03/02/2012
Arrinca en Vedra unha nova edición do seu programa audiovisual, o LAV012
É a primeira das dúas fins de semana coas que Vedra pretende dinamizar esta zona cun programa audiovisual que contempla desde o aspecto formativo ata o de exhibición. No que atende ao primeiro, comezarán con cinco cursos (Animación stop motion, O intérprete diante da cámara, Postprodución dixital, Iniciación ás
curtametraxes para o alumnado de ESO e Interpretación na dobraxe). Da outra, entre as proxeccións figura a estrea de tres traballos.
Canción de Ninar, un drama dirixido por Martín Rodríguez,
Noutra pel é unha curta resultante dun taller de cine impartido por Margherita Morello, sobre unha idea de Mª Jesús Picallo Ferreiro. Pechan as proxeccións,
Xeira un drama rural centrado nuns personaxes marcados pola traxedia. Escrito e dirixido por Marisa Otero..
Amplía a nova>>
03/02/2012
Dúas empresas do sector audiovisual apoiadas por Xesgalicia acumulan perdas millonarias
Xa era coñecido que tanto Bren Entertainment como Dygra Films atravesaban un delicado momento financeiro.
El País publica hoxe unha ampla reportaxe na que estas entidades aparecen no listado de empresas apoiadas pola Xunta en Xesgalicia que perden cartos. Segundo cita este medio, remitindo a datos do Rexistro Mercantil, Bren Entertainment acumula perdas por 922.645 e Dygra Films de 755.041 euros. As dúas empresas figuraban no listado de empresas apoiadas con cargos a fondos públicos de capital risco (SCR)..
Amplía a nova>>
03/02/2012
Play Doc prepara a súa oitava edición que se centrará na paisaxe
É a “xoia cultural tedense”, tal e como asegurou Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura e Educación desta localidade pontevedresa. Por iso, o Play Doc non faltará á súa cita co documental. Será nun formato que se mantén fiel á súa estrutura habitual, aínda que haberá cambios. Malia que aínda non se coñece a programación, desde o festival confirman que este ano estará centrado temáticamente na paisaxe. Na sección oficial a competición repartiranse un total de 5.000 € en premios e a cita será do 21 ao 25 de marzo..
Amplía a nova>>
02/02/2012
Unha clase maxistral dará claves de como funciona un mercado audiovisual
Félize Frappier traballa no sector da distribución como axente de vendas para Max Films International desde 2003, conseguíu vendas para películas como Seducing Dr. Lewis, The Far Side of the Moon, Borderline e Crying Out. O vindeiro martes estará en Compostela (aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia) para dar unha clase maxistral sobre
Audiovisual Marketing and International Sales. A cita está organizada polo Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). .
Amplía a nova>>
02/02/2012
A Academia do Cine elimina a O mago dubidoso da candidatura dos Goya
A suspensión cautelar de
The Little wizard. O mago dubidoso da produtora galega Deboura facía sospeitar o que onte confirmou a Xunta Directiva da Academia de Cine, que a cinta non estará finalmente na loita polos Goya na categoría de mellor longametraxe de animación. A produción foi eliminada por “incumprimento das bases de participación” tal e como figura no web da Academia de Cine. A decisión tomouse nunha Xunta Directiva desenvolvida onte está tomada por unanimidade e é inapelable. De tal xeito, as finalistas nesa categoría son
Engurras,
Cartago Nova e
Papá, son unha actriz. A gala de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 19 de febreiro. .
Amplía a nova>>
01/02/2012
O Cineclube Padre Feijoo e o Festival de Ourense dedican o ciclo de febreiro ao cine político
Comeza un novo ciclo do Cineclube Padre Feijoo e do Festival de Cine de Ourense que abordará durante o mes de febreiro, as miradas sobre a xerarquía eclesiástica, o terrorismo islámico e a corrupción política. O ciclo de cine político contará con tres filmes dirixidos por Nanni Moreti (Habemus Papam), Chris Morris (Four Lions) e Paolo Sorrentino (Il Divo). As proxeccións, coma sempre, serán no Cinebox do centro comercial Pontevella. Ademais, este mes estrea unha novidade na programación que é o aumento dun pase (o das 18:00h), que se suma aos xa clásicos de 20:30 e 23:00h..
Amplía a nova>>
01/02/2012
Un ciclo de cine propón en Ferrol unha reflexión sobre a historia recente
Asociación cultural Ferroltera Nosa Memoria inicia hoxe un ciclo de cine no Centro Torrente Ballester. Unha proposta organizada pola asociación cultural Ferrolterra Nosa Memoria e que conta co asesoramento do historiador Bernardo Máiz.
A Cidade da Selva (2006) de Helena Villares e Pilar Faxil inicia esta tarde as proxeccións. Este título céntrase nos tempos da República ata a morte do último guerrilleiro no ano 1954.
Cancións para despois dunha guerra de Basilio Martín Patino, os documentais
Maricielo e
Silenciadas, así como
A mariñeira de Antón Dobao compoñen esta proposta que se estende ao longo do mes de febreiro..
Amplía a nova>>
26/01/2012
O Consorcio Audiovisual ultima a presenza en dous mercados internacionais
As produtoras galegas preparan estes días a súa asistencia a citas audiovisuais de carácter internacional. A través do Clúster do Audiovisual e do Consorcio Audiovisual de Galicia asistirán a cita de carácter estratéxico para a comercialización e produción de produtos audiovisuais. O Consorcio estará presente no European Film Market de Berlín co seu catálogo Films From Galicia (23 titulos entre os que está 18 comidas ou Todos vós sodes capitáns) e no de curtametraxes Clermont Ferrand con
Shorts from Galicia. Doutra banda, esta semana remata o prazo para apuntarse ao Río Content Market de Brasil, cita de relevancia para a produción de contido multiplataforma, á que asistirá o Clúster do Audiovisual. .
Amplía a nova>>
25/01/2012
Atentos á carteleira
A última produción de Xavier Villaverde (
O sexo dos anxos), a gran aposta de Vaca Films (
Invasor), a premiada longametraxe de animación
Engurras… estas son algunhas das producións galegas que veremos na carteleira nas vindeiras semanas. Aposta forte pola animación e a coprodución como única saída nun momento no que as produtoras notan unha baixada no seu ritmo de traballo..
Amplía a nova>>
19/01/2012
Engurras chega aos cines o vindeiro 27 de xaneiro
“É unha historia sobre a soidade das persoas, sobre a vellez… pero tamén sobre a familia”. Paco Roca definía así a historia de
Engurras, a banda deseñada que a produtora Perro Verde Films levou ao cine co mesmo título. O filme presentouse hoxe en Santiago,así como a versión en galego da banda deseñada (a cargo de El Patito), e estrearase nas carteleiras de todo o Estado o vindeiro 27 de xaneiro. O filme chega con numerosos recoñecementos baixo o brazo, como as candidaturas os premios Goya (mellor longametraxe de animación e mellor guión adaptado).
Engurras é a primeira longametraxe de Ignacio Ferreras quen, xunto con Ángel de la Cruz, adaptaron a historia de Paco Roca. .
Amplía a nova>>