20/05/2011
Chega as carteleiras Doentes o filme que narra a reconversión do Hostal dos Reis Católicos
Todo o mundo sabe que o Hostal dos Reis Católicos foi un hospital que sanou as doenzas de peregrinos e probres ata a década dos 50, que cambiou de nome para converterse nun hotel de luxo. O dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño sitouse no momento desa reconversión para narrar
Doentes, a historia dun vellor cura castrense e un tísico que quedan á intemperie na noite compostelá. A que foi unha obra de teatro, chega hoxe ás carteleiras (Santiago, Vigo, Lugo, Vilagarcía e A Coruña) en forma de longametraxe da man de Filmanova e Zircozine, cunha produción feita e rodada íntegramente en galego. .
Amplía a nova>>
20/05/2011
A BD ocupa o seu espazo en Cans
A edición deste ano do Festival de Cans préstalle unha especial atención á banda deseñada. Por unha banda, o debuxante David Rubín presenta o sábado 21 ás 17 horas, no marco do ciclo Mirada de Cans
Can Car Oddisey, unha curtametraxe de imaxe real que ironiza sobre o propio mundo do audiovisual galego. Na mesma sesión, que introducirá Manuel Rivas, proxectarase tamén o documental
Radiografía dun autor de tebeos que realizou Marcos Nine sobre Rubín. Xa na tarde anterior, venres 20, a sección Fillos de cans acolle ás 18:30h a presentación da longametraxe
Arrugas, que adapta a BD homónima coa que Paco Roca obtivo o Premio Nacional de Cómic. Finalmente, na sección de Animación poderá verse a partir das 16:30 horas do sábado a curtametraxe
Birdboy, codirixida por Alberto Vázquez e baseada na súa banda deseñada
Psiconautas..
Amplía a nova>>
19/05/2011
Outra perspectiva
Hai moitas formas de mirar o festival de Cans en Porriño,tantas como queira miralo cada un. “Hai quen só quere asistir aos coloquios, quen só vai aos concertos, quen se senta nun prado cunha cervexa e se dedica a asistir a contemplar o desfile dos chimpíns” explica Alfonso Pato, ideólogo deste festival que co seu “agroglamour” conseguiu chamar a atención dos medios de comunicación de toda España. Pero Pato considera que existe “moito máis que esa imaxe friki” que se vendeu. Negocios, proxeccións inéditas e unha sección oficial moi competitiva converten a Cans nalgo máis que un festival popular..
Amplía a nova>>
16/05/2011
A animación con participación galega triunfa no Curtocircuíto 2011
Con participación galega na produción ou na área creativa, as curtas de animación foron as protagonistas dos premios Curtocircuíto 2011. No Premio RTP-Onda Curta, o segundo gañador foi
Gato Encerrado de Peque Varela (España/Arxentina), no premio á mellor animación Compostelae, o gañador foi
O Zapateiro de David Doutel e Vasco Sá, con significativa participación na produción da produtora coruñesa IB Cinema. Na mellor animación internacional, gañou
Birdboy de Pedro Rivero e o debuxante galego Alberto Vázquez. O premio especial á mellor curta galega foi para
Estereoscopía de Xacio Baño. Esta edición de Curtocircuíto tamén premiou, entre outros, á Mellor Ficción Compostelae foi para
El Grifo de Denis Rovira Van Boekholt.
Baby de Daniel Mulloy, Reino Unido, levou o galardón á mellor ficción internacional, e o mellor documental internacional foi para
El Somriure Amagat de Ventura Durall. O premio especial do público recaeu en
Vicenta de Sam Orti Marti..
Amplía a nova>>
16/05/2011
Cinema Lois
Nunca se vira un Día das Letras tan multimedia. Do mesmo xeito que os músicos, son varios os creadores do audiovisual que se deixaron fascinar pola figura de Lois Pereiro. Documentais sobre a súa figura, propostas de videocreación e outros formatos mestúranse nunha auténtica marea de material filmado arredor do poeta. Benvidos ao cinema Pereiro..
Amplía a nova>>
12/05/2011
Antonio Mourelos é o único candidato a presidir a Academia do Audiovisual
Os membros da Academia Galega do Audiovisual escollerán en asamblea o vindeiro 27 de meio o actor Antonio Mourelos como novo presidente da institución. A lista que encabeza é a única que se presentou para substituír a actual directiva, presidida por Xosé Manuel Oliveira
Pico. Mourelos conta para a súa proposta con nomes dos diferentes sectores do audiovisual, como o actor Luís Tosar, o director Jorge Coira, a produtora Emma Lustres, o xornalista Xaime Arias ou o actual decano de Ciencias da Comunicación en Santiago, Xosé Pereira..
Amplía a nova>>
06/05/2011
Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira participan na VIII edición do Festival de Cans
É a festa do audiovisual galego por excelencia. Comezou sendo un festival de curtametraxes que aproveitaba que a localidade na que se celebra se le igual que a cidade francesa na que se desenvolve un festival de cine (Cannes) para tirar de ironía. Acobou por converterse nunha cita “ineludible” do calendario que mestura audiovisual (con todos os formatos posibles) con música con gran acerto. Con só oito edicións, Alfonso Pato, conseguiu organizar un festival que agrada a políticos, profesionais e público ao tempo que implica activamente aos habitantes desta localidade. Nesta edición, que arrinca o día 18 de maio, contará coa presenza de Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira que presentarán os seus últimos traballos e achegarán algunha sorpresa. Entre as novidades destaca o Can Campus, onde estudantes de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo elaborarán videoclips ao lado de expertos profesionais. Concertos, proxeccións, coloquios e premios nesta cita que terá lugar do 18 ao 21 de maio..
Amplía a nova>>
06/05/2011
Representantes da TVG explican os retos de xestión nun cumio de televisión públicas rexionais
O panorama da televisión pública de pequenos territorios está a mudar. A reducción orzamentaria, o cambio tecnolóxico, as novas estratexias empresariais (fusións, reaxustes..) e os debates sobre o modelo de financiamento son algúnhas das cuestións que se analizaron no marco da Conferencia Anual de Circom. Unha entidade que agrupa a unhas cincuenta televisións con estrutura rexional de 32 países europeos. A esta cita asistiu o xefe de comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea, e explicou que a aposta polos contidos de proximidad e o uso da lingua galega permítelle á cadea galega manter uns niveis de audiencia superiores ao trece por cento. O encontro, que se celebra en Romanía, mantense co lema “Doing better, spending less” (facelo mellor gastando menos). .
Amplía a nova>>
05/05/2011
O festival Súper8 da Coruña reflexiona sobre os arquivos e a memoria
Naceu en 2010 para dar acubillo a producións audiovisuais rodadas en Super8. Este ano celebrará a súa segunda edición e contará cunha programación na que sobresae a proxección de
Metrópolis, un clásico do cinema. A cita, que terá lugar o 1 de xuño, supón a exhibición da versión completa dirixida por Fritz Lang e acompañada cun cncerto en directo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Obradoiros, exhibicións e conferencias completan un programa que este ano se centra nos arquivos a redes e a memoria. .
Amplía a nova>>
04/05/2011
A hora da curta
Mudaron as formas de consumo audiovisual e mudaron os xéneros. Antes, as curtametraxes eran un xénero menor, que lle servía de campo de traballo aos cineastas para curtirse antes do salto á longa. Nos últimos anos, as curtametraxes foron mellorando a calidade ata ter entidade suficiente por si mesmas. Mañá comeza en Santiago a oitava edición de Curtocircuíto, festival deste xénero que serve de termómetro do que se está a facer en Europa. Pero tamén de como lle afecta a crise..
Amplía a nova>>