16/12/2011
1.500 escolares da comarca ferrolá participarán no ciclo “en galego, de película”
Levan xa once edicións dun ciclo que naceu co obxectivo de dar a acceso ao cinema feito en galego. Nesta ocasión, os filmes escollidos son
A tropa de trapo, para escolares de Infantil e Primaria;
Pradolongo, para alumnado da ESO; e
Crebinsky, para o de Bachalerato e Ciclos Formativos. Os pases serán nos cines Dúplex en dúas sesións, ás 10.00 horas e ás 12.00 horas, os días 15, 16, 19 e 20 de decembro. En total, participan nesta iniciativa organizada polo departamento de normalización lingüística do concello de Ferrol, 1.500 alumnos pertencentes a unha vintena de centros. .
Amplía a nova>>
14/12/2011
A Deputación de Ourense votará este venres a súa saída do Consorcio Audiovisual
A Deputación de Ourense ten a intención de deixar de formar parte do Consorcio Audiovisual de Galicia. Trátase dunha iniciativa do grupo do Partido Popular que se debaterá no Plano da Deputación que terá lugar este venres. Na proposta, o PP xustifica que se trata dunha "área de actuación que non se corresponde coas competencias legalmente asinadas á Deputación Provincial de Ourense”. .
Amplía a nova>>
09/12/2011
Antón Reixa preséntase á presidencia da SGAE
Segundo informa El País, o produtor e creador Antón Reixa presentará este luns formalmente a súa candidatura á presidencia da Sociedad General de Autores e Editores (SGAE). A lista leva o eslogan "Devolvamos la SGAE a l@s soci@s" e vaise presentar no Círculo de Belas Artes de Madrid. O galego competirá coa candidatura DOM (De Otra Manera), que lidera o compositor José Miguel Fernández Sastrón. As eleccións serán o 7 de febreiro de 2012 e nelas poderán votar 21.000 socios da SGAE. .
Amplía a nova>>
07/12/2011
O Instituto Cervantes de Nova York achégase á figura de Torrente Ballester
Entre 1966 e 1973 Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) realizou numerosas visitas a Estados Unidos. Daquela era profesor convidado da Universidade do Estado de Nova York, en Albany. Alí deu clases, mantivo tertulias, escribiu varias das súas novelas e mesmo naceron as súas fillas. Agora, o Instituto Cervantes de Nova York aproveita esta relación para achegarse a súa figura. Ata o 13 de decembro a súa sede acolle a exposición
Os mundos de GTB que recolle obxectos persoais, primeiras edicións, manuscritos e fotografías. .
Amplía a nova>>
05/12/2011
The artist vence nas vodas de prata dun Cineuropa que bateu todas as marcas
Máis películas ca nunca colgaron o cartel de “esgotadas as localidades”, máis público asistiu ás actividades paralelas programadas (os dous concertos), as actividades infantís e o maratón durou 16 horas, converténdose no máis longo destes vintecinco anos. O “festival de festivais” Cineuropa cumpriu as súas vodas de prata superando os seus rexistros anteriores. Nesta edición, o premio do público foi para
The artist, cun 8.46. No panorama internacional, a vencedora foi
Et maintenant on va oú? cun 8.67, en Mundo asia Amor baixo o espiño branco cun 8.06 e na conexión Bos Aires,
Noivas, madriñas, 15 anos recibiu un 5.15..
Amplía a nova>>
02/12/2011
Cineuropa en trailers: Venres 02
Hoxe remata en Compostela a vixésimoquinta edición de Cineuropa e faino, como vén sendo habitual, co tradicional maratón. Desta volta nove longametraxes (unha dela sorpresa) e dúas curtas poñen o broche final a un certame que colgou o cartel de “non hai localidades” en diferentes proxeccións. A falta do reconto das votacións de onte e hoxe, a vencedora é
The artist cun 8.46. No entanto, é a francolibanesa Et maintenant on va oú? a que ten a puntuación máis alta cun 8.67. .
Amplía a nova>>
01/12/2011
Bird Boy preseleccionado para os premios Goya
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas acaba de dar a coñecer os títulos das 30 curtametraxes preseleccionadas para os premios Goya. Entre eles destaca
Birdboy, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, na categoría de animación. Tamén figura entre os candidatos, no apartado documental,
Sea bites(Percebeiros), de David Berlain Amatriain. A sede da Academia proxectará en tres sesión (luns 5 para ficción, mércores 7 cos traballos animación e venres 9 os de documental) os traballos preseleccionados. Serán despois os académicos os que decidan, coas súas votacións, cales deles son os vencedores. .
Amplía a nova>>
01/12/2011
Jorge Coira dirixirá a adaptación audiovisual de Limpeza de Sangue
Un arquitecto trunfador e un drogadicto coñécense nunha sesión de diálese. Esta é a sinopse de
Limpeza de Sangue, a obra de teatro coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática e o ÁlvaroCunqueiro en 2005, e que Filmanova levará as pantallas. O proxecto contará con Jorge Coira como director e con guión de Jacobo Paz, que xa están a traballar no desenvolvemento do proxecto para o que conta cunha axuda de Agadic..
Amplía a nova>>
01/12/2011
Cineuropa en trailers: xoves 1
Penúltimo día de proxeccións desta edición de Cineuropa. Unha edición na que
The artist encabeza as votacións da sección oficial cun 8.46. No entanto, é a francolibanesa
Et maintenant on va oú? a que ten a puntuación máis alta cun 8.67. Hoxe última oportunidade para ver
Faust,
L´Apollonide e
La Guerre est Déclarée, tres cintas “imprescindibles” segundo o director do Festival, José Luis Losa..
Amplía a nova>>
01/12/2011
O Culturgal básico
Chega o Culturgal. Tres días de presentacións, conversas, produtos e todo tipo de propostas culturais concentradas. Un total de 130 actividades enchen a vindeira fin de semana o Pazo da Cultura e mais a Cidade de Pontevedra. Para evitar a saturación, achegámosche unha pequena guía de recomendacións e tendencias que han facilitar a orientación do visitante..
Amplía a nova>>