20/02/2012
Os premios Goya recoñecen a animación galega
A Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu na gala que se celebrou a pasada noite con tres premios Goya dúas producións animadas realizadas no noso país e baseadas en cadansúa obra de banda deseñada.
Birdboy, a curta de animación de Pedro Rivero e Alberto Vázquez a partir da BD deste autor levou o premio Goya nesta categoría. A Academia recoñeceu outra produción animada galega,
Engurras, cos galardóns á mellor longametraxe de animación e mais ao mellor guión adaptado. Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini e Paco Roca, autor valenciado da novela gráfica na que se basea o filme, recolleron este galardón..
Amplía a nova>>
17/02/2012
O Play-Doc recorre ao crowdfunding para completar o seu financiamento
O Festival de Documentais de Tui, Play-Doc, chama á colaboración económica dos seus seguidores para completar o financiamento da súa edición deste ano. Os interesados poderán facer achegas a partir de dez euros, que dan dereito a unha chapa e a descontos nas entradas a concertos. A partir dos cincuenta, un pase especial permitirá o acceso gratuíto a todas as actividades. Canda a isto, a organización adiantou hoxe que no evento proxectaranse dez filmes galegos.
Vikingland, de Xurxo Chirro competirá canda a outros catro títulos na sección oficial..
Amplía a nova>>
17/02/2012
A Deputación de Ourense reclama un papel máis activo no Festival de Cine
O flamante presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistábase onte coa alcaldesa de Ourense, Isabel Pérez, con vistas a negociar a participación da entidade provincial no vindeiro Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Despois do encontro, Baltar sinalou que a entidade que preside está disposta a apoiar economicamente o eventno, logo de que en decembro suspendera a súa achega de 90.000 euros ao mesmo. Baltar reclamou que a Deputación non quere "un papel de simples pagadores, senón un protagonismo activo e participación", tanto a respecto do festival como da promoción do audiovisual en xeral. .
Amplía a nova>>
14/02/2012
Falece Francisco Braña
Francisco
Frank Braña, coñecido actor especializado no xénero do spaghetti western, faleceu onte aos 77 anos de idade no hospital Puerta de Hierro de Majadahonda. Braña, aínda que nado na localidade asturiana de Pola de aAllende, pasou a infancia na Fonsagrada. A súa carreira cinematográfica comezou nos anos 60, e deulle para pasar por máis de 170 filmes, moitos deles canda a coñecidas estrelas internacionais. No pasado 2007 foi homenaxeado na Semana de Cine de Autor de Lugo. Braña será enterrado hoxe no cemiterio de Collado-Villalba, onde residía..
Amplía a nova>>
10/02/2012
Política Lingüística convoca un certame de curtas escolares
Animar os escolares a empregar o galego nas novas tecnoloxías e mais na creación audiovisual é o obxectivo do programa
Nós tamén creamos, que presentaba esta mañá a Secretaría Xeral de Política Lingüistica. O proxecto convoca un certame de curtametraxes de animación que se poderán ver na sección inantil do web da CRTVG. Os centros que queiran participar no programa recibirán material e formación para desenvolver as súas curtas. As tres gañadoras emitiranse na CRTVG..
Amplía a nova>>
09/02/2012
Carreiras independentes
Nos últimos anos o audiovisual galego deu á luz varias producións de baixo orzamento e apostas creativas que acadaron un grande impacto en medios especializados. Proxectos independentes, de autor e que se desenvolven en boa medida por amor ao cinema dos seus creadores. A seguir nesta liña ou achegándose a produtoras convencionais, moitos dos nomes que se insiren nesta tendencia ultiman novos proxectos..
Amplía a nova>>
08/02/2012
A Xunta corrixe o modelo de internacionalización do sector audiovisual
Conseguir unha maior presenza internacional das producións audiovisuais galegas. Este é un obxectivo “prioritario” para un “sector estratético” tal e como apuntaron esta mañá Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, e Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria no sinatura dun convenio para a Internacionalización do Sector Audiovisual Galego que afecta a órganos directivos do seu departamento (Consorcio Audiovisual de Galicia- CAG- e IGAPE, respectivamente). Será a través do Consorcio, función inherente á súa propia natureza, e implicará un cambio de modelo con respecto ao que se estaba a facer. Anxo Quintanilla, director-xerente do CAG, apuntou que se trata dunha “maior coordinación que supón que a aquelas citas que non vaia o Consorcio irá o Clúster e viceversa”. En total, este convenio destina a este fin 350.000 euros para os vindeiros dous anos..
Amplía a nova>>
08/02/2012
A terceira edición do Mufest chega a Compostela
Un ano máis o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle o Mufest, festival de cine feito por mulleres que organiza a revista
Andaina. A iniciativa programa desta volta trece filmes e contará coa presenza de directoras como a inglesa Deborah Haywood ou María Victoria Martins, que abordará desde unha perspectiva feminina a pegada do franquismo no noso país. Tamén haberá unha charla sobre a directoras portuguesas a cargo de Ana Caterina Pereira. No feche do evento, o día 25, entregaranse os premios do festival, que serán de mil euros para as categorías de Ficción, Documental e Animación. Tamén haberá unha Mención Especial para a Mellor Obra Orixinal en Galego..
Amplía a nova>>
07/02/2012
Ponse en marcha a IX edición de Mundos Dixitais
É unha das citas de referencia no campo da animación, efectos especiais, videoxogos e arquitectura dixital. A IX edición de Mundos Dixitais xa está en marcha coa apertura (ata o 25 de maio) do prazo de presentación de solicitudes para a súa sección oficial nas catro categorías a concurso: mellor curtametraxe de animación, mellor curtametraxe de animación nacional, premio especial do público e premio especial do xurado. De momento, o web oficial do certame non achega máis información sobre o programa (desde as conferencias ata as xornadas profesionais para recrutar persoal) ou os patrocinadores deste encontro que se desenvolverá entre o 4 e o 7 de xullo na Coruña. A única pista sobre a temática desta edición, figura no Facebook corporativo que asegura será “unha edición aterradora”. .
Amplía a nova>>
07/02/2012
Luís Tosar gaña o premio Gaudí polo seu traballo en Mentres durmes
Mentres durmes, de Jaume Balagueró foi a gran trunfadora dos Premios do Audiovisual catalán, os Gaudí. Un filme no que o galego Luís Tosar (Lugo, 1971) foi galardoado pola interpretación dun porteiro dunha finca residencial obsesivo e paranoico. O actor lucense tamén é finalista aos Goya pola súa interpretación neste filme que onte recibiu seis galardóns, entre eles mellor película en lingua non catalá, mellor guión e mellor director. O premio á mellor película en lingua catalá foi para Eva, filme que contaba con 16 candidaturas. Este filme tamén foi premiado pola actuación de Lluís Homar, como actor secundario. Os IV Premios Gaudí son galardóns que concede a Academia do Cinema Catalán..
Amplía a nova>>