MarÃa Pujalte recolle o testemuño deixado por Luis Tosar ou Celso Bugallo e recibirá o vindeiro 20 de maio o premio de honra PedigreeÂ’11. Un galardón co que o Festival de Cans recoñece a súa traxectoria dende os seus inicios no mundo do audiovisual en Galicia. Canda ela, os chimpÃns de prata (que premian o apoio ao festival) irán para o actor e presentador Roberto Vilar e para o veciño SerafÃn Campos Bargiela. A organización está a pechar a programación dunha nova edición (do 18 ao 21 de maio) ao que se presentaron máis de 70 curtametraxes de ficción, animación e documental e uns 50 traballos para o concurso especÃfico de videoclips. O festival estrea nesta edición a publicación oficial, o Canzine dirixida por Diego Giráldez e Amparo RodrÃguez Ojea.