unha peza inédita que gravou para a súa película
18 comidas (sería a comida número 19) pero que decidiu non incluir no filme..
Amplía a nova>>
26/04/2011
A hora das mulleres
Existen cada vez máis mulleres que se dedican de xeito profesional ao sector audiovisual e cada vez con máis postos de responsabilidade. Pero tamén é certo que o seu traballo acaba por ser invisibilizado. Polo menos así o sinten as participantes do ciclo “Creadoras galegas de imaxe”, coa que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega quere reivindicar o seu protagonismo..
Amplía a nova>>
25/04/2011
O Parlamento insta á Xunta a recuperar as liñas de axudas a festivais de cine
Na época do bipartito houbo unha convocatoria de axudas por concorrencia competitiva para os festivais de cine. Unha liña que eliminou o actual goberno e que agora o Parlamento lle pedirá á Xunta a que as restitúa. Así aconteceu a semana pasada no Parlamento, onde o BNG presentou unha proposición non de lei para que se dotase ao sector dun marco estable de apoio aos festivais de cinema. A iniciativa foi aprobada por unanimidade por todos os grupos políticos. .
Amplía a nova>>
20/04/2011
O CGAC exhibe unha escolma do Novo cinema galego
Baixo a etiqueta de
Novo cinema galego, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande programaron traballos que asumen unha liña rupturista, que participa dos mesmos debates estéticos e argumentais. Peque Varela, Lois Patiño, Marcos Nine, Eloy Enciso, Ángel Santos… son algúns deses nomes que se agrupan baixo esa etiqueta. Os seus filmes poderanse ver no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun ciclo que se desenvolve entre abril (28), maio (5, 19, 26) e xuño (9, 16) a partir das 19:30 horas. .
Amplía a nova>>
20/04/2011
Fernando Cortizo estreará O Apóstolo no Festival de Annecy
Ten numerosas particularidades que converten a
O Apóstolo nunha película moi agardada.É o primeiro filme de animación stop-motion estereoscópica de Europa; conta con Gary Oldman, John Goodman e Andy García para dobrar as personaxes de animación que na versión galega conta con Luis Tosar, Carlos Blanco ou Celso Bugallo; e inaugurou un curioso modo de financiamentoa través de particulares; ademais, a versión inglesa da canción correrá a cargo de Roger Daltrey, de The Who. Malia a premiere en Galicia en 2010, co gallo do Xacobeo, a estrea oficial terá lugar en xuño, no marco do Festival de Annecy. Fai parte da sección oficial, pero fóra de concurso, que terá lugar do 6 ao 11 de xuño nesa cidade francesa. .
Amplía a nova>>
19/04/2011
O CGAI incrementa o seu fondo documental con cen títulos relacionados co agro galego
A Consellaría de Medio Rural contaba no seu departamento cunhas 350 copias que correspondían a un centenar de filmes documentais históricos relacionados coa agricultura e co traballo no campo galego. Un material que pasará a custodiarse e analizarse no Centro Galego de Artes da Imaxe grazas a un convenio que firmaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. Na listaxe de traballos hai documentais como
Lúpulo, que Jesús Franciso Gonzáález de la Riva y Vidiella, Marqués de Villa Alcázar, elaborou en 1950 ou
La mujer y la comunidad rural, que difunde as innovacións e coñecementos na agricultura e no medio rural..
Amplía a nova>>
18/04/2011
Comidas con premio
“Facemos as películas por moitos menos cartos do que debería ser” asegurou Luis Tosar ao recoller o premio Fernando Rey que recoñece toda a súa traxectoria. Foi unha das moitas críticas ao recortes económicos do goberno na gala dos Mestre Mateo, que premiaba os traballos audiovisuais feitos en Galicia no 2010. A película protagonizada e producida polo propio Tosar,
18 comidas, foi a gran vencedora da noite ao levar 7 premios, entre eles o de mellor película e mellor dirección para Jorge Coira. .
Amplía a nova>>
14/04/2011
Lalín acolle o primeiro encontro didáctico de animación
Exhibieránse 112 curtametraxes procedentes de 32 países chegados de catro dos cinco continentes. Trátase de Anirmau 11, un festival de animación que se desenvolve en Lalín. Como foi promovido desde o instituto local (IES Ramón María Aller), ten un marcado carácter didáctico, aínda que conta co apoio do concello (a través do Museo Municipal) e dos Cines Fílmax. De feito, o festival desenvólvese do 25 ao 30 de abril e as proxeccións realizaranse en diferentes sedes. O certame ten carácter competitivo, con premios que chegan aos 1.000 euros e trofeos para todos os galardoados. .
Amplía a nova>>