18/01/2012
O último filme de Rodrigo Cortés preséntase no festival de Sundance
Despois de sorprender coa súa segunda longametraxe,
Buried, Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) é o gran reclamo desta edición do festival independente Sundance. Alí presentará
Red lights, un título no que conta con Sigourney Weaver, Cillian Murphy, Elizabeth Olsen e Robert de Niro, para contar unha historia de fraudes paranormais. Ofrecerá seis pases do título para o que xa están esgotadas..
Amplía a nova>>
17/01/2012
Un obradoiro ensinará a facer curtametraxes en galego
Entre o 31 de xaneiro e 2 de marzo desenvolverase o primeiro
Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego. Un seminario organizado polo concello da Coruña e a Escola Oficial de Idiomas desta localidade que ofrecerá 15 horas de clases teórico-prácticas para ensinar as claves para crear una obra audiovisual de ficción (do guión á linguaxe e la técnica), además de seis horas de prácticas en gravación, edición e post-producción. A curta resultante participará no Festival CinEOI Coruña Curtas 2012. Imparte este curso, que contará con 20 prazas, o director, guionista e actor Omar Rabuñal Varela..
Amplía a nova>>
17/01/2012
O Festival de Cans mantén as dotacións dos premios para apoiar os creadores
Arrinca a IX edición do Festival de Cans. Unha cita que este ano se celebrará entre o 23 e o 26 de maio e que mantén a dotación (en total repartirán 5.600 euros) e categorías (sete para curtametraxes, dous para videoclips e un premio honorífico, o Pedigree) doutras edicións. Desde a organización do festival explica uqe non reducirán a dotación económica dos galardóns para “seguir apoiando aos credores”. Con todo, continúan na busca de financiamento deste encontro e o número de xornadas de programación dependerá “dos apoios económicos que se consigan”. O prazo para presentar traballos a concurso pecharase o vindeiro 16 de marzo..
Amplía a nova>>
16/01/2012
Crear en 2011 (e II)
Volver aos espectáculos escénicos de pequeno e medio formato; a prevalencia da fotografía e vivir dos proxectos audiovisuais pasados son algunhas das tendencias que expertos e críticos observan da creación recente. Repasamos as tendencias no sector das artes escénicas, audiovisual e artístico..
Amplía a nova>>
13/01/2012
O Consorcio Audiovisual leva sete curtametraxes ao Festival Clermont-Ferrand
É a cita máis relevante para as curtametraxes. A 34 edición do Festival Internacional Clermont-Ferrand arrincará o vindeiro 27 de xaneiro nesta localidade francesa e haberá presenza galega. O Consorcio Audiovisual de Galicia estará na cita co catálogo
Shorts from Galicia 2012, que inclúe sete traballos producidos nos últimos dous anos e premiados nos festivais de curtas máis relevantes de Galicia (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu). Son o documental
Radiografía dun autor de tebeos (de Marcos Nine); dous traballos de ficción, Estereoscopía de Xacio Baños e ¿De qué se ríen las hienas? de Javier Veiga e catro de animación (
Amistad de Alejandro Marzoa,
Gato encerrado de Peque Varela,
Birdboy de Pedro Rivero e Alberto Vázquez. Precisamente este último traballo é finalista aos Goya na súa categoría. .
Amplía a nova>>
12/01/2012
Crear en 2011 (I)
A crise económica tamén condiciona a creación. Cando menos iso é o que se desprende dos especialistas consultados nas áreas da literatura, a banda deseñada e a música. Nuns casos a pegada é positiva e noutra negativa, e mentres nas letras leva a unha visión máis conservadora, na música convida a que os artistas se impliquen máis nos procesos de control das súas obras, entre outras cuestións..
Amplía a nova>>
11/01/2012
O proxecto Sete Camiños reivindica o patrimonio cun documental
A importancia patrimonial e ambiental da área dos Sete Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro animou hai xa varios anos a vinte asociacións da zona a reivindicar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A seguir con este traballo, preséntase agora o documental
Sete Camiños: encrucillada no tempo, realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións. O proxecto fai un repaso polos principais valores da área, e preséntase publicamente ás 20:30 horas do vindeiro venres 13 no Teatro Principal de Pontevedra..
Amplía a nova>>
10/01/2012
A animación galega despunta nos premios Goya
A animación galega segue a ser un referente no audiovisual. A XXVI edición dos Goya ten entre os seus finalistas tres títulos galegos deste xénero: un na categoría de curtametraxe,
Birdboy (que tamén foi preseleccionado para os Óscars) e dous títulos na de longametraxe deste xénero (
Engurras e
O mago dubidoso). Canda o resto das producións, destaca outro nome galego, o de Luís Tosar, que opta a conseguir a súa cuarta estatuíña con
Mentras durmes, producida pola empresa do galego Julio Fernández, Filmax. Os grandes favoritos desta edición son a última produción de Pedro Almodóvar, rodada en Galicia,
La piel que habito con 16 candidaturas;
No habrá paz para los malvados con 14; a coprodución catalá
Eva con 12 e
Blackthorn (sin destino) con 11.
La voz dormida de Benito Zambrano opta a 9 premios..
Amplía a nova>>
09/01/2012
O Festival de Cine de Ourense e o Padre Feijoo presentan +Cine, programación estable
Melancolía de Lars Von Trier (mércores 11), O neno da bicicleta (mércores 18) e a Árbore da Vida (mércores 25) son os tres títulos que inauguran +Cine. Trátase da colaboración estable que pretenden por en marcha o Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff) e o Cineclube Padre Feijóo, tralos bos resultados da colaboración que ambas entidades mantiveron o ano pasado. Esta sección pretende ofrecer unha programación estable de cine alternativo ao circuito comercial para as sesión dos mércores. .
Amplía a nova>>
29/12/2011
A CRTVG inicia emisións en probas de televisión conectada
A televisión conectacta, baseada na implantación da tecnoloxía híbrida de televisión de banda ancha (HbbTV) terá no 2012 o seu ano de implantación. Neste camiño, a CRTVG acaba de iniciar as probas experimentais de emisión. A televisión conectada consiste nunha plataforma á carta cunha especie de barra lateral con múltiples funcións como escoller contidos de catálogo, participar en votacións, comentar en tempo real e ampliar información do programa que se está a emitir, entre otras opcións. .
Amplía a nova>>