Novas | 2131 a 2140 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

30/11/2011
Unha ducia de produtoras asisten a Ventana Sur, a cita co audiovisual latinoamericano

Malia ser un mercado de recente creación Ventana Sur reúne en Arxentina a 400 compradores e vendedores de produto audiovisual de todo o mundo. Unha cita na que haberá unha delegación de empresas galegas grazas ao apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Alén dos contactos que os empresarios realizarán nestes países para a produción, haberá pases de cinco producións galegas e a presentación do catálogo “Films from Galicia”, que contén os títulos máis recentes do audiovisual galego. A cita terá lugar do 2 ao 5 de decembro.. Amplía a nova>>

30/11/2011
Cineuropa en trailers: mércores 30

Hoxe aterra na carteleira L´apollonide, a crónica cotiá dunhas mulleres que deciden non manter relacións cos seu maridos ata que os homes decidan axuda a subir a buscar a auga que elas levan traendo das montañas. Unha forma de reclamar igualdade entre homes e mulleres. Hoxe, tamén se proxectará unha sesión dobre de O cabalo de Turín e o último pase de O neno da Bicicleta. Ademais, o CGAC acollerá unha nova edición do audiovisual galego centrado en dous autores: Sonia Méndez e Lois Patiño. . Amplía a nova>>

29/11/2011
Cineuropa en trailers: martes 29

Bela Tarr impresionou en Berlín coa súa novidosa Turin Horse, na que narra a historia de casualidades, nas que un filósofo Friedrich Nietzsche abrázase a un cabalo exhausto en plena vía pública cando sente que a súa vida está chegando aos derradeiros días e confunde o real co imaxinario. Anos máis tarde, nalgún lugar no campo, un granxeiro e a mais a súa filla enfróntanse ás inclemencias do tempo e subsisten humildemente co vello cabalo como única posesión.. Canda este filme, hoxe chega tamén a esta recta final La Guerra est Déclarée, na que conta unha grande historia de amor cunha grave enfermidade polo medio. Na recta final, The Artist encabeza as votacións da sección oficial cun 8.46, seguido de As neves do Kilimanjaro de Robert Guediguian cun 8.2. A nota máis alta desta edición é para a franco-lebanesa Et maintenant on va ou? cun 8.67. . Amplía a nova>>

29/11/2011
Da pantalla para a páxina

Estamos afeitos a ver adaptacións para o audiovisual de obras literarias. No entanto, non é tan común, no noso país, observar o paso contrario. Producións pensadas para cinema ou televisión que desenvolven unha versión escrita. A editorial Galaxia está a dar os primeiros pasos nesta tendencia coa adaptación, ademais, de programas de carácter documental. Logo do enorme éxito colleitado polas receitas de Larpeiros, amplía esta serie de libros e lanza a versión impresa de Criaturas.. Amplía a nova>>

28/11/2011
Superviventes (e II)

Amantes do cine por riba de todo. Tanto que non importan as condicións climatolóxicas e os espazos nos que se proxectan as súas actividades. Da vintena de cineclubes que resisten en Galicia, destaca o de Chantada, que programa unha semana de cinema independente, de moi diferente orixe (iraní, romanés….) ata de 35 nacionalidades diferentes, que proxecta “aínda que chova”, asegura Lola González secretaria da federación que agrupa o traballo destas entidades. Pero non é a única singularidade da súa actividade que teñen desde cinematecas con rodas ata obradoiros.. Amplía a nova>>

28/11/2011
Cineuropa en trailers: luns 28

O festiva enfila a recta final e deixou para agora toda a súa artillería pesada. Hoxe chegan O neno da Bicicleta, dos irmáns Dardenne (un clásico neste festival) e, nesta ocasión a súa cinta é unha das favoritas para gañar esta edición de Cineuropa. Na programación de hoxe tamén está Fausto de Alexadr Sokurov, un controvertido filme que gañou no Festival de Venecia. Completa a programación os maxistrais e provocadores "Cold Fish" e "Guilty of romance" do xaponés Shion Sono.. Amplía a nova>>

27/11/2011
Cineuropa en trailers: domingo 27

O metacine de cine Road to nowhere e o asoballante thriller Essential killing (premiado no festival de Venecia e no de Mar de Plata) traen á carteleira de Cineuropa o rexurdir de dous veteráns: Monte Hellman e Jerzy Skolimowsky. E destaca, a comedia A raíña das mazás, Valérie Donzelli, ópera prima desta realizadora que opta a ser a gañadora desta edición co filme A guerra declarouse, que se proxecta o martes. Completa a proposta do día os maxistrais e provocadores Cold Fish e Guilty of romance do xaponés Shion Sono.. Amplía a nova>>

26/11/2011
Cineuropa en trailers: sábado 26

O filme de contido político, O estudante protagoniza hoxe a carteleira de Cineuropa. Logo de trunfar nos festivais de Locarno e de Bos Aires, incorpórase á recta final de Cineuropa. O programa de hoxe tamén permite ver o último filme de Robert Redford, O conspirador (inspirado no asesinato de Abraham Lincoln) e de Ken Loach Route Irish (sobre a guerra de Iraq). Ademais, hoxe é o último pase de O artista, que xunto con O neno da bicicleta e A guerra está declarad", son as favoritas para o Premio do Público. Ademais, a partir das 18:00 horas, o maratón sobre Elvis Presley en Hollywood na sede da Fundación NovacaixaGalicia.. Amplía a nova>>

25/11/2011
Cineuropa en trailers: venres 25

Malia que o festival entra na recta final, queda ainda espazo para novos traballos. A de hoxe é unha xornada dedicada ao Novo Cinema Galego, que permite a presentación dos últimos traballos dos realizadores: Alberte Pagán e Xurxo Chirro. O primeiro deles rematará o ciclo dedicado a exhibir os seu traballos con A pedra do lobo, mentres que os segundo presentara Vikingland despois de participar nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Os dous charlarán co público ao remate das súas sesións. Ademais, na cita de hoxe continúan as proxeccións do ciclo dedicado a Andrés Veiel (no CGAC), con dúas novas proxeccións.. Amplía a nova>>

24/11/2011
Cineuropa en trailers: xoves 24

O filme de Ricardo Llovo, Outro máis, ficciona as consecuencias dunha marea negra.Non é a única produción galega do día en CIneuropa, que ofrecerá varias producións de Seném Outeiro. Entre elas “O espirito das trincadeiras”, que narra o movimento veciñal na defensa das Trincadeiras, nunha zona pontevedresa que se expropiaron uns terreos para construír a autovía Vigo-O Porriño. Pecha a sesión un traballo de Uqui Permui e unha nova cita co ciclo de cinema alemán e o achegamento á figura de Andrés Veiel.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org