Novas | 2111 a 2120 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

29/12/2011
Comeza a andar a terceira edición do Mufest, o festival audiovisual feito por mulleres

Poden participar todas as producións audiovisuais feitas en galego ou en castelán (con subtítulos nestes idiomas), creadas a partir de 2005 pero todos co denominador común de estar feitos por mulleres. Estes son os requisitos dalgunhas das bases do MUFEST, o festival audiovisual feito por mulleres, que pon a andar a súa terceira edición. Está aberto o prazo de recepción de traballos para un encontro que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para o vindeiro mes de febreiro.. Amplía a nova>>

28/12/2011
O Laboratorio de Vedra abre o prazo de inscrición dos seus cursos audiovisuais

Leva cinco anos impartindo cursos de formación audiovisual de carácter non regrado. Da man de profesionais recoñecidos do tecido audiovisual galego e nun contorno rural, moi alonxado dos tradicionais foros destas actividades. A Asociación Senunpeso acaba de facer pública a inscrición das súas VI xornadas, que ofertan 158 prazas repartidas en nove obradoiros, seis deles de iniciación e tres avanzados dirixidos a profesionais. A inscrición pode facerse ata o primeiro de febreiro a través do sitio web e todos os cursos impartiranse nese mesmo mes.. Amplía a nova>>

27/12/2011
O Festival de Cine de Ourense baixará a contía dos premios e manterá actividades paralelas

A desputa entre a Deputación de Ourense (presidido por José Luis Baltar) e o departamento municipal de Cultura (gobernada pola nacionalista Isabel Pérez) continúa a escribir novos capítulos. Despois da aprobación de deixar de financiar ao consorcio do Festival Internacional de Cine (malia que os seus estatutos explicitan que se ha de notificar cun ano de antelación), o certame sufrirá modificacións. Con todo, a presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, asegura que de confirmarse a baixada do orzamento nun 22%, notarase na contía dos premios, pero non en actividades paralelas como (Cine baixo as Estrelas, ou o apartado destinado ás escolas, ou o Espazo de Cine, que mantén programación cinematográfica estable ao longo de todo o ano). . Amplía a nova>>

23/12/2011
Oleiros acolle a presentación do telefilme A pesar de todo, quérote

Un grupo de mozo de vinte anos sofre un tráxico accidente que cambia as súas vidas. As súas consecuencias e como o feito cambia as relacións afectivas é o que conta A pesar de todo, quérote. O último filme coproducido por Adivina Produccións e Televisión de Galicia volveu onte a Oleiros, lugar onde se desenvolveu parte da rodaxe, para dar a coñecer o resultado final. A produción está dirixida por Jorge algora e conta con con Christian Escuredo, Déborah Vukusic e Rubén Prieto como actores. O filme será emitido por Television de Galicia en data aínda por decidir.. Amplía a nova>>

23/12/2011
Chega aos cines, Copito de Nieve a última produción de Fílmax

É un filme propio de Nadal, que mestura imaxe real e animación, e que conta a viaxe do único gorila branco do mundo, na procura da Bruxa do Norte para que o convirta nun gorila negro como os demais. Copito de Nieve é a última produción de Fílmax, a factoría de ficción que fundou o galego Julio Fernández , está dirixida por Andrés G. schaer e protagonziada por Pere Ponce, Elsa Pataky e Claudia Abate, entre outros. Parte do filme elaborouse nas instalacións que a compañía ten en Galicia, Bren Entertainment. Conta co apoio de Agadic e a Xunta de Galicia e chega hoxe ás carteleiras con 5 copias en galego das 200 que se distribúen e toda España.. Amplía a nova>>

22/12/2011
A Deputación ourensá deberá agardar un ano para saír do Consorcio do Festival de Cine

O concello dunha banda e a Deputación da outra son as dúas entidades que conforman o Consorcio Internacional Festival de Cine de Ourense. A Deputación aprobou no pleno do pasado venres deixar de achegar os 90.000 euros anuais para a celebración desa cita. Con todo, desde o Consorcio do Festival de Cine de Ourense non teñen constancia oficial desa decisión que, tal e como confirmaron fontes da Deputación sería efectiva para 2012. Sen embargo, o artigo 20 dos estatutos da entidade establece que a “separación dalgún dos membros do Consorcio poderá facerse cun aviso previo dun ano, sempre que non se prexudiquen os intereses públicos xerais que representa o Consorcio”. . Amplía a nova>>

20/12/2011
O Consorcio Audioviusal negociou en Arxentina os fondos de coprodución Raíces e Ancine

A principios de mes, o Consorcio Audiovisual participou en “Ventana Sur”, un mercado de recente creación, promovido polo INCAA (Instituto Nacional de Cine y Artes Audivisuales) de Arxentina en asociación coa organización responsable do Marché du Film de Cannes, o maior mercado audiovisual a nivel mundial. A cita aproveitouse para a renovación do fondo de coprodución cinematográfica entre o Consorcio e a Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) que se concretará no primeiro semestre de 2012. Non foi o único fondo de coprodución do que se falou, xa que se aproveitou para falar do convenio Raíces e outros acordos de colaboración, como Cinemas de Galicia, un ciclo itinerante de cine galego polo territorio arxentino, ademais de establecer contacto con outras cinematografías, como Chile e Uruguai, para futuras relacións de cooperación.. Amplía a nova>>

19/12/2011
O Consorcio Audiovisual tentará implicar a Deputación ourensá malia súa saída do organismo

O pasado venres, a Deputación de Ourense aprobou en pleno a súa saída do Consorcio Audiovisual de Galicia. Unha situación que se producirá, tal e como figuran nos estatutos da entidade, no ano 2013. Con todo, o director-xerente do Consorcio, Anxo Quintanilla, afirma que coñecía a intención da Deputación é que “buscaremos outra formas de colaboración ao longo de 2012 e de que siga implicada na actividade do Consorcio”. Quintanilla sitúa esta decisión no contexto de crise económica e de “necesidade de conseguir unha maior eficacia na xestión” e asegurou que esta decisión non implica a outras das entidades que integran o Consorcio.. Amplía a nova>>

19/12/2011
A CRTVG estrea producións audiovisuais co gallo do Ano Cunqueiro

Esta fin de semana a CRTVG proxectou o documental O Señor das Palabras, que serviu de repaso da vida e obra de Álvaro Cunqueiro. Foi a primeira das dúas proxeccións que a entidade programou co gallo do centenario do escritor mindoniense. A segunda está prevista para este xoves, 22 de decembro, cando se cumpre a data exacta da efeméride, e para a que está programada a estrea de Sinbad, o filme coproducido entre a TVG e Ficción Producións. Dirixida e guionizada por Antón Dobao conta con Xosé Manuel Olveira, Pico, no papel protagonista.. Amplía a nova>>

16/12/2011
A Deputación de Ourense abandona o Consorcio Audiovisual Galego

O pleno da Deputación de Ourense aprobou esta mañá, segundo publica a edición local de La Voz de Galicia, unha serie de propostas que afectan ao sector audiovisual. Dunha banda, decidiu solicitar a saída do Consorcio Audiovisual Galego que, segundo establecen os estatutos desta entidade farase efectivo no vindeiro ano. Da outra, deixará de apoiar económicamente o Festival de Cine de Ourense. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org